martes, 26 de abril de 2016

BiblioCouceiro presenta: Artesáns de Pontedeume

O pasado luns a nosa biblioteca, Xardín do Pasatempo, recibiu a todo o alumnado do cole para presentar "Artesáns de Pontedeume".

Como xa contamos en entradas anteriores, este foi un traballo colectivo, levado a cabo no curso 2007/08 a proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e recollido e publicado neste curso con motivo da conmemoración do Día do Libro.

Para presentalo contamos coa colaboración de Alicia López, unha mestra do Couceiro xubilada, que nese curso levou a cabo o traballo con algúns dos alumnos de infantil; e con Sabela que coordinou todo este proceso de investigación e recolleita de información dende o equipo de Dinamización.

Elas contáronnos como se organizou o traballo dende as aulas, como se fixo a recolleita de información, como foi a colaboración dos familiares e veciños... en definitiva, canto traballo hai detrás deste "pequeno gran libro".

Ademais, Alicia veu cargada de recordos, anécdotas e moitos libros feitos polos alumnos de infantil de xeito colaborativo. Eses libros están expostos na nosa biblioteca durante esta semana. Non dubidedes en achegarvos a velos!!


Para rematar, non marchamos do acto coas mans baleiras, xa que Güino tiña preparado para nós un agasaio: un exemplar de "Artesáns de Pontedeume".

Qué mellor maneira de celebrar o Día do Libro?

Moitas grazas Alicia por colaborar connosco nesta conmemoración!

sábado, 23 de abril de 2016

Día do Libro 2016: Artesáns de Pontedeume

O 23 de abril é un día grande nas bibliotecas xa que se celebra o Día do Libro.

Dende o XARDÍN DO PASATEMPO este curso no Día do Libro publicamos “ARTESÁNS DE PONTEDEUME” , o produto final dun marabilloso traballo por proxectos elaborado no noso centro.




Grazas a todos:

Aos profesionais de Pontedeume que recibíndonos , falándonos das vosas tarefas, amosándonos as vosas ferramentas, fixestes posible a actividade nas aulas que se encheu de coñecemento e valoración do medio máis próximo.

 Ao alumnado e profesorado que mergullándose con entusiasmo na actividade fixo posible o pequeno gran libro que hoxe publicamos.

Para todos vós, para a nosa escola e para o futuro “ARTESÁNS DE PONTEDUME”

jueves, 21 de abril de 2016

Recursos para traballar o Día do Libro

Deixámosvos aquí unha serie de recursos que vos poden ser útiles para traballar o Día do Libro:


  • WebMix Día do Libro: 

  • Información sobre a data elexida para conmemorar o Día do Libro:


Temos correo!!

Hoxe chegou correo a todas as clases do Couceiro!!


Como podedes ver, Xardín do Pasatempo prepárase para a celebración do Día do Libro.

Estade atentos e descubriredes como foi a conmemoración!

jueves, 14 de abril de 2016

Contacontos: Feliz Feroz

Onte os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria disfrutaron do lindo grazas a visita do contacontos Iago que trouxo a nosa biblioteca a historia de "Feliz Feroz. O lobiño riquiño" da editorial Xerais.

Este libro conta a historia de un lobiño, sobriño do Lobo Feroz, que é un desastre. A súa mamá está moi preocupada porque o seu fillo non é feroz: é boísimo. Feroz dille que o mande uns días para a súa casa, que xa se encarga el de convertelo nun lobo de verdade. Lobiño visita o seu tío e tenta facer o que lle pide: cazar coellos, asustar a Carapuchiña, comer os tres porquiños… Pero nunca o fai ben: comparte unha ensalada cos coellos, faise amigo de Carapuchiña e ponse a xogar cos tres porquiños.



Se quedades con ganas de saber máis sobre o que lle sucedeu a Lobiño non dubidedes en pasar por BiblioCouceiro!!

martes, 12 de abril de 2016

Extra!! Extra!! O Papagaio xa está aquí!!

Estamos de estrea!!  Un novo xornal en galego para nenos e nenas!


Nace un proxecto editorial novidoso: O PAPAGAIO, un xornal escolar mensual, co obxectivo de achegar aos nenos e nenas de todo o país toda esa información que adoitan ver e escoitar decotío, pero dun xeito máis apropiado ás súas idades e ás súas inquedanzas, nun formato novidoso como é un xornal.

A editorial Moito conto ven de publicar o primeiro número da revista O Papagaio, que podes ler en formato pdf dixital premendo na seguinte imaxe:



martes, 29 de marzo de 2016

Os soños na gaiola

O pasado 21 de marzo, coincidindo coa entrada da primavera, celebrouse o DÍA DA POESÍA. Nós adiantamos a celebración ao venres 18 adicando a xornada a "Os soños na gaiola", de Manuel María.

E que mellor maneira de conmemorar este día que saír á rúa a compartir con familias e veciños a obra deste autor, que por outra banda, será o homenaxeado este ano o próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Cada clase preparou un dos poemas recollidos nesta obra e saíu ao pobo a encher as rúas de música, risas, ledicia e moita, moita POESÍA.



Tamén aproveitamos a conmemoración para dar comezo ao VIII CERTAME DE POESÍA "COUCEIRO FREIJOMIL", cuxa fase final a celebraremos no festival do DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Nas aulas traballaremos con este xénero literario durante o vindeiro mes para que os rapaces podan presentar as súas poesías orixinais ao certame.

Lembrade que no andel de novidades da biblioteca podedes atopar unha selección de obras, clasificadas por niveis, que vos poden servir de inspiración para as vosas creacións .


Moito ánimo e a crear, poetas!!






 
Día poesía 16 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker


MOITAS GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN NA CONMEMORACIÓN!

martes, 8 de marzo de 2016

Día internacional da muller traballadora 2016

Hoxe, 8 de marzo de 2016, conmemoramos no Couceiro, como xa o vimos facendo neste últimos anos, o día internacional da muller traballadora.

Dende BiblioCouceiro convidamos a todos o alumnado e mestres do cole a participar na presentación do conto "O libro dos Porcos", de Anthony Browne, que realizaron os alumnos de 5º e 6º de primaria.



O libro dos porcos from bibliotecavictorsaenz on Vimeo.


Xa vedes que estiveron moi atentos, esperamos que gustara moito e sirva para facer unha reflexión sobre o tema.

Se queredes máis información sobre a conmemoración non deixedes de visitar o blog de aula dos rapaces e rapazas de 6º, Rapazada dixital.

Para rematar deixámosvos un video homenaxe a todas as mulleres do mundo:


viernes, 26 de febrero de 2016

Canta paxariño, canta!

O pasado mércores, 24 de febreiro, lembramos no noso centro a figura de Rosalia de Castro, unha das grandes figuras da nosa literatura.


A Asociación de escritoras e escritores en lingua galega está a promover, dende hai uns anos, a difusión desta data, coincidindo co nacemento da autora no ano 1837.

Un ano máis,  dende BiblioCouceiro queremos sumarnos a este recordo e para iso traballamos nas aulas un verso do poema "Alborada", de "Cantares Gallegos".

Para compartir este día con toda a comunidade educativa, os rapaces e rapazas decoraron unha postal que mandaron as casas.

Esperamos que fora unha agradable sorpresa atopalas no buzón!



lunes, 15 de febrero de 2016

Entroido histórico!!

Por fin chegou o gran día.... O DÍA GRANDE DO ENTROIDO!!!

E que ben o pasamos... como o disfrutamos!!!!

Este ano no Couceiro fixemos un percorrido por distintas épocas históricas e da man dos trogloditas, medievais, indios, vikingos e os locos, loquísimos anos 20 repasamos con moita troula estes momentos da historia.

Primeiro no colexio, desfilando e mostrandolles a todos os compis e profes as nosas galas de Entroido e despois polo pavillón, onde se congregaron cantidade de familiares e amigos que quixeron sumarse á nosa festa.

Alí afinamos voces para compartir con todos as nosas cantigas de Entroido, e xa de volta no cole... FESTA RACHADA!!!!
Demos conta das filloas, orellas, torradas.... baile, música e moita, moita LEDICIA!!!




Aquí tedes as letras das nosas cantigas:



MOITAS GRAZAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO COUCEIRO FREIJOMIL POLA COLABORACIÓN NA FESTA!!