jueves, 16 de mayo de 2019

Letras Galegas

Hoxe foi o Festival das Letras Galegas en 1º lugar a rapazada de 6º achegounos  ao persoeiro ao que está adicado este ano o Día da Letras Galegas, Antonio Fraguas Fraguas.


Preme para máis información

2ª parte: XI Certame Poesía "Couceiro Freijomil":
Dende hai 11 anos neste día lense as poesías finalista do Certame de Poesía. CEIP “Couceiro Freijomil”convocado no Festival  do Teatro e da Poesía
Este curso todas as poesías fálannos das comidas, dende o almorzo ata a cea pasando pola parva do recreo; das froitas, do peixe, da carne e tamén das larpeiradas.
 Poesías cheas de azucre,  e sal, de  sobremesas e primeiros pratos. e todas elas deséxannos Bo proveito!


E.I. "Da horta á mesa"


As mestras do equipo da biblioteca transmítennos os seus parabéns para todo o alumnado do colexio por cada un dos versos achegados a este XI Certame de Poesía CEIP “Couceiro Freijomil”.
Tamén queren agradecer aos titores e titoras que traballaron a poesía nas súas aulas, pois alén de incentivar a lectura, levan  aos seus alumnos e alumnas mesmo a mergullarse nese mundo marabilloso do poema, como forma de se expresar, reivindicar, falar ao mundo, do mundo, ou do seu propio mundo.

A vindeira semana estará nos andeis de produciñon propia da biblioteca un  libro recompilatorio deste certame.


Para rematar o Festival entregáronse tamén os premios do Álbum Bilingüe.
Esta actividade encheu, ao soar a sirena do recreo cada día desta primavera, de cromos, balbordo e ledicia, a entrada do noso cole.
As profesoras que coordinaron esta actividade fixeron entrega dos premios aos primeiros grupos que completaron o álbum co vocabulario en galego e inglés do PDI deste curso. Premios que son para todas as aulas pois todos e todas participamos con entusiasmo.





Mais a mañá traíanos máis sorpresas :
Apadriñamentos lectores: Aínda que hai anos que temos a actividade de "Ler aos máis pequenos" hoxe fíxose extensiva a toda a escola e sacámolas das aulas cara fóra, que ben o pasaron tanto oa padriños e madriñas como afillados e afilladas compartindo lectura.






Para rematar a festa nada mellor que bailar. O alumnado de 4º de Primaria aprendeunos a danza que compartiron hai uns días nunha fermosa actividade "Un mar de muiñeiras" con outros colexios de Ferrolterra.





Aquí vai o resumo visual da nosa mañá:



Queremos agradecer a participación do alumnado e a estreita colaboración entre os Equipos de Dinamización da Lingua Galega,  de Actividades Complementarias, das TIC¨s e do Equipo da Biblioteca Escolar. Sen todos vós este acto non sería posible.

jueves, 2 de mayo de 2019

Os Maios na escola


Vimos de festexar os Maios no noso cole.

As orixes da festa:A Festa dos Maios, naceu na prehistoria cando os primeiros homes se preguntaban sobre esa forza renovadora que cada ano , tras a época das chuvias e o frío facía abrota-la semente e revestía os campos de variadas cores. Nunha sociedade neolítica a dependencia do ciclo regular das estacións, da forza da natureza provocan o nacemento do culto   a "deidades" do mundo vexetal coma ás árbores. Debíalles sorprender a aqueles homes a coincidencia da estación primaveral coa fecundidade animal que non tardaron en relacionar, tamén, coa fertilidade da especie humana; de aí nacerá o culto á fecundidade e ós amuletos máxicos.


Evolucionou ao longo da historia esta tradición mais no s.XIX tan solo se manterán naqueles núcleos de poboación onde ainda haia un continxente de mozos dispostos a conserva-lo costume. Tamén nas vilas prodúcese o fenómeno de quedar reducido a festas de rapaces , cecáis polo carácter petitorio que proporcionaba a mocedade alguis cartos cousa nada desdeñable , e, como non , pola dimensión lúdica e de sátira social na que se foran especializando estes maios vilegos (Pontevedra, por exemplo).

No s. XX veremos nacer concursos que premian as coplas máis audaces e graciosas. Pero tamén por iso son reprimidas novamente en tempos das dictaduras , como a de Franco , nos que non se toleran críticas polo que van esmoecendo obxecto da censura e da prohibición. Chegan ,pois, tremendamente esgotadas estas tradicións ós nosos días producto dunha nova sociedade que ten mecanismos moi potentes de uniformización da cultura, causando o desarraigo das expresións culturais seculares propias, específicas de cada pobo.

Mais recentemente vívese un espertar esperanzador destes festexos, adaptados ás novas realidades. Colectivos , concellos, escolas... conscentes da necesidade de pasar o relevo deste legado cultural as xeneracións que veñen detrás , seguros de que a variedade cultural é un signo distintivo da humanidade.



A celebración no noso cole: O luns o alumnado coa axuda das súas familias recolleron por montes e hortas xestas, buxos, fiúnchos, calas, margaridas e outros verdes e flores para o último día de abril prepara o maio da escola, ademais achegaron laranxas e ovos baleiros para as grilandas. Este curso fixemos 3, o de E.I., o de 1º, 2º e 3º de primaria e o máis grande para os máis vellos da escola, 4º 5º e 6º de E. Primaria.




Todos os nenos e nenas axudaron na realización do maio, os máis pequenos coa colaboración das familias e os maiores, xa máis autónomos, coa axuda dos mestres e mestras.
Fixeron grilandas de calas i hedras, prepararon as flores, puxeron o verde, etc.










Logo dunha 1ª parte da mañá de traballo veu o momento da festa: Desfile e música. Cada grupo amosou o seu maio a todo o cole e cantou a súa cantiga darredor do maio.












O concurso na vila: O 1º de maio, como cada ano o concello organiza un concurso. Os maios reúnense no Xardín de Lombardero e desfilan polo casco histórico, detrás dos gaiteiros e pedindo para o maio,  cara a Alameda.





 No palco da alameda cántanse as coplas dos maios mentras os xuices valoran os maios, de colexios e  asociacións culturais principalmente.

Díptico das nosas coplas dos Maios.

Letra das coplas dos 3 Maios.










 Todos os maios fomos premiados cunha bolsa cun agasallo e unha merenda. E ademais un diploma para os gañadores.





 Que ben o pasamos e canto aprendimos! Ollade nesta montaxe!



martes, 23 de abril de 2019

Día do Libro: Petiscos Literarios.

Chegou o gran día! Os petiscos, que deixaramos preparados e moi ben presentados nunhas fermosísimas pratas ao rematar o trimestre, estabanos esperando na entrada do cole á volta de vacacións. Que boa maneira de voltar á escola!





Ao longo da mañá, pasamos a escoller un petisco para cada un, doutra bandexa que non fora a nosa.





Logo nas aulas xogamos en grupo, en parellas, con axuda ou sen ela a adiviñar que alimento contiña o noso "canapé"











Ademais noutras aulas presentáronse novidades, ou mesmo leron O Quixote!







Menudo 1º día, que mañá tan intensa trouxo este Día do Libro!. Ollade neste videomontaxe!






sábado, 6 de abril de 2019

Abril, mes do Libro

En abril, Mes do Libro, o Couceiro énchese de actividade. Non fixemos máis que comezar e na 1ª semana e  xa asistivos a diversos actos darredor do LIBRO:


  • Os máis pequenos visitan a Biblioteca Municipal Poeta Ramiro Fonte, e Alexandre, o bibliotecario ademais de convidalos a visitala cada tarde , explícalles o seu funcionamento. Desta volta, presentoulles un clásico da literatura infantil galega: "Chucho Cacho" de Darío Xohán Cabana.

 Esta é a historia dun Ourizo chamado Chucho Cacho e se te metes con el convértese nunha pelota de espiñas. Ademais, gústanlle moito os insectos e os caracois, pero moito, ,moito máis o leite, as lambetadas e durmir polo día. 
           

