Un ano máis chega o Nadal, unha época de ledicia, de festas, lecer... e desexos!
Sabemos que estaredes escribindo as cartas aos Reis Magos, a Papá Noel ou ao Apalpador, e para que poidades incluir nelas algúns libros e contos, o equipo de "BiblioCouceiro" preparamos unhas recomendacións que cremos que vos gustarán moito!
Podedes coller un tríptico aos pés de Güino!
Durante estes días estarán expostas estas recomendacións na biblioteca para que poidades botarlles unha ollada.
Aquí tedes o tríptico para ver todos os libros dende casa, mirádeo polas dúas caras!
.
PREME!
Agora si facedes click en cada libro coñecer máis datos dos mesmos, características, editorial, argumento...
O Club das Letras, desenvolto en todas as aulas do centro a proposta da biblioteca, está rematando a súa andaina do 1º trimestre, dinamizado polo profesorado pertencente ó equipo do "Xardín de Pasatempo" en colaboración cos diferentes titores e titoras.
Xa asoman polos corredores os distintos produtos finais, logo da lectura dos diferentes libros propostos pola biblioteca, coa temática do PDI deste curso e o aproveitamento e divulgación dos novos fondos de inclusión.
Premendo na imaxe poderedes ver esta actividade nas aulas de E. I.
Este ano o tema do Día Internacional das Persoas con Discapacidade é "Participación e o liderado das persoas con discapacidade". Céntrase no empoderamento das persoas con discapacidade para un desenvolvemento inclusivo, equitativo e sustentable e considera a discapacidade como unha cuestión transversal na implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
Nos Obxectivos faise referencia á discapacidade, especificamente nas partes relacionadas coa educación, o crecemento económico e o emprego, a desigualdade e a accesibilidade dos asentamentos humanos.
No noso centro apostamos pola inclusión e o respecto ás diferenzas e realizáronse diferentes actividades nestas datas nas aulas, murais, proxeccións, visitas , etc.
Traballando de xeito interdisciplinar dentro do PDI deste curso: "No Couceiro pola Igualdade" realizamos diversas actuacións que tiveron como obxectivo coñecer, respectar e valorar as realidades das persoas con discapacidade, a súa vontade de integración, de superación, así como as dificultades que atopan na nosa sociedade.
Actividade 5º e 6º, preme para saber máis.
Mural 5º E.I., preme e visita a actividade de 1º de EP
O acto central para todo o cole deixámolo para o 5 de decembro, xa que foi o día en que poideron acompañarnos os mozos e mozas de ASPACE.
Preme e infórmate sobre ASPACE.
Primeiro estiveron co alumnado de 3º a 6º de Primaria e explicáronnos moitas cousas comezando por achegarnos ao concepto de parálise cerebral, logo visitaron aos máis novos e novas do colexio:
A parálise cerebral é unha discapacidade producida por unha lesión no cerebro sobrevinda durante a xestación, o parto ou durante os primeiros anos de vida do neno. Xeralmente conleva unha discapacidade física en maior ou menor grao, pero tamén pode ir acompañada dunha discapacidade sensorial e/ou intelectual.
Amosaron tamén diferentes maneiras de comunicarse, falándonos, lendo, comunicándose co ordenador, con carteis,...
Expresáronnos os seus gustos, como lles gusta ser tratados e como non lles gusta, as súas inquedanzas e os seus desexos:
Foi unha xornada ben interesante que fixo que o noso alumnado coñecera e valorara a capacidade de superación destes 5 mozos e mozas que, de xeito alegre e positivo, tan ben nos transmitiron a súa realidade.
Hoxe visitounos Fernando tato e o alumnado de 5º e 6º de Primaria viu na súa compaña a súa última curtametraxe "El jefe" que nos fala da igualdade no empreo e dos teitos de cristal.
Fernando Tato é un actor, director, ilustrador e músico galego que protagonizou a serie diaria de TVG "O Faro" durante máis de dous anos, emitido tamén en TV3 e outras comunidades con gran éxito de audiencia. Anteriormente participou noutras series da TVG como "Libro de familia" ou "Matalobos" e recentemente protagonizou a miniserie "Hotel Almirante" dirixida por Antonio Cuadri.
É licenciado en Arte Dramático pola Esad de Galicia e en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, posteriormente formouse durante catro anos no estudo de Lorena García de las Bayonas en Madrid.
Para máis información premede na imaxe!
Logo do pase puideron facerlle preguntas sobre aquelas dúbidas e curiosidades que tiñan sobre o mundo do cine e sobre as diferentes facetas do seu labor profesional.
Foi unha proxección que nos fixo cuestionar sobre a igualdade no traballo, o esforzo para conquerir logros laborais, a importancia das tarefas compartidas no fogar, da responsabilidade paterna e materna, etc
Moitas grazas por compartir o teu tempo con nós, Fernando! E grazas tamén a Cristina a nai dunha alumna de 6º, sen a súa colaboración coa nosa escola esta actividade non sería piosible.
Aquí vos deixamos a "curta" e outras mostras da creatividade de Fernando Tato.
Trátase dunha violencia que afecta ás mulleres polo mesmo
feito de selo.Constitúe un atentado contra a integridade, a dignidade e a
liberdade das mulleres, independentemente do ámbito no que se produza.
Desde as bibliotecas escolares apóiase a conmemoración deste día no que os actos han ser coherentes coa finalidade: desterrar o machismo da nosa sociedade, a través da educación e a "tolerancia 0" coas actitudes e manifestacións que o expresan e o alimentan.
Este ano quixemos celebrar a igualdade, a liberdade, a tolerancia, o amor, o respecto e a vida a través da música co tema "Vivir" de Rozalén e Estopa.
Aquí tedes o vídeo para practicar!
E coa axuda de Cristina, a profe de Música, bailaremos todas e todos con esta coreografía orixinal do CEIP Caparrós.
Ademais entre todas as clases, dende os nenos e nenas de tres anos ata o alumnado de 6º, realizaremos unha decoración chea de simbolismo a proposta de Illa Fantasía, o proxecto de Animación á Lectura no que está a participar E. Infantil e E. Primaria de 1º a 4º:
Estamos a realizar obxectos violetas reciclando e empregando materiais naturais, onde escribimos palabras contra a violencia machista.
Construiremos con estes obxectos un gran cabo que una Isótita (Un territorio onde o respecto, a liberdade e o amor por tódalas persoas e seres vivos é a lei máis preciada. Unha sociedade que convive en paz e en igualdade) coa nosa escola.
Ademais nas aulas estase a facer poesía, contos, murais...preparando todo cara o luns e na procura de desterrar o machismo da nosa sociedade.
Ollade nestas montaxes audiovisuais parte das actuacións desta data:
Dentro do PDI "No Couceiro Pola Igualdade" o alumnado de 6º vai pescudar sobre o papel da muller no Islam (6º A) e no Budismo (6º B).
Hoxe realizaron un primeiro acercamento da man de Xosé Antonio Lozano García, licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela que ampliou a súa formación en Portugal, posúe o Premio de Narracións Breves Manuel Murguía (Arteixo) e na actualidade é profesor no IES "Fraga do Eume" .
Xosé Antonio, introduciu á rapazada dos sextos na visión do mundo exposta por Mahoma no século VII, amosándolles como no Corán incluía melloras para a muller de aqueles tempos, facéndolles ver como na segunda metade do século pasado as mulleres islámicas tiñan unha integración social no mundo cultural, laboral e académico superior á situación actual, froito de fundamentalismos relixiosos que someten a todo o pobo pero máis ás mulleres.
Tamén deu unhas pinceladas sobre o Budismo, a filosofía de Buda, o positivismo das súas ideas, a diferencia ao non ser unha relixión con un Deus e a situación da muller nos países budistas.
