jueves, 6 de diciembre de 2018

PDI Bo Proveito: Outono larpeiro no Couceiro.

Cando xa levamos andado gran parte do 1º trimestre, botamos unha ollada ás acividades desenvoltas arredor do proxecto deste curso.
As clases están ben atarefadas :pescudando, informándose, experimentando, degustando...Dende os máis novos ata os máis vellos: nas casas, nas aulas, fóra da escola, na rede...
Aínda que dende o 1º día de clase o cole xa daba a benvida dun xeito ben culinario,  o 1º acto común a todos os grupos foi o Día da Alimentación.


Preme para máis información
A información que Güino recompilara espallouse polas aulas que comezaron a súa andaina dentro do PDI: Están a coñecer e gozar dunha alimentación saudable, fan manualidades con alimentos, preparan sinxelas receitas, elaboran os menus axeitados para cada mes, participan en  festas gastronómicas, deseñan calendarios, editamos recetairos...
Ollade aquí unha pequena mostra de todo o que está a acontecer premendo nas imaxes!






























Canta actividade, non é? 


 Ollade nestas imaxes os corredores preparados para a exposición do traballo do 1º trimestre.
 Agora que estamos a piques de rematar o ano contámoslle aos demais canto levamos vivido, as nosas experiencias, aprendizaxes...É o tempo de recompilar, compartir , amosar todo o realizado neste outono tan larpeiro.











jueves, 29 de noviembre de 2018

Agasallo para o "Xardín do Pasatempo"

Un novo volume de produción propia chegou á nosa biblioteca das xenerosas mans do alumnado de 6ºB . 
Hoxe á mañá acompañados pola súa titora as nenas e os nenos de 6ºB doaron ao "Xardín do Pasatempo" o libro de elaboraron por mor do Día contra a Violencia de Xénero e que presentaron o pasado venres a todos os cursos do colexio.







Axiña estará no revisteiro de Produción Propia para ler no cole ou para coller como préstamo.


Marabilloso agasallo, grazas!


sábado, 24 de noviembre de 2018

Contra a Violencia de Xénero

Ao longo da semana que xa rematamos nas aulas do noso colexio tratouse a problemática da violencia machista.
 Ademais todos os nenos e nenas coñeceron a canción de Rozalen, "La puerta violeta". O alumnado de 6º B elaborou unha análise da súa letra e  realizaron as súas propias ilustracións, logo de reflexionar sobre o seu contido.

Aquí deixámosvos o resultado desta actividade.

 

O venres foi o acto Contra a Violencia de Xénero que compartimos todos e todas:



  • Esta é “A PORTA VIOLETA",  pola que entramos o venres na escola como símbolo o acceso a un mundo de igualdade e á vía de escape a situacións de violencia machista. 
                                          
  • A chave que levabamos no colo di que cada un de nós vai ser a chave que peche a porta á violencia. 
  • Entre todas e todos   construímos unha gran chave que abrindo a porta da igualdade peche a porta á violencia.




  • Cando puxemos cada un a nosa chave cantamos a canción de Rozalem que inspirou este acto de denuncia e sensibilización e que  simboliza un cambio na nosa sociedade que aínda ten demasiados comportamentos machistas:

    • Comportamentos tremendos como a violencia contra as mulleres que leva a algunhas a morrer a mans das súas parellas.
    •  Outros máis sutís e aceptados pero que tamén danan o desenvolvemento en igualdade das mulleres e homes: A linguaxe sempre en masculino, as roupas que non propician o movemento das nenas, os xoguetes sexistas, algúns costumes, as relixións...









sábado, 17 de noviembre de 2018

Magosto e Día do Peón

Como cada ano festexamos no outono ademais do Samaín o Magosto, este ano  ollandoas cos lentes das Festas Culinarias dentro do noso proxecto Bo Proveito!
Coa celebración do Magosto fixemos coincidir o Día do Peón.


Ollade no blog do EDLG, "A Casquiera" e na páxina do cole a información destes actos


Preme na imaxe

Aquí tes máis información, preme.

jueves, 1 de noviembre de 2018

Samaín


Xa chegou a festa  nenos e nenas trouxeron a súa caveira á escola.



E fixemos esta  xigantesca e arrepiante exposicíon.

Busca a túa cabaza! 


O alumnado de 6º A e B  guiados pola mestra de Música prepararon esta versión do tema da Familia Addams.




Na Hora de Ler á luz das caveiras e das lanternas limos ás escuras como nos aconsellou Güino.




Que medooooo!



E para rematar deixamos ás caveiras na entrada do cole para que asusten á veciñanza que pasee polo peirao nestas noites escuras do Samaín.




jueves, 25 de octubre de 2018

Preparando o Samaín

Chega o tempo do Samaín, os días son máis curtos, arrefría, estamos máis tempo na casa...


 Xa tedes escollida a cabaza para facer unha caveira arrepiante???

Ollade como se fai!


Estades  a face un colar de zonchos para o Día de Todos os Santos? Logo na rúa podedes convidar dicindo:


"Teño un colar
 cheiño de zonchos,
douche un, 
que teño moitos"


Xa sabedes que o martes achegaredes a vosa caveira á escola para facer  unha exposición terrorífica, que meta medo ata os máis bravos dos eumeses descendentes do Pobo Celta.

O mércores  leremos á luz das caveiras acesas ou das lanternas. Despois quedarán na entrada da escola para meter medo á xente que pase polo peirao.


Miradeo que vos propón Güino!




Tamén o Equipo da Biblioteca preparou unha exposición de CONTOS DE MEDO!!!


Collede un para ler no TEMPO DE SAMAÍN.







Premendo na imaxe inferior poderedes lembrar os "Contos de Medo" que fixeron o curso pasado os neneos e nenas maiores da escola.
Que ben o fixeron!
Animámosnos este ano ???



Aquí vos deixamos tamén o cartel do Samaín da nosa vila. Poderemos ir???


A pasalo ben!! Feliz Samaín!!

lunes, 22 de octubre de 2018

Día da Biblioteca




Desde outubro de 2008, a Consellería de Educación edita un cartel específico para celebrar este Día da Biblioteca tamén nas Bibliotecas Escolares, cun lema para dar a coñecer e difundir as múltiples oportunidades que ofrece unha biblioteca escolar activa, e que este ano foi interpretado pola ilustradora Nuria Díaz. 

A poesía está por todas partes, o que importa é explorar para descubrila. A biblioteca escolar é un lugar privilexiado para estimular esa mirada que xogue a descubrir a poesía que se agocha nas paisaxes, na música, no cine, nunha noite estrelada, no baile do vento na herba, nos seres minúsculos que só podemos ver a través do microscopio, nesa música que engaiola, na palabra dos poetas, na tradición oral, nun texto que nos traspasa e nos obriga a mirarnos, nesa persoa que nos axuda a abrir os ollos para ver o que nos rodea, no último descubrimento científico (eses escutoides descoñecidos até agora), nesa voz que nos fala, nese abrazo que nos agarima...


Preme e lembra os carteis anteriores
POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar.

Nós cada ano na primavera enchemos aulas, corredores, festivais...coas poesías máis diversas que nos  saen do  maxín. E no Día das Letras Galegas lemos aquelas máis representativas de todas as que floreceron ao calor da primavera.

Para ir abrendo boca deixámosvos un libriño que pódevos acompañar nas aulas, fai referencia a grandes libros de poesía galega que podedes atopar nos andeis do "Xardín do pasatempo"







Preme na imaxe





























O 24 de outubro na nosa biblioteca xa é tradición que os "Axudantes de Güino" acheguen a todas as aulas as "Maletas de Güino" como agasallo desta conmemoración.



As maletas inclúen contos, libros informativos, revistas...axeitados para cada idade.

Ao longo do curso cada clase intercambiará a súa maleta coas aulas do seu ciclo, así poderán ter ocasión de coñecer e gozar con ata catro das "Maletas de Güino" que o Equipo da Biblioteca estivo elaborando estes días.





Feliz Dïa da Biblioteca a tod@s!

viernes, 19 de octubre de 2018

Visitamos a exposición "Cóctel de Libros"

Ao longo desta semana as nenas e nenos do cole visitaron o "CÓCTEL DE LIBROS" que Güino lles tiña preparado.




 Agora só lles falta ir ao "Xardín do Pastempo" para levar ás aulas aqueles fondos que sexan máis axeitados ao traballo que están a desenvolver dentro do proxecto ou os que lles apetezan para o seu tempo de lecer.

 Nesta montaxe podedes ver a visita á exposición.


 

miércoles, 17 de octubre de 2018

Día Mundial da Alimentación

Dentro do proxecto deste curso Bo Proveito! non podiamos deixar pasar esta data sen facer unha actuación na escola.

A Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) fundada en 1945 para unir a todas as nacións na loita contra a fame, festexa os seus aniversarios o 16 de outubro, celebrándoo en todo o mundo a través do Día Mundial da Alimentación. Hoxe, máis de 130 países únense para honrar o seu obxectivo común: un mundo libre de fame e pobreza, no que todos poidan levar vidas saudables



O lema deste ano é "Un futuro#fame0"


Aqui tedes un caderniño para descubrir como nós tamén podemos axudar a conseguir ese gran reto que encerra o lema deste ano mentres procuramos un desenvolvemento sostible e unha seguridade alimentaria.

Preme na imaxe



Ollade o video promocional da FAO




 Güino este curso aproveitou tamén esta data para expoñer na entrada do noso cole un "Cóctel de Libros" que nos acompañaran este curso nas nosas pescudas arredor do PDI: información, poesía, cantigas,  contos...
Un menú equilibrado e saudable é a recomendación do noso "chef"



Visitade o "Cóctel de Libros" e elexide os vosos pratos, a semana que vén xa os podedes levar da biblioteca.








                                                             









 Agradecemos a colaboración do IES "Fraga do Eume" na preparación deste 
"Cóctel de Libros"