miércoles, 11 de octubre de 2017

DOCUMENTAMOS o proxecto deste curso "ALÉN DO MAR".


Xa tod@s sabedes que este ano estamos a investigar sobre o mar, o noso veciño, o noso amigo para o verán  ou para ir todo o ano na pirauga e, o que da de comer a moitas das nosas familias.

Güino tennos preparada unha sorpresa para o vindeiro martes sobre "Alén do mar".



Hoxe  déixanos unha chea de enderezos para poder informarnos, programar visitas ou xogar en actividades interactivas ao longo de todo o curso.

Aquí tendes a DOCUMENTACIÓN do noso Proxecto Documental Integrado (P.D.I.).

Premede nas ligazóns!!


Alén do mar:

PÁXINAS DE INTERESE

Páxina da Consellería:


2.      Documento para coñecer artes e aparellos de pesca
3.      Presentación moi completa sobre artes de pesca e marisqueo e tipos de embarcacións

 
4.      Presentación de vocabulario de peixes galegos e profesións, lugares… sinxela feita en E. I.


5.      Embarcacións tradicionais en Galicia


6.      Unidade didáctica embarcacións tradicionais galegas.


7.      Lugrís o pintor do mar


8.      Calendario feito na escola con obras sobre o mar de Luís Seoane


PARA ORGANIZAR SAÍDAS. CONTACTOS:

9.      Mercado de Pontedeume:


10.  Confraría:


11.  Piragüismo:



12.  Museo Construción Naval


13.  Museo Historia Natural de Ferrol


14.  Arsenal Ferrol.


15.  Estación Bioloxía mariña da Graña.
            http://www.usc.es/gl/servizos/ebmg/



16.  Porto da Coruña


17.  Ondas de Ilusións


18.  Portomuíños


ACTIVIDADES ABALAR

19.  Un mar de sensacións
Proxecto para traballar as sensacións relacionadas co mar na área de educación musical.



20.  .Muros mira ao mar.
Proxecto para traballar o mar e a relación coa vila de Muros. É extrapolable a outras realidades.



21.  O sabor da aventura está no mar(1º,2º e 3º ciclo)
UD para traballar a importancia do peixe e o marisco na dieta, en relación coas súas achegas nutritivas, e fomentar o seu consumo. Ademais, afondarán no coñecemento das especies e o papel das persoas consumidoras á hora de preservar os recursos do mar e na posta en valor das profesións do mar.





22.  Os produtos do mar
Guía para incluír o peixe fresco e marisco galegos nas nosas mesas. Aquí
explícanse moitas vantaxes de consumir os produtos do noso


23.   Artes de pesca artesanal e marisqueo de Galicia.
Colección didáctica de artes e aparellos de pesca artesanal e marisqueo de Galicia.


24.  As costas de Galicia.


25.  A paisaxe de costa.


26.  Os peixes



27.  As algas


28.  O marisco galego









viernes, 6 de octubre de 2017

VOLUNTARIADO PARA O MANTEMENTO DA BIBLIOTECA


O equipo de mantemento da biblioteca é o alumnado de quinto de Primaria.







Co obxectivo de involucrar ao alumnado na colaboración, na organización e xestión da biblioteca escolar e despois de explicarlles en que vai consistir o seu traballo, acceden con ilusión e entusiasmo a esta actividade colaborativa tan necesaria para a biblioteca pero desenvolvida dun xeito case lúdico.










De xeito voluntario e por quendas todos os días despois do recreo axudan ao bo funcionamento da biblioteca: Devolvendo aos andeis os préstamos, colocando os tellos nas novidades, revisando os materiais complementarios, recibindo aos pequenos e presentando os actos extraordinarios,...







A realización desta actividade colaborativa por parte do alumnado valórase moi positivamente en relación cos valores de solidariedade e compromiso e á adquisición das competencias básicas. O traballo realizado é recoñecido por todos os membros da comunidade educativa, sobre todo por parte dos seus compañeiros. A utilización dunha indumentaria identificativa facilita as súas actuacións e o seu traballo de axuda e colaboración.



Ollade que xa comezaron a traballar!!! Facilitemos e agradezamos tod@s a súa tarefa!!!

ILLA FANTASÍA, A ESCOLA DO UNICORNIO

A mestra de Sada e coordinadora do Proxecto Illa da Fantasía, Esperanza Arias, estivo o pasado 3 de outubro có profesorado do noso cole presentándonos...







“Illa Fantasía: A Escola do Unicornio”

 É un proxecto de animación á lectoescritura cuxo obxectivo principal é mellorar a competencia en comunicación  LINGÜÍSTICA do alumnado a través do fomento da imaxinación, a fantasía e o  pensamento creativo.

Desde a concepción dunha  escola na  rúa, unha escola que vai máis aló dun edificio, unha escola onde todo o mundo ten o seu lugar  :”A Escola do Unicornio”




Este curso, ademais das actividades que vén promovendo tanto a nosa Biblioteca, "Xardín do Pasatempo" como a Biblioteca Municipal "Ramiro Fonte", o alumnado dende 1º a 4º de Primaria participará neste proxecto, mentres o alumnado de E.I. continuará coas sesións de animación de kalandraka e os maiores coa "Voz na Escola" e un novo programa de "Animación á Lectura Dixital"

Boa andaina a tod@s!!!

jueves, 28 de septiembre de 2017

PINOCHO EN PONTEDEUME

 A marioneta de madeira máis famosa chegou á nosa vila. 

Todos nós xa sabiamos dela, pois Güino ten varios libros coas súas aventuras.




 Pero agora xa a coñecemos moito máis, xa que o conto  de Carlo Collodi, PINOCHO, protagonizou a exposición da Casa da Cultura.






 Esta escheuse de maxia e teatro, de decorados e monicreques. O alumnado de cole que tivo a sorte de visitar a exposición, voltou á escola entusiasmado.





Viron o conto, coa axuda de Catarina Capim  que con esta exposición «interactiva» e «sensorial» pretende achegar aos nenos e nenas ás  ensinanzas da famosa fábula escrita polo italiano Carlo Collodi a finais do século XIX.





 A través de figuras de papel e cartón, interactuando con elas nas diferentes partes da historia; dende que Pinocho era un pedazo de madeira ata que se convertiu en neno. Pasando pola cidade, O País dos xoguetes, o circo, e coñecendo personaxes coma o Grilo ou a Fada Azul poideron apreciar como evolucionou, como medrou Pinocho ante os desafíos que se lle ían presentando.

Noraboa á organización!

Ollade o ben que se portaron e o moito que gozaron da obra desta escultora do papel que é Catalina Capim..




lunes, 18 de septiembre de 2017

Presentación do Proxecto do Mar:

Benvidos a unha nova aventura!

Dende a Biblioteca este curso convidámosvos a aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións.

A meirande parte das investigacións deste curso navegarán polo mar, o noso veciño.
Falaremos de peixes, barcos, cantiles, faros,cantigas, festas... 
Xa sabedes que o noso PDI é "O MAR". Agora, que é o que vai centrar o traballo da vosa clase?

Ollade que montaxe nos deixou Gúino para que escollamos o que máis nos interesa.

Soltade amarras! Zarpamos!


domingo, 10 de septiembre de 2017

Comezamos!

Benvid@s ao novo curso! 


Xa está a piques de rematar o verán; mais este ano non imos deixar de visitar a praia, pois este curso  mergullarémonos nun mar de aventuras!

Que andará tramando Güino?

Mentres o descobremos, invitámosvos a ollar na  biblio  os andeis de novidades coas últimas adquisicións.




As vacacións de verán rematan na nosa vila coas "Festas das Peras" e temos unha nova literaria que sucedeu nestas festas:
O 9 de setembro, o Concello relizou varios actos en honra do poeta eumés Ramiro Fonte, autor entre outros do libro de poesía que da nome á nosa biblioteca "Xardín do Pasatempo".

A Biblioteca Municipal levará o seu nome, reeditouse o seu primeiro libro"As cidades da nada" e como remate houbo  un recital onde lembraron a súa figura e a súa obra .

No Recital Ramiro Fonte representaron ao noso colexio os alumnos de primaria gañadores do IX Certame Couceiro Freijomil:  Matías Rodríguez Bellón, Candela Fernández Frenández e Celia Montero Carrera recitando  as súas poesías.

Noraboa para eles! Ollade o ben que o fixeron.


jueves, 15 de junio de 2017

Para ler no verán.

Xa veñen as vacación  e, como sempre, Güino escolleu para nós libros para que nos acompañarán este verán. Pasade pola biblioteca para botarlles un ollo.

Hai libros de aventuras, con puzles, de realidade aumentada, ecoloxistas, de misterio ...Unha manchea de historias que farán do noso lecer un tempo cheo de imaxinación e mundos novos.







Collede un tríptico con todalas recomendacións. Tamén para pais e nais!

No noso moble de exposicións están tamén exemplares froito da produción propia do cole este curso. Están os "Contos en Familia" e  "Contadeiros", elaborados a proposta de Dinamización Lingüística en colaboración coas familias de Primaria; e o Xornal Escolar "Abrente" que este curso recolle parte dos traballos elaborados dentro do Proxecto D.I."As Fragas do Eume".






Esperamos que vos gusten!
Feliz verán!

miércoles, 7 de junio de 2017

Exposición materiais do Proxecto "As Fragas do Eume"

Xa estamos ben preto do fin de curso e a entrada do noso cole encheuse con gran parte dos materiais do proxecto que centrou este semestre.
Cada curso aportou os produtos táctiles da súa investigación e colgou no blog os materiais dixitais para que se podan ver tamén na pantalla da entrada.
Do 6 ao 23 de xuño a exposición está aberta a toda a comunidade. Hai xogos , maquetas, murais, libros , álbumes, mapas a escala con códigos QR,..
Agradecemos ás familias, coma sempre, o seu interese e a súa colaboración, aos traballadores do  Parque Natural pola súa acollida e acompañamento na investigación dos diferentes grupos, a Secundino, o mestre da Capela por amosarnos os Muíños do Sesín e o Museo Etnográfico e á Biblioteca Municipal que cedeu parte dos volumes incluídos na documentación inicial deste proxecto.






PDI 3º e 4º: ANIMAIS DAS FRAGAS DO EUME

Despois de todo o traballo feito para desenvolver o proxecto 
"PDI As Fragas do Eume" sobre a fauna nas fragas,  coa visita
ao parque,   recollida de información,  investigación
 bibliográfica e nas páxinas web e selección de materiais.. xa podemos
por fin  escomezar a albiscar  o resultado final do traballo.


viernes, 2 de junio de 2017

Álbum Bilingüe das Fragas do Eume

Dende o 27 de marzo o alumnado do noso centro estivo a participar nunha nova edición do álbum bilingüe que este ano ten como temática As Fragas do Eume, xa que no noso centro este curso estamos a desenvolver un proxecto sobre elas.
A elaboración do álbum ten como obxectivo fundamental fomentar o uso da lingua galega e inglesa no noso centro.


En Educación Infantil elabórase un único album xigante entre todo o alumnado da etapa coa axuda da mestra especialista en inglés mentres que en primaria cada clase se divide en varios equipos, cada un co seu álbum. Para poder completar o álbum van pegando os cromos que lles van dando os mestres e escreben a palabra que falta ben sexa en galego ou en inglés (para iso deben fixarse nas imaxes que están colgadas no corredor).


Esta actividade favorece o traballo en equipo. As vantaxes de traballar en equipo son moitas:

Favorece o traballo colaborativo.
Mellora a comunicación.
Axuda a motivarnos.
Complementa habilidades.
Ofrece oportunidades.
Xuntos somos máis creativos.

Hoxe, como remate da actividade, entregáronse os premios.