lunes, 16 de diciembre de 2013

Güino recomenda este Nadal...

O primeiro trimestre está a piques de rematar, e dende Bibliocouceiro desexámosvos que pasedes unhas fantásticas vacacións.

Neste tempo de lecer de seguro atoparedes ratiños para estar en familia, xogar, descansar... e tamén para ler.

Así que, outro ano máis, elaboramos unha selección de lecturas para que podades gozar con elas.

Esperemos que vos gusten moito.

Se queredes máis información sobre os libros e contos podedes consultar as webs das distintas editoriais ou visitar a exposición que está na entrada do cole.

Bo Nadal e boas lecturas.

Vémonos no 2014!!!

martes, 10 de diciembre de 2013

Nelson Mandela



Hoxe, 10 de decembro, conmemórase en todo o mundo o DÍA  DOS DEREITOS HUMANOS

Este ano coincide esta data coa despedida, que se celebra en SUDÁFRICA, a NELSON MANDELA


O seu corazón apagouse pero o seu legado e eterno sorriso quedarán connosco para sempre.








Madiba, como se lle coñecía cariñosamente loitou toda a súa vida contra as diferenzas de clases e razas e, aínda que estivo preto de 30 anos no cárcere polas súas ideas, convertiuse  nun símbolo mundial da liberdade e da tolerancia.

Grazas ás bibliotecas do CEIP A MAÍA de Ames e a "Chispa" do CEIP DE PAZOS por compartir uns estupendos materiais.



martes, 26 de noviembre de 2013

Acuario



O pasado venres,22 de novembro, María Canosa presentou o seu poemario dramatizado  "ACUARIO"
Ao acto que tivo lugar na Casa da Cultura de Pontedeume,  asistiu o alumnado do PRIMEIRO CICLO do noso centro. 
Pasárono en grande cos diferentes persoeiros dos fondos mariños que foron desfilando polo escenario. Na representación participaron, a propia María Canosa e o grupo de teatro dos Ghazafellos.
Os peixes, como habitantes do mar; troitas,  sollas, polbos,robalizas, ...; tiveron o seu protagonismo.

Entre todas as especies hai un fío condutor, que é vivir no seu medio e interactuar cos elementos que se atopan de distinto xeito dende a area ata un barco pirata que hai afundido, ao mesmo tempo que tamén se van vendo as súas diferentes personalidades.
Parabéns  pola representación, a organización,... e a mensaxe!!!


miércoles, 6 de noviembre de 2013

Xa está aquí....Astérix e os Pictos!!!

Efectivamente, xa chegou aos andeis da nosa biblioteca unha nova aventura de ASTÉRIX...Despois de cincuenta e catro anos chega o tomo número 35 (décimo publicado en galego) e toman o relevo un novo escritor, Jean-Ives FERRI e un novo debuxante, Didier CONRAD que sustituen a  Albert UDERZO que traballou en solitario ata o álbum conmemorativo dos 50 anos desde o falecemento (1977) do guionista e escritor   René GOSCINNY.  Gozade coas aventuras de ASTÉRIX o heroe destas aventuras, con  OBÉLIX o seu inseparable amigo e de profesión repartidor de menhires...e, non está gordo, non...!!!



Os Pictos? Así é, os Pictos! Estes pobos da antiga Escocia, valentes guerreiros de varios clans, cuxo nome, adxudicado polos romanos, significa literalmente "os homes pintados".





martes, 5 de noviembre de 2013

Celebramos o Samaín 2013!!

Este ano, como xa ven sendo tradición, o noso cole encheuse de cabazas, morcegos, pantasmas... e demáis seres terroríficos para celebrar a festa do Samaín.

Dende Bibliocouceiro preparamos unha exposición de contos e libros de medo, de xeito que todos puidemos desfrutar durante uns días dunha selección de historias do máis terroríficas enchendo o corredor principal.


Pero non é a única literatura coa que gozamos nestes días, xa que dende o equipo de dinamización da lingua galega, celebrouse un concurso de "Mini-contos de medo".
Os grandes escritores do Couceiro deixaron a todos sorprendidos co seu talento a hora de por a pel de galiña!!
Animámosvos a visitar a exposición cos mellores relatos!!


domingo, 3 de noviembre de 2013

Un curso máis as mochilas volven viaxar


Aproveitando o DÍA DAS BIBLIOTECAS, as MOCHILAS VIAXEIRAS comezaron a viaxar  cara as casas do alumnado de INFANTIL  e PRIMARIA. 
Unha mochila para cada unha das aulas destes niveis e, dentro, moita ilusión e fantasía. Cheas  de libros, Cds, Dvds ... 
Cada mochila contén información para as familias, normas, contidos e un CADERNO VIAXEIRO no que o alumnado poderá debuxar, facer comentarios ...
Por último, as familias tamén poderán realizar os comentarios e suxestións que consideren oportunas nun apartado dentro do caderno. 
Lembrade, unha folla do caderno por nen@. 
As mochilas sairán do colexio os venres e retornarán os xoves. 

Ánimo e a disfrutar LENDO!!!

sábado, 2 de noviembre de 2013

Miguelanxo Prado

Hoxe traemos á nosa páxina a MIGUELANXO PRADO a quen acaban de concedérlle o PREMIO NACIONAL DE CÓMIC 2013. Miguelanxo (A Coruña 1958) gañou este prestixioso premio pola súa obra ARDALÉN. Foron tres anos de intenso traballo e o MINISTERIO DE CULTURA recoñece o labor,  deste ilustrador e autor de banda deseñada,  a través da memoria.



 "Somos o que recordamos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable, porque tamén somos o que os demais recordan de nós. Sabela intenta reconstruír unha historia, unha
parte da súa historia a través dos recordos de Fidel. Pero hai máis fíos que se van enguedellando nese proceso de recuperación. E nesas memorias, propias e alleas, hai amor e cariño, rancores e odios. Por iso recordar non é inocuo."


http://revistaoink.com/E esta fantástica noticia coincide co nacemento dunha nova revista de BANDA DESEÑADA. É OINK a revista do XABARÍN CLUB que xa tedes á vosa disposición no revisteiro da biblioteca. Nesta revista colaboran o propio MIGUELANXO PRADO, KIKO DA SILVA, JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO (que estivo no CLUB DE LECTURA o curso pasado co seu libro  MIL COUSAS PODEN PASAR) e moitísimos máis, o mellorciño da BANDA DESEÑADA galega. Parabéns a MIGUELANXO!!!


domingo, 27 de octubre de 2013

O Castañeiro de Abril

O pasado venres, 25 de outubro, tivo lugar a presentación do libro O CASTAÑEIRO DE ABRIL do escritor EUMÉS ANTONIO MANUEL FRAGA, PREMIO MERLÍN 2013
O acto que se celebrou na Casa da Cultura contou coa participación, ademais do escritor, de Antonio Seijas (ilustrador do libro), Gabriel Torrente (alcalde de Pontedeume) e de Manuel Bragado (director de Xerais).




   






O acto organizado polo CONCELLO DE PONTEDEUME, foi un acto entrañabe e coa sala chea de público que lle mostrou un merecido   cariño e admiración a este xoven escritor EUMÉS


Participou tamén o ilustrador Antonio Seijas que, pese á súa xuventunde, conta xa cun amplo camiño perecorrido no campo da ilustración e outras facetas artísticas.
Desde a nosa biblioteca sumános aos múltiples parabéns recibidos por Antonio e esperamos telos pronto, ambolosdous,  no noso "XARDÍN DO PASATEMPO.


martes, 15 de octubre de 2013

Antía, Wamba e o regato pequeno

O pasado venres, o escenario do Couceiro  encheuse de vida porque recibíu a visita da compañía "A tropa de trapo".

Esta actividade, organizada polo Concello, a puideron desfrutar os nenos do 2º ciclo de primaria de varios centros escolares:  Escola Hogar de San José, Ceip de Andrade, e por suposto, o Couceiro.


O conto principal do espectáculo foi "Antía, Wamba e o regato pequeno", que conta a historía de dúas persoaxes, Antía, unha rapaza galega e Wamba, un mozo do Congo, que entre contos e merendas fundiránse nunha gran amizade. 


Ademáis, os rapaces puideron desfrutar de dúas historias máis, amenizadas con música en directo que fixeron encantaron a todos os presentes.





Esperamos que todos desfrutárades do espectáculo e que poidamos contar con eles no centro noutras ocasións.

jueves, 3 de octubre de 2013

Premio Merlín 2013

Co comezo do curso non queremos,  nen podemos,  deixar escapar a boa nova do PREMIO MERLÍN deste ano. 

A nosa felicitación a un  gañador  moi especial para nós, pois trátase do escritor eumés   ANTONIO MANUEL FRAGA ALLEGUE e  a súa obra O CASTAÑEIRO DE ABRIL

Tamén deixar constancia da publicación por parte do novo selo editorial SUSHI BOOKS doutro libro de ANTONIO, o que leva por título XILDAS cuxo argumento trancurre nunha pequena vila cun río que desemboca no mar inspirada, como non, en PONTEDEUME e as vivencias da infancia do escritor en NOGUEIROSA.

Axiña poderemos ler as aventuras de Catuxa e a súa panda que atopan un trasno e ....

Este curso imos ler, comentar, compartir,... estes dous libros no CLUB DE LECTURA.
Agardamos verte axiña pola  nosa biblioteca. Parabéns, Antonio...!!!