domingo, 15 de octubre de 2017

Viaxan as Mochilas!

A comezos de outubro, como cada curso, comezan as Mochilas a súa visita ás casas de todos os nenos e nenas do cole.



Os primeiros afortunados baixaron á biblio e Güino lles fixo entrega das mesmas coa axuda das mestras do Equipo da Biblioteca.



O Equipo da Biblioteca, ademais de entregarllas, escolleu os volumes máis variados, novos e axeitados para cada idade: Libros - CD, poesía, produción propia, información,...E un caderno en branco para que enchan cos seus debuxos, opinións e suxestións das familias.




mochila viaxeira permite á biblioteca escolar o contacto coas familias nunha actividade que pretende a súa colaboración na formación dos lectores e lectoras máis novos. 


Grazas a tod@s!





No hay comentarios: