martes, 26 de abril de 2022

CONTACONTOS PARA PRIMEIRO E SEGUNDO

E xa como remate final deste mes do libro, o 26 de abril  puidemos contar coa presenza na nosa escola có contacontos Benxamín Míguez Novoa. O alumnado de 1º e 2º de primaria puideron escoitar as súas historias. Benxamín, deleitou á nosa rapazada con diferentes historias repartidas en catro sesións, unha por curso, co fin de respectar os grupos burbulla.
Desfrutaron un montón dos contos personalizados, mentres facía as ilustracións dos mesmos. Deixounos cunha moi boa sensación! 
As súas ilustracións están a decorar os nosos corredores, e unha vez estean cheos de cor polo noso alumnado pasarán a formar parte dos nosos produtos finais do PDI+ARTE.









No hay comentarios: