miércoles, 2 de octubre de 2019

Lendo en familia coas "Mochilas Viaxeiras".

A "Mochila Viaxeira" permite á biblioteca escolar o contacto coas familias nunha actividade que pretende a súa colaboración na formación dos lectores e lectoras máis novos.

Nenas e nenos son os embaixadores da biblioteca nas súas casas e comparten cos seus, grandes e pequenos, os libros, as revistas, a música cos que a mochila vai cargada.


O equipo do "Xardín do Pasatempo" escolleu os libros máis novidosos, aqueles que coidamos poden mellor acompañar o lecer das familias que len xuntas. Libros con música, de produción propia, de realidade aumentada, da temática do PDI... Libros en galego, mais tamén en castelán, francés e inglés.


Recordade que cada mochila contén información para as familias, normas, contidos e un CADERNO VIAXEIRO no que o alumnado poderá debuxar, facer comentarios ...
Por último, as familias tamén poderán realizar os comentarios e suxestións que consideren oportunas nun apartado dentro do caderno. 
Lembrade, unha folla do caderno por nena ou neno.

Onte, 1º de outubro, un neno ou nena de cada aula de Primaria baixou á biblioteca onde Güino pola mochila da súa clase.






Hoxe foi o Equipo dos Axudantes de Güino o que achegou as "Mochilas Viaxeiras" ás aulas de E. Infantil.

 



Recordade que cada mochila contén información para as familias, normas, contidos e un CADERNO VIAXEIRO no que o alumnado poderá debuxar, facer comentarios ...
Por último, as familias tamén poderán realizar os comentarios e suxestións que consideren oportunas nun apartado dentro do caderno. 
Lembrade, unha folla do caderno por nena ou neno.

Que gocedes da viaxe!!!

lunes, 23 de septiembre de 2019

GÜINO xa ten novos axudantes!

Hoxe á mañá e logo de días de reflexión ante unha nova responsabilidade formáronse os equipos de axudantes de Güino. Nove ou 10 nenos e nenas de 5º de Primaria que cada día van dedicar 10 minutos do seu tempo a traballar en grupo para que:

  •  O "Xardín do Pasatempo" estea ordenado
  •  Para levar as mensaxes do garda da nosa biblioteca
  •  Para representalo sempre que sexa necesario, etc.


Co obxectivo de involucrar ao alumnado na colaboración, na organización e xestión da biblioteca escolar e despois de explicarlles en que vai consistir o seu traballo, acceden con ilusión e entusiasmo a esta actividade colaborativa tan necesaria para a biblioteca pero desenvolvida dun xeito case lúdico.
Ollade os novos equipos!






Os usuarios e usuarias ademais de agradecerlle o seu traballo temos que facilitrallo deixando as devolución na súa caixa correspodente cando devolvamos os préstamos e procurando deixar sempre a biblioteca polo menos tan ben como a atopamos ao chegar.
Entre todos e todas conseguirémolo!

Abrimos o 1º de outubro! Feliz curso!

Estamos de volta!

Aínda que a biblioteca non abre as súas portas ata o 1º de outubro xa está chea de actividades previas ao seu funcionamento normal de préstamos, recreos, presentacións... Estamos cos preparativos, recibindo novos libros, deseñando as vindeiras actuacións e a formando o equipo de "Axudantes de Güino". 
Comezamos o curso cuns regalos moi especiais:

  •  O EDLG agasallounos con varios exemplares da revista escolar "Abrente" que saiu do prelo a remates do curso pasado, xa a tedes no revisteiro! 

Preme e infórmate no blog da "Casqueira" (EDLG)


  • Achegou tamén catro volumes que recompilan os "Calendarios de Peto" deste ano. Aqueles que fixestes a remate de 2019. Cantos e que variados! Vai ser ben chulo buscar o voso!





