viernes, 28 de octubre de 2016

O SAMAÍN NA ESCOLA

Hoxe na nosa escola houbo unha gran excitación. Foi o cumio de todas as actividades do Samaín:






Expuxemos as caveiras; na "Hora de Ler", á luz das lanternas, limos contos de medo; o alumnado de 5º, na biblioteca, amosoulle as súas terroríficas narracións aos compañeiros, os corredores quedaron cheos de feitizos, ilustracións e pequenos textos elaborados nas aulas.Que ben o pasamos este Samaín!!!
Aquí vós queda unha mostra dos contos que encheron as nosas aulas. Son os "Contos de Medoooo!" de 5º de Primaria.
(Podedes arrastrar ou ampliar para lelos mellor)




















lunes, 24 de octubre de 2016

24 de outubro DÍA DA BIBLIOTECA

"Alguén me contou que o 24 de outubro é o Día da Biblioteca. Sería xenial organizar unha festa con confeti e pompas de xabón. Celebrala ao grande. Encantaríame vestirme para tal ocasión como o personaxe dalgún libro, sentarme na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo e esperar a que fosen visitarme. Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda, Atreyu, Drácula ou mesmo Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poñerte botas de pelo, plumas, zancos e chapeus. Chapeus! Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min discretamente, atraída polas cores e formas do meu chapeu:
-- Sombreireira tola, que festa máis marabillosa! Sería tan amable de servirme unha cunca de té?" 

Este fermosísimo texto é de Ledicia Costas, Premio de Clubs de Lectura 2016 .
Nós, hoxe, para festexar esta data, agasallamos a todas as aulas coas xa famosas "MALETAS DE GÜINO".
O alumnado colaborador do "Xardín do Pasatempo" achegou ás aulas estas caixas cheas de  contos, poesías, revistas , libros informativos...
Estas maletas pasarán a formar parte das "Bibliotecas Aula"e poderán intercambiarse entre os niveis.
Feliz día e esperamos que vós, grazas aos libros, tamén podades ser moitas personaxes e visitar moitos mundos.














miércoles, 19 de octubre de 2016

TEMPO DE SAMAÍN

Os días son curtos, as noites son loooongas. Chega o tempo de buscar a túa cabaza e convertela nunha caveira horrorosa, que meta moito medo; mais non esquenzas poñerlle dentro unha luz, pois mira o que nos propón Güino para este Samaín: 

Le o verás  o que debes traer o próximo venres, día 28 de outubro, para a "HORA DE LER"





jueves, 6 de octubre de 2016

MOCHILAS VIAXEIRAS

Mirade que ledos coas novas mochilas. Tocoulles a primeira semana, mais axiña chegarán a todas as casas.
Durante unha semana poderemos ler os contos, recitar as poesías ata cantar cos libros conCD. Coa axuda da familia encheremos de debuxos e cometarios o caderrno que nos manda Güino para saber a nosa opinión e a dos papás e mamás.
Que ben que as mochilas están a viaxar de novo, non?







jueves, 22 de septiembre de 2016

Xa estamos de volta!!

Xa estamos de volta!!
 Viaxan as mochilas, ollamos as novidades: Libros novos, realidade aumentada e libros dixitais nas tabletas, CD´S de contos e música... Ata imos ter rótulos novos e un lugar moi especial para as mamás e os papás.
Esperámosvos como sempre no "Xardín do Pasatempo!!!

miércoles, 14 de septiembre de 2016

BENVIDA



Benvid@s couceiristas!!!
Este curso Güino convídanos a  achegarnos aos produtos artísticos, a música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, aos videoxogos, cómisc, fotos…
Vai ser un ano con moita arte. Ollade que cartaz tan chulo!!!


martes, 28 de junio de 2016

Abrente 2016

E xa para pechar as entradas deste curso 2015/16 deixámovos coa publicación do noso Xornal Abrente, xa na súa 36ª edición.

Grazas polo voso esforzo para que este traballo conxunto poda ver a luz un ano máis.

Esperamos que o disfrutedes moito!!




Vémonos en Setembro coas enerxías ben cargadas!!! 

Bo verán!!

jueves, 9 de junio de 2016

Verán, praia, vacacións e ... recomendacións!!

Achégase o verán e con el o bo tempo, o merecido descanso, o tempo de lecer... e como cada ano, as recomendacións de lecturas de Güino!


Podedes pasar pola nosa biblio para botarlles un ollo a todas estas recomendacións que están expostas no andel de novidades.

Esperamos que vos gusten moito e o pasedes moi ben durante o verán. 

Vémonos ata Setembro!!!

 BO VERÁN!!

jueves, 26 de mayo de 2016

Caramuxo Teatro presenta... Pavillón Lino

Onte o noso pavillón transformouse noutro moi especial, o "Pavillón Lino".

"Pavillón Lino" é a nova proposta escénica de Caramuxo Teatro para toda a familia.

Tres actores,Juan Rodríguez, Laura Sarasola e Xosé Vilarelle,  foron os encargados de darlles vida a un sinfín de personaxes que desfilaron polo escenario caracterizados con unas máscaras moi especiais.


Este espectáculo nace para homenaxear o “Pavillón Lino” da Coruña, un dos primeiros espazos culturais da cidade, de estética modernista e adicado a todo tipo de actividades artísticas: teatro, cine, baile, monicreques, cómicos, autómatas... que tivo un tráxico e repentino final xa que desapareceu por mor dun incendio en 1919.


Foi unha trepidante comedia de variedades cunha coidada posta en escena,na que desfilaron unha morea de pintorescos personaxes, e que puideron gozar os nosos alumnos e alumnas de Primaria.

martes, 24 de mayo de 2016

VIII Certame de Poesía Couceiro Freijomil

O pasado venres no colexio celebramos a final do VIII Concurso de Poesía Couceiro Freijomil.

Foron uns días con moita arte, nos que nas distintas aulas  fixéronnose creacións moi bonitas, orixinais, simpáticas, amorosas...

Tras unha dificil decisión do xurado, durante a celebración desveláronse os finalistas de cada ciclo, que leron para todos as súas creacións.

Todas foron moi aplaudidas , pero os gañadores foron...

  • Premio especial: Nenos e nenas de EI por "Galicia"
  • Gañador do 1º ciclo: Andrés Tenreiro Garabana de 2º A por "Eu son Andrés
  • Finalista do 1º ciclo: Iago Medel Cendán de 1º A por "Un día vin...
  • Finalista do 1º ciclo: Paulo Díaz Rodríguez de 1º A por "Eu traio
  • Gañadora do 2º ciclo: Manuela López Lesta de 4º B por "Un bonito paseo
  • Finalista do 2º ciclo: Lidia Chapel Fernández de 3º A por "A tenda de todo
  • Finalista do 2º ciclo: Pelayo Medina Marinas de 4º A por "A primavera
  • Gañadora do 3º ciclo: Sara Ríos Criado de 6º B por "A política
  • Finalista do 3º ciclo: Ariadna Pico Prieto de 5º A por "O alegre coelliño
  • Finalista do 3º ciclo: Álvaro Crespo Fernández de 6ºA por "O namorado
 Deixámosvos a mostra destas obras de arte para que desfrutedes coma nós da creatividade dos nosos alumnos.


Dende logo é moi necesario aplaudir a implicación e traballo de todo alumnado do colexio, xa que cada ano é  máis complicado para o xurado tomar un decisión.

Noraboa a todos os participantes, e a seguir creando!!!