domingo, 14 de octubre de 2018

Viaxan as Mochilas


A mochila viaxeira permite á biblioteca escolar o contacto coas familias nunha actividade que pretende a súa colaboración na formación dos lectores e lectoras máis novos.

Nenas e nenos son os embaixadores da biblioteca nas súas casas e comparten cos seus, grandes e pequenos, os libros, as revistas, a música cos que a mochila vai cargada.
 As familias poden realizar suxestións ou contar a experiencia de lectura compartida no caderno que achegamos en cada mochila.

O equipo do "Xardín do Pasatempo" escolleu os libros máis novidosos, aqueles que coidamos poden mellor acompañar o lecer das familias que len xuntas. Libros con música, de produción propia, de realidade aumentada... Libros en galego, mais tamén en castelán, francés e inglés.



 A experiencia é positiva ano tras ano, pero o éxito ten un par de claves:


  •  Boa selección de contidos.
  • Nada de imposicións. En materia de lectura, o encantamento dá mellores resultados.

Nesta montaxe podedes ver o primeiro día desta actividade, cando se presentan e reparten ao afortunado ou afortunada que leva a mochila a primeira semana. 


No hay comentarios: