Hoxe traemos á nosa páxina a MIGUELANXO PRADO a quen acaban de concedérlle o PREMIO NACIONAL DE CÓMIC 2013. Miguelanxo (A Coruña 1958) gañou este prestixioso premio pola súa obra ARDALÉN. Foron tres anos de intenso traballo e o MINISTERIO DE CULTURA recoñece o labor, deste ilustrador e autor de banda deseñada, a través da memoria._Ardalen.jpg)
"Somos o que recordamos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable, porque tamén somos o que os demais recordan de nós. Sabela intenta reconstruír unha historia, unha
parte da súa historia a través dos recordos de Fidel. Pero hai máis fíos que se van enguedellando nese proceso de recuperación. E nesas memorias, propias e alleas, hai amor e cariño, rancores e odios. Por iso recordar non é inocuo."

E esta fantástica noticia coincide co nacemento dunha nova revista de BANDA DESEÑADA. É OINK! a revista do XABARÍN CLUB que xa tedes á vosa disposición no revisteiro da biblioteca. Nesta revista colaboran o propio MIGUELANXO PRADO, KIKO DA SILVA, JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO (que estivo no CLUB DE LECTURA o curso pasado co seu libro MIL COUSAS PODEN PASAR) e moitísimos máis, o mellorciño da BANDA DESEÑADA galega. Parabéns a MIGUELANXO!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario