O alumnado de 5º realizou unha visita ás Fragas. Alí obsevaron "Primixenias e a Fraga Máxica". Podedes ver o vídeo pinchando na foto.
Fixeron un traballo moi interesante despois da visita. Pincha na foto e...
Güino.
O alumnado de 5º realizou unha visita ás Fragas. Alí obsevaron "Primixenias e a Fraga Máxica". Podedes ver o vídeo pinchando na foto.
Fixeron un traballo moi interesante despois da visita. Pincha na foto e...
Güino.
O 30 de outubro a hora de ler é moi especial, porque o alumnado trae linternas e ..... realizamos LECTURAS ÁS ESCURAS.
Pasádeo moi ben .....uuuuuuu.
Güino.
Seguides facendo cousas moi creativas durante o tempo de lecer en Bibliocouceiro, no "Xardín do Pasatempo".
Güino.
Como o Samaín estase achegando, xunto coas mochilas viaxeiras deixei nos corredores as caixas terroríficas. Están cheas de libros de medo ... uuuuuuuu.
Subido no carro cheguei as vosas clases.
Foi moi divertido e emocionante visitaros. Güino.
Aquí deixo o cartel deseñado para este día.
Esta semana comezou o servizo de Bibliocouceiro. Xa podemos visitar "O Xardín do Pasatempo" durante o tempo de recreo!!!
Hoxe Güino deixou unhas cartas nas diferentes aulas para informarvos do PDI deste curso e da distribución dos bloques que imos traballar por ciclos.
Como podedes ler, Güino pasa o seu legado ao seu fillo maior que tamén leva por nome Güino.
Aquí deixo unha foto do novo Güino, pero xa o coñeredes na vosa primeira visita ao "Xardín do Pasatempo". Espéravos por alí!!!
GÜINO.
Algo pasa polo "Xardín do Pasatempo". Imos dar inicio a un novo curso e a un novo Proxecto Documental Integrado. Xa está o título na entrada do centro, no corredor e na biblioteca.
Pero é esta semana cando imos recibir unhas cartas en todas as clases que contarán algo moi especial. Estade moi atentos!!!
As cartas xa están preparadas.
GÜINO.
Deixo aquí un vídeo como mostra do produto final do PDI "Mergúllate na ciencia", que se traballou durante este curso 2024/2025 no centro.