O lema para as bibliotecas escolares durante o curso 2026/27 convídanos a facernos preguntas e a buscar respostas, a ser persoas curiosas que busquen e que indagen, que seleccionen e traballen coa información para crear e compartir coñecemento. Un camiño que comeza e remata na biblioteca escolar, na que conviven diferentes fontes e distintas estratexias de busca, na que atopamos recursos variados que nos permiten transformar a información en coñecemento, na que se integra a cultura impresa e a cultura dixital. Nestes tempos nos que a desinformación condiciona o noso rumbo a biblioteca escolar ten a obriga de visibilizar o seu papel na formación de persoas críticas e de ofrecer á súa comunidade programas estables e sistematizados de alfabetización informacional.
Na páxina das bibliotecas escolares hai un apartado dedicado a ALFIN/AMI que conta con moita información de interese pra informarse e inspirarse á hora de desenvolver actividades neste camiño da información ó coñecemento. Boa andaina!

No hay comentarios:
Publicar un comentario