Por fin, o venres chegou o momento do festival de comparsas do “Couceiro Freijomil”.
Temos que agradecer a colaboración e presenza, tanto no desfile polas rúas da vila como no festival de comparsas de Entroido, de toda a Comunidade Escolar.
Este curso abrimos o Entroido eumés con
disfraces ben distintos mais con o fío dos valores que presiden o proxecto deste curso: “No Couceiro
pola igualdade”
Dende os máis pequenos, que cantan ás
bondades da diversidade, ata a comparsa dos maiores, que nos desexan un
Entroido con paz, amor e mel, todas as coplas son un canto á igualdade e ao
respecto á diversidade.
Estas son as letras das coplas de cada comparsa:
Estas son as letras das coplas de cada comparsa:
Mirade a comparsa de Educación
Infantil coa súa cantiga “De moitas
cores”, lembrando a Elmer, o elefante de retallos.
Que ben o fixeron!!!
O alumnado de 1º non quere unha infancia con medos e lobos e todos eles e todas elas son carapuchiña!! Pero sen lobo!
Despois destas carapuchiñas é a quenda da rapazada de 2º.
Viñan ben reivindicativos dicindo que
o seu destino é o que eles deciden e
elixen, son bruxas e bruxos pero ben guapas e guapos!
Tremenda marcha a de 2º!
Agora terceiros e cuartos chegan “Rompendo Moldes” no mundo laboral, loitando por un traballo digno e non sexista.
Xenial que traballadores e traballadoras!
O Carnaval de sempre é un tempo de crítica aos costumes establecidos, e como estades a ver as nosas comparsas este curso, ademais de disfraces ben vistosos, traemos unhas coplas que con moita marcha e alegría falan do que queremos para a nosa escola e para a nosa sociedade.
Para pechar o festival de
comparsas cantan os quintos e sextos, “Os
hippies do Couceiro”, para que a igualdade
sexa unha realidade e non quede no disfrace.
E agora a festexar o Entroido en familia e coas amizades, que logo pasa.
Voltaremos á escola o xoves e para rematar a festa queimaremos o "Antroido", chorando a súa perda, mais sabendo que para o ano que vén voltará para troulear nas nosas aulas e polas rúas de Pontedeume.
Lembrade o "Xa Morreu", cantiga tradicional eumesa para esta despedida, premendo na imaxe inferior.
Rematou a festa e todo o alumnado do colexio, xunto ao profesorado, despedimos o Antroido desfilando co cadaleito a ritmo do "Xa morreu", cantiga típica na nosa vila.
Nenos e nenas de sexto levaron a ombros o cadaleito e logo despedimos o Antroido, como viúvos e viúvas, mentres este se queimaba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario