lunes, 15 de septiembre de 2025

CARTAS DE GÜINO

 Hoxe Güino deixou unhas cartas nas diferentes aulas para informarvos do PDI deste curso e da distribución dos bloques que imos traballar por ciclos.

Como podedes ler, Güino pasa o seu legado ao seu fillo maior que tamén leva por nome Güino.


Aquí deixo unha foto do novo Güino, pero xa o coñeredes na vosa primeira visita ao "Xardín do Pasatempo". Espéravos por alí!!!

GÜINO.

domingo, 14 de septiembre de 2025

INICIO DO PDI DO CURSO 25/26

 Algo pasa polo "Xardín do Pasatempo".  Imos dar inicio a un novo curso e a un novo Proxecto Documental Integrado. Xa está o título na entrada do centro, no corredor e na biblioteca.


COUCEIRO CALIDADE. ARTESANÍA E TRADICIÓN GALEGA.



Pero é esta semana cando imos recibir unhas cartas en todas as clases que contarán algo moi especial. Estade moi atentos!!!

As cartas xa están preparadas.


GÜINO.

jueves, 5 de junio de 2025

MERGULLACIENCIA FEST

 Deixo aquí un vídeo como mostra do produto final do PDI "Mergúllate na ciencia", que se traballou durante este curso 2024/2025 no centro.


Noraboa a toda a rapazada do C.E.I.P. Couceiro Freijomil polo voso traballo.
Güino.

martes, 3 de junio de 2025

DIPLOMA PARA OS AXUNDANTES VOLUNTARIOS

 Como agradecemento ao traballo realizado durante o curso, o alumnado de 5ºA de EP recibiu un diploma de recoñecemento como os mellores axudantes. Tamén recibiron un lápiz de colaboradores da BE.


Güino.

lunes, 2 de junio de 2025

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

 Deixo aquí as recomendacións de lectura para este verán. Espero que vos gusten!!

 
Xa podedes ver a exposición coas recomendacións de verán no "Xardín do Pasatempo"

Güino. 
 

miércoles, 28 de mayo de 2025

MERGULLACIENCIA FEST

 Xa estamos preparando o produto final do PDI traballado este curso, "Mergúllate na Ciencia". Deixamos aquí a invitación a toda a Comunidade Educativa para poder pasar a ver o traballo do alumnado neste acto llamado MERGULLACIENCIA FEST.


Güino

lunes, 26 de mayo de 2025

CLUB DE LECTURA 4ºEP. 26 DE MAIO DE 2025

 O alumnado  de 4º EP  estiveron lendo "ÁNXELA E SPENCER" e hoxe recibiron ao seu autor no "Xardín do Pasatempo". Foi moi interesante o que Carlos Meixide estivo contando sobre o seu libro. 

Anteriormente os nenos e as nenas de 4º traballaron o vocabulario, o resumo ... Deixamos aquí un enlace do blog.


sábado, 17 de mayo de 2025

17 DE MAIO DE 2025, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Hoxe, Día das Letras Galegas, adíacase ás CANTAREIRAS e á poesía popular oral.

Deixo aquí un enlace á proposta da Real Academia Galega, chamada PRIMAVERA DAS LETRAS

Güino.

Estas semanas no noso centro disfrutaremos de actividades para celebrar as Letras Galegas.

Visita de cantareiras de Pontedeume, ORBALLO.

martes, 6 de mayo de 2025

6 DE MAIO 2.025. APADRIÑAMENTO LECTOR

 Como o Día do Libro este curso coincidiu coas Eumeolimpiadas, tivemos que trasladar a actividade do apadriñamento lector ao mes de maio. Os padriños e as madriñas foron a recoller a clase aos seu afillados e afilladas para acompañalos ata o xardín do cole onde ... contaron os contos sentados na herba!!! Foi moi divertido!!!

Noraboa a todos e a todas pola participación e colaboración para que quedase unha marabillosa actividade.

Güino.

lunes, 5 de mayo de 2025

CLUB DE LECTURA 5ºEP. 5 MAIO 2025

 O alumnado de 5ºA  estiveron lendo o libro "MURIEL, CAOS NO LABORATORIO LÁCTEO". Este luns 5 de maio, na "Xardín do Pasatempo" recibimos a súa autora María Canosa. Con ela falaron de diferentes temas que se trataban no libro. Foi moi interesante poder coñecela.


Moitas gracias.