Un curso máis, e xa van moitos dende que comezaron a súa andaina no ano 2009, as MOCHILAS volven viaxar ás casas dos nenos e nenas do Couceiro.
Durante os pasados días os membros do EQUIPO DE BIBLIOTECA traballaron arreo para ter listas, o máis axiña posible, as mochilas.
cturas...Todas van cheas de libros, pelis, música,... para encher o tempo de lecer coas vosas familias.
Cada mochila contén información para as familias, normas, contidos e un CADERNO VIAXEIRO no que o alumnado poderá debuxar, facer comentarios ...
Por último, as familias tamén poderán realizar os comentarios e suxestións que consideren oportunas nun apartado dentro do caderno.
Lembrade, unha folla do caderno por nen@.
As mochilas sairán do colexio os venres e retornarán os xoves.
Desde a biblioteca GÜINO desexa que teñades un curso cheo de boas lecturas.
viernes, 17 de octubre de 2014
martes, 30 de septiembre de 2014
Mafalda... 50 anos!!
50 ANIVERSARIO
PARABÉNS
MAFALDA!!!
Mafalda, o mítico personaxe creado por Quino, gañador do premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades este mesmo ano, cumpre 50 anos.
Medio século de inconformismo infantil trufado de certeras e irreverentes frases e un sempiterno odio á sopa que comezaron a publicarse en forma de tira cómica un 29 de setembro de 1964 na revista semanal arxentina "Primera Plana"...
Comezamos un novo curso!!
Comezamos este novo curso 2014/15 cargados de enerxía e con moitas ganas de que vivades moitas aventuras na nosa BiblioCouceiro!!!
Güino, e todo o seu equipo de colaboradores, queremos darmos unha agarimosa benvida e desexaros un bo comezo de curso e, coma sempre, boas lecturas!!!
martes, 17 de junio de 2014
Bo verán, sempre con libros!!
Outro curso que remata xa, e chega o esperado verán, e as ansiadas vacacións...
Dende Xardín do Pasatempo queremos recomendarvos algúns libros e contos que parécenos que vos gustarán e poden encher de aventuras estes días de verán...
Gozade moito e vémonos en Setembro!!
Dende Xardín do Pasatempo queremos recomendarvos algúns libros e contos que parécenos que vos gustarán e poden encher de aventuras estes días de verán...
Gozade moito e vémonos en Setembro!!
lunes, 26 de mayo de 2014
Encontro con Iago.
O alumnado do PRIMEIRO CICLO de PRIMARIA asistiu a un encontro co contacontos IAGO. Previamente prepararan o conto O APRENDIZ DO HOME DO SACO nas respectivas aulas e neste encontro con IAGO, participaron, comentaron, reviviron...esta hiostoria e pasaron un rato moi, moi divertido con este home moi vello que estaba amolado porque o seu único fillo non quería herdar o seu oficio. Todos os días o pai, chovese ou non, tiña que ir traballar, mentres o fillo quedaba estomballado na casa agardando a hora do xantar. Pero un día todo cambiou: o pai enfermou e o rapaz tivo que aprender en pouco tempo os trucos para ser un bo home do saco.
contacontos anaya from JULIO PAMPIN COLOMA on Vimeo.
jueves, 22 de mayo de 2014
Día de Europa.
O alumnado de Atención
Educativa de 6º de primaria está a desenvolver este curso o
Proxecto “A Unión Europea”.
Nunha 1º fase
elaboraron, en pequenos grupos, fichas técnicas dos países membros da
UE. Baseándose nestas fichas e utilizando o “libreofficeimpress”
realizaron unha presentación audiovisual de cada país.
Ao remate puxéronse
en contacto coas embaixadas para recompilar materiais (DVD, CD
música, mapas,selos,...)
A exposición sobre
Europa que está aberta ao público na entrada do noso centro dende o
DÍA DE EUROPA( 9 de maio) recolle os materiais achegados polas
embaixadas e os elaborados polo alumnado.
Ao remate do proxecto
cada grupo presentará os países traballados acompañándose da
presentación por eles elaborada ao resto do alumnado de 6º.
Letras Galegas 2014
O pasado 16 de maio celebramos, como todos os anos, o FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS.
Este ano 2014 estivo adicado ao poeta da XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO do que o alumnado de sexto realizou un percorrido pola súa biografía e a súa obra, para que toda a comunidade educativa coñecese máis a fondo a un dos mellores escritores galegos do século XX.
Posteriormente realizouse a presentación pública dos dous CONTOS VIAXEIROS realizados colaborativamente por todo o alumnado do colexio ao longo do presente curso.

Por último tivo lugar a fase final do VI CERTAME DE POESÍA "COUCEIRO FREIJOMIL" e que, como en anos anteriores, rexistrou un importante número de participantes e un aumento na calidade das poesías presentadas conseguido co traballo previo realizado nas aulas sobre distintas técnicas de realización da poesía.
PREMIOS:
Rematou o acto con todos os asistentes cantando e bailando coa cantiga de Paco Nogueiras O MEU MUNDO É!!!, e bailando no patio coa música de Los Fenómenos!!Este ano 2014 estivo adicado ao poeta da XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO do que o alumnado de sexto realizou un percorrido pola súa biografía e a súa obra, para que toda a comunidade educativa coñecese máis a fondo a un dos mellores escritores galegos do século XX.
Posteriormente realizouse a presentación pública dos dous CONTOS VIAXEIROS realizados colaborativamente por todo o alumnado do colexio ao longo do presente curso.

Por último tivo lugar a fase final do VI CERTAME DE POESÍA "COUCEIRO FREIJOMIL" e que, como en anos anteriores, rexistrou un importante número de participantes e un aumento na calidade das poesías presentadas conseguido co traballo previo realizado nas aulas sobre distintas técnicas de realización da poesía.
Hai que dar os parabéns a tod@s polo esforzo e calidade dos
traballos presentados.
- Educación Infantil: premio colectivo.
- 1º ciclo:
- Daniel Gonzalez Herreros - 1ºA - (1º Premio)
- Sabela Días Rodríguez - 1ºB - (finalista)
- Celia Freire Bouza - 2ºA - (finalista)
- 2º ciclo:
- Pablo Gómez Prego - 3ºB - (1º Premio)
- Marta Meizoso Pereira - 3ºA - (finalista)
- Diego García Legarra - 4ºA - (finalista)
- 