Preme para ter máis información.
Dámoslle as grazas a Xosé Antonio pola interesante charla desta mañá e ao alumnado pola súa actitude de escoita activa.
Bo punto de partida para o noso proxecto!!! Noraboa a todas e todos!
A celebración dos magostos é unha das máis antigas tradición galegas. Esta festa coincide coa época da recollida da castaña polo que, entre outros aspectos, ten un carácter de agradecemento da colleita recibida. Pero o magosto tamén ten un simbolismo de festa dedicada aos nosos defuntos, non por nada a súa celebración coincide co mes de Santos.
Polo San Martiño, no mes de outubro, as castañas xa maduras empezan a abrilos ourizos e a caer ao chan. A estas primeiras castañas en caer chámanlle nalgunhas zonas do interior “as do engazo”, xa que son recollidas co engazo ou angazo. Comeza entón a época dos magostos en Galicia. Esta celebración, cínguese normalmente ás datas comprendidas entre o 1 de novembro, Día de Tódolos Santos, e o 11 de novembro, festividade de San Martiño, aínda que tamén se poden celebrar nos días anteriores ou posteriores a estas datas, ou mesmo, dende mediados de outubro ata mediados de novembro.
A etimoloxía da palabra magosto non está clara. Para algúns lingüistas esta denominación viría do latino Magnus-ostus, Magnus Ustus ou Magum Ustum co significado de grande lume, grande queima ou montón queimado, significados todos eles que fan referencia ao significado do lume nesta celebración.
Respecto á orixe desta atiquísima festa, tampouco se sabe a ciencia certa de onde ven, pero parece innegable que existen conexións con outras festas do lume, xa sexan as fogueiras que se facían en Galicia na Noiteboa e no Nadal, ou as celebradas nos días de San Silvestre e de San Xoán.
No magosto conflúen tres elementos principais: as castañas, o viño e o lume. As veces estas festas acompáñanse doutro tipo de viandas da terra como os chourizos e o pan. Son moitas as crenzas tecidas arredor dos magostos, pois hai quen cre que cada castaña que estoura no lume supón a liberación dunha alma encerrada no purgatorio. En canto ao seu aspecto simbólico, a castaña podería simbolizala inmortalidade, ao ser un froito que provén dunha árbore de longa vida.
Agora preme na imaxe e poderás ler moito máis sobre as castañas, as súas variedades, os seus nomes, como se chama o verme da castaña, etc.
Entra para saber máis!
Interesante, non?
Ao tempo do magosto na nosa escola adoitamos festexar o Día do Peón. A rapazada maís vella do cole pescudou no vocabulario propio deste xoguete e fixo un mural ben chulo. Ollade!
Logo as nenas e nenos de 6ºA utilizando parte do vocabulario do peón fixeron en grupo os diálogos que podedes ver neste vídeo.
Proba agora a xogar ao pasapalabra do peón!
Xogamos?
Este ano o Día de San Martiño celebramos o Magosto e mais o Día do Peón. Mágoa que o tempo non permitira que o fixeramos fóra, nos patios, polo que as familias non poideron acompañarnos. Aínda así bailamos, comemos castañas, xogamos á buxaina...Que ben o pasamos! Non?
Encrucillado temático para traballar o vocabulario base.
Propostas de título.
Referendum para escoller o nome do PDI .
Escollimos:"No Couceiro pola igualdade"
Documentación inicial que se irá completando atendendo ás necesidades de cada grupo.
Hoxe o Equipo da Biblioteca expuxo libros informativos para todas as idades (Galego e Castelán) e narrativa en galego, castelán e inglés tamén para os diferentes niveis e intereses.
Xa podedes visitar a exposición e achegar os libros informativos como préstamo aula e os de narrativa ás aulas e tamén como préstamo individual para ler nas casas. Todos eles devolveranse á exposición que ademais irase enriquecendos con máis fondos que xa tiñamos no "Xardín do Pasatempo" ou novas adquisicións.