  •  Pero o gran labor en canto a recompilación son dous tomos que recollen as revistas escolares dende 1982 ata 2018, un "Abrente" por curso que elaboraron por mor das Letras Galegas nenos e nenas do noso colexio. Estes tomos permítenos ver o máis significativo do traballo de cada curso, a actualidade de cada ano, as inquedanzas de nenas e nenos que hoxe xa son adultos. Permítenos, en fin, mergullarnos na historia do "Couceiro Freijomil". Estas revistas  que tiñan  dous formatos diferentes,con encadernación independente, que non resultaban moi manexables e corrían o risco de estragarse ou perderse grazas ao EDLG estarán agora ben encadernadas e a disposición de toda a Comunidade Educativa nos andeis da nosa biblioteca!


Premede para máis información!





Moitas grazas ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega! Bo traballo!

jueves, 20 de junio de 2019

Fin de curso!

Xa chega o verán e mañá rematan as clases. Hoxe tivemos un acto de valoración e agradecemneto da participación nas actividades da biblioteca.
Entregamos diplomas e pequenos agasallos aos "Axudantes de Güino", á participación nos "Clubs de Lectura" e ao neno e á nena "Máis Lector e Lectora".
Tamén presentamos as "Recomendcóns Lectoras " que realizaron en formato de" Booktraile" a rapazada dos clubs de lectura de 6º.






Grazas a tod@s!!






Ademais como fin do PDI "Bo Proveito" temos a exposición dunha seleccións de materiais elaborados en todas as aulas e por todos os equipos do centro, aberta a toda a Comunidade educativa.
Dende E. Infantil ata 6º curso, dende a Biblioteca a EDLG, D. de Orientación, Aulas Bilingües,...
Todos e todas traballamos mán con man ao longo deste 2019/18













Parabéns. Feliz verán!

sábado, 15 de junio de 2019

Para ler no verán!

Recomendación para cada idade e para ler toda a familia.




Premede nas imaxes e teredes información de cada libro. Ademais achegaremos un tríptico á casa para poder mercalos nas librarías da vila  ou collelo na biblioteca municipal .

Feliz verán!

Para os máis pequenos da casa:








Suxestións para "Primeiros Lectores"






Para Lectores Autónomos...





E para Lectores expertos recomendamos:

                                                     




             
Para ler en familia:





















lunes, 10 de junio de 2019

Xa falta menos!

Achégase o fin de curso e o Couceiro e un fervedoiro de actividade:

  • Vimos de ver a fabulosa posta en escea da Compañía de Ópera  "Purpurina" da súa 1ª representación Que non sexa a derradeira!.                                                                                  O alumnado de 6º de E. I. tivo un curso ben intenso que lle deu para formar unha compañía con todas os oficios que esta implica, escribir e representar a súa 1º ópera ¨"Coidar todo". A pasada semana, expuxeron as tarefas realizadas ao longo do curso e tiveron sesión dobre, para os compañeiros de Infantil e Primaria e para  as familias.  Parabéns a todo o alumnado e profesorado implicado en tan formidable tarefa!







  • O alumnado de  Lingua Estranxeira, Francés, envíanos unha das tarefas realizadas dentro do PDI "Bo Proveito", comezaro o curso co "Receitario de Outono" facendo "Gáteau à la crèma de marrons" ( Torta de Castañas) e rematan tamén cociñando "Tarta Tatín". Ollade que boa pinta!






  • En  1º e 2º de Primaria xa ten o produto final do seu traballo dentro do PDI "Bo Proveito" preparado para expoñer a vindeira semana a toda a Comunidade Educativa. A partires do martes estarán os traballos máis representativos de todo o cole na entrada do cole para así todos e todas enterarnos de como se desenvolveu o proxecto en cada aula. O 19 é a xornada de portas abertas do PDI "Bo Proveito" para as familias.



















  • Hoxe á mañá na Hora de Ler comezamos apreparación dunha das últimas e máis festivas datas cara fin de curso: O "Concurso de Castelos de Area". A semana que vén nenos e nenas dende 4º de E.I. ata 6º de Primaria visitarán o Areal da Madalena en Cabanas para, logo de unha sesión de xogos populares no piñeiral, facer castelos en grupo (16 compoñentes por grupo, de todas as idades dende 4 ata 12 anos). Pero hoxe a quedada foi para acordar as ferramentas e deseños que van realizar o luns ou xoves da semana seguinte, dependendo da climatoloxía. Aquí vedes algúns  grupos planificando!