jueves, 1 de octubre de 2026

PDI 4º: UN ASTRONAURA ATERRA EN 4º... E CONTINUAN A VIAXE!

En 4º de Primaria tiveron unha visita moi especial: un pequeno astronauta proxector que, por uns minutos, transformou a aula nun auténtico recuncho do universo. 

Apagaron as luces, observaron as estrelas, deixámronse envolver polas cores e gozaron dun momento diferente, tranquilo e cheo de curiosidade. A experiencia gustoulles tanto que tamén quixeron compartila con outras aulas do centro.

Esta actividade, ademais de ser divertida e relaxante, serviu como pequena proposta motivadora para o PDI deste curso, Couceiro Star: unha escola entre estrelas. Porque antes de investigar, ler, preguntar, crear ou experimentar… tamén é importante sorprenderse.

E aí é onde a nosa biblioteca, Xardín do Pasatempo, ten un papel fundamental. 

A biblioteca é o eixe vertebrador do PDI, o lugar desde o que parten preguntas, lecturas, investigacións e propostas que van conectando as diferentes aulas do centro arredor dun mesmo tema. Este curso, o espazo e a astronomía convértense nunha magnífica escusa para buscar información, descubrir novos libros, formular hipóteses, crear historias e deixar voar a imaxinación.

O noso astronauta non os levou realmente ao espazo, pero conseguiu algo igual de importante: espertar as ganas de saber máis.

Por que brillan as estrelas? Que é unha nebulosa? Como sería vivir nunha estación espacial? Cantos planetas coñecemos? Seguro que moitas destas preguntas acabarán levándonos ata os andeis da biblioteca.

Así comezan ás veces as mellores aprendizaxes: cunha luz no teito, unha pregunta inesperada e moita curiosidade. 

Seguimos despegando desde o Xardín do Pasatempo!
Próxima parada: o universo.
Premede no enlace

miércoles, 30 de septiembre de 2026

PDI: 4 ANOS A . EDUCACIÓN INFANTIL

 Na clase de 4 anos A xa estamos inmersos/as no PDI deste curso! Logo de recibir unha carta de Güino, estamos dispostos/as a axudalo na súa misión. Aquí vos van unhas fotiños da nosa visita á exposición de libros relacionados co PDI que preparou o equipo de biblioteca e as primeiras actividades que estamos realizando.





 

PDI :1º B RUMBO O ESPAZO


A semana pasada os nenos e nenas de 1ºB recibimos unha nota moi especial… Güino solicitounos axuda para resolver o reto deste curso. Despois de ler a súa mensaxe, puxémonos mans á obra e fixemos unha choiva de ideas. Saíron propostas brillantes!

A nosa aventura non quedou aí. Tamén visitamos a exposición “Couceiro Star” coa que quedamos abraiados. Descubrimos un montón de libros fascinantes e xa estamos

desexando levar algúns deles á aula para poder mergullarnos nas súas historias e descubrir todos os seus segredos.

 






Esta semana continuamos a nosa misión coa actividade titulada: Como nos imaxinamos o espazo? Deixamos voar a nosa imaxinación e fixemos uns debuxos marabillosos. Mirade, mirade… porque somos auténticos e auténticas artistas

espaciais!  




 

 

 



E isto é só o comezo da nosa aventura… Que atoparemos na nosa próxima misión?

martes, 29 de septiembre de 2026

O XARDÍN DO PASATEMPO ABRE AS SÚAS PORTAS!!

 

A biblioteca " O Xardín do Pasatempo "abre as súas portas!


A partir do 1 de outubro, a biblioteca O Xardín do Pasatempo volverá encherse de historias, aventuras, personaxes e moitas ganas de ler.

Poderedes achegarvos á biblioteca durante a hora do patio, para descubrir libros, compartir lecturas, buscar información ou simplemente gozar dun momento tranquilo entre páxinas.

Ademais, animámosvos a visitar a biblioteca durante a hora de biblioteca e a aproveitar tamén o seu horario de tarde, de 16:00 a 18:00 horas. Haberá tempo para ler, aprender, imaxinar, investigar e deixar voar a creatividade.

A biblioteca é un espazo para encontrarnos, compartir e desfrutar xuntos.

Agardámosvos en O Xardín do Pasatempo!




Axudantes de Güino. Formación de usuarios 26/27

 Desde a biblioteca do centro continuamos a desenvolver actividades de formación de usuarios, co obxectivo de que todo o alumnado coñeza o funcionamento deste espazo, aprenda a utilizalo correctamente e participe activamente no seu coidado.

Nesta ocasión, o alumnado de 6.º de Educación Primaria converteuse en guía e ensinou ao alumnado de 5.º como se organizan e colocan os libros nos andeis da biblioteca. A través desta actividade, os nenos e nenas de 6.º explicaron aos seus compañeiros e compañeiras como localizar os exemplares, respectar a orde establecida e devolver cada libro ao seu lugar despois de consultalo ou lelo.

Ademais, reflexionamos sobre a importancia de manter a biblioteca ordenada, limpa e coidada, xa que é un espazo compartido por toda a comunidade educativa. Ter os libros ben colocados facilita a súa localización, permite aproveitar mellor os recursos dispoñibles e contribúe a crear un ambiente agradable para a lectura, o estudo e a convivencia.









Esta proposta tamén favoreceu a aprendizaxe entre iguais, a colaboración e o sentimento de responsabilidade cara á biblioteca. O alumnado de 6.º asumiu o papel de acompañante e transmisor dos seus coñecementos, mentres que o alumnado de 5.º participou con interese e aprendeu novas pautas para facer un uso responsable deste espazo.

Coidar a biblioteca é responsabilidade de todas e todos. Entre os principais compromisos que asumimos están:

  • Colocar os libros no seu lugar correspondente.
  • Tratar os exemplares con coidado.
  • Manter o espazo limpo e ordenado.
  • Respectar as quendas e os momentos de lectura.
  • Compartir os materiais e coidar os recursos comúns.
  • Axudar a que a biblioteca sexa un lugar agradable para toda a comunidade educativa.

A biblioteca é moito máis ca un lugar cheo de libros: é un espazo de encontro, aprendizaxe, participación e convivencia. Por iso, seguiremos traballando para que o alumnado se sinta parte activa da súa organización e do seu coidado.

PDI: 4º B. DESPEGAMOS 3,2,1..

 Este curso iniciamos unha nova aventura co noso PDI "Couceiro Star: unha escola entre estrelas", que nos levará a descubrir e investigar diferentes aspectos relacionados co espazo e a astronomía.

Para comezar, quixemos partir dos intereses e coñecementos do alumnado. Por iso realizamos unha pequena chuvia de ideas arredor de dúas preguntas: Que sabemos sobre o espazo? e Que queremos saber? Cada neno e nena escribiu ou debuxou as súas achegas e, entre todos, fomos construíndo os nosos paneis de aula.

Xurdiron ideas, curiosidades e preguntas moi interesantes que se converterán no noso punto de partida para investigar, experimentar e aprender ao longo do curso.

A nosa viaxe entre estrelas acaba de comezar!












lunes, 28 de septiembre de 2026

VISITA A EXPOSICIÓN COUCEIRO STAR DO ALUMNADO DE 6º A E 6º B . UNHA ESCOLA ENTRE ESTRELAS.

O alumnado de sexto visita a exposición Couceiro Star!!. Quedaron encantandos e encantadas con todas as novidades que atoparon; libros de Stem, libros de inglés , francés, música ... e sobre todo moitos libros de Non Ficción para investigar e adquirir coñecemento.





 

 

 

Grazas Güino por esta exposición !! 

VISITA DE 1ºA EXPOSICIÓN DE COUCEIRO STAR . UNHA ESCOLA ENTRE ESTRELAS.

 Boas de novo! As nenas e nenos de 1ºA seguimos a mergullarnos nas estrelas! O outro día estivemos a ver e analizar todos os recursos expostos no centro que imos empregar para as nosas investigacións e aprendizaxes. Xa pensamos en como utilizalos para un montón de actividades! Busca de información, creación de maquetas... quedamos abraiados e abraiadas co "Couceiro Star"!




Á volta da visita fixemos unha asemblea na que puxemos en común todas as ideas que nos xurdiron. Seguiremos informándovos de todas as novidades!"

LEMA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2026/2027. " DA INFORMACIÓN AO COÑECEMENTO!

 

O lema para as bibliotecas escolares durante o curso 2026/27 convídanos a facernos preguntas e a buscar respostas, a ser persoas curiosas que busquen e que indagen, que seleccionen e traballen coa información para crear e compartir coñecemento. Un camiño que comeza e remata na biblioteca escolar, na que conviven diferentes fontes e distintas estratexias de busca, na que atopamos recursos variados que nos permiten transformar a información en coñecemento, na que se integra a cultura impresa e a cultura dixital. Nestes tempos nos que a desinformación condiciona o noso rumbo a biblioteca escolar ten a obriga de visibilizar o seu papel na formación de persoas críticas e de ofrecer á súa comunidade programas estables e sistematizados de alfabetización informacional.



Na páxina das bibliotecas escolares hai un apartado dedicado a ALFIN/AMI que conta con moita información de interese pra informarse e inspirarse á hora de desenvolver actividades neste camiño da información ó coñecemento. Boa andaina!
 

viernes, 25 de septiembre de 2026

PDI- POLOS CREATIVOS-BIBLIOTECA CREATIVA-1º A DESPEGAMOS !!

 Os nenos e nenas de 1ºA xa están  inmersos e inmersas no reto que  enviou Güino. Estiveron facendo unha choiva de ideas de que poderiamos facer para cumprir a misión... e comezaron por mirar ao ceo e repasar os nomes dos planetas do Sistema Solar!


Ademais, tamén empregaron o pensamento computacional para resolver o reto do Astrobot , actividades relacionadas con Polos Creativos e a Biblioteca creativa. 

 Parabéns polo traballo!!  Moito ánimo a seguir.