Premede!
  • O alumnado que participa no Proxecto de Animación á lectura "Illa Fantasía"recibiu a visita da nosa amiga a Gran Xefa India  Tatanka  Ska. Viña cargada de sorpresas nunha bolsa que parecía ter a  capacidade de producir obxectos de maneira interminable. Cada un deses obxectos pertencía a un dos personaxes que viven en Illa Fantasía: O bufo  Beto, A meiga Sada, os piratas, a dama que aluma coa súa luz toda a Illa, os xemelgos (Marco e Cristóbal  Colón), o cabaleiro Cortés, a Bruxa Analfabeta (que quere que ninguén aprenda a ler), o gobernador, o trasgo Tino ou a  dragona dourada.



  • Os Clubs de Lectura de Choiva de Ras (5º A e B) veñen de recibir á autora, Ánxela Loureiro. Os clubes de 6º A e B  mentres esperan a visita de Héctor Cajaraville, autor de Kusuma (Premio Merlín 2018) marchan, á sobra das árbores e co son dos chíos dos paxaros, a ler as aventuras de Kusuma.  Os profes e as profes , que tamén teñen o seu club de lectura, reuníronse arredor da mesa para ao tempo que degustaban as viandas da Escola de Hostalaría do IES  "Fraga do Eume" comentar a súa última lectura ambientada nun restaurante, "Los Horcher". A lectura deste libro non deixou a ninguén "indiferente" e a través de xogos de palabras falaron de feitos que marcaron a historia da Europa do século XX.
 
  • Tamén dentro do PDI "Bo Proveiro" o cole está enchéndose de adiviñas que "quitan a fame".  En todas as aulas estám a preparar "Petiscos Literarios" para a Festa do Día do Libro con que imos recibir o 3º Trimestre.



  •  Nesta  1º semana de abril tamén tivemos a visita de Susa Herrera, con ela  o alumnado de 3º a 6ºcantou e fixo acompañamentos rítmicos a  unhas cancións moi divertidas que falaban de animais.Con estas cancións descubrimos  cousas interesantes destes animais: de onde eran, que comían , canto durmían..... Todas elas veñen no seu último libro:" En Cabárcenos se oye cantar"



Susa Herrera, recoñecida mestra e pedagoga musical é autora de varios libros infantís: "Cartas que veñen e van", "Animais ao caixón", "Animais Encantadores" e "En Cabárceno  se oye  cantar". Tédelos a vosa desposición nos andeis de audiovisuais da nosa biblioteca.

Moitas grazas Susa por esta sesión tan especial !




  • Para rematar a semana o venres fixemos entrega dun marcapáxinas, agasallo do Concello ,  animándonos a participar en  todos os actos que organiza este ano  por mor do 23 de Abril, Día do Libro.

















Chega o gran día! Ollade o cartaz!

lunes, 1 de abril de 2019

Presentación dunha nova aventura do cociñeiro Martiño.

Iago López Santos é mestre en Educación Infantil e contacontos. No seu tempo libre dedícase ao mundo do teatro como actor e director en grupos como “Marañao” ou “Chéspir teatro”. Como autor de literatura infantil publicou os álbums “O cociñeiro Martiño” (Xerais, 2016) e "O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas" (Xerais, 2018), ambos os dous ilustrados por Macús Romero.

Chega ao noso cole convidado por Güino e por xentileza de Xerais ano tras ano, e xa van moitos. Que sorte temos!

Outros cursos contounos libros doutros autores: A princesa Sabela, Augusta e os seus medos, O aprendiz do home do saco, Linda a espreita,O souto escuro e perigoso... Aquí o tedes noutras sesións de contacontos na nosa biblioteca..






Hoxe por segunda vez  chegou cun libro seu debaixo do brazo.

Decatouse de que algo estábase a cocer no noso cole e ata trouxo o seu gorro de cociñeiro!
Presentou á rapazada de 1º e 2º de Primaria:

"O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas"



Que ben o pasaron escoitando ao contacontos e participando con entusiasmo na nova aventura do cociñeiro Martiño. Haberá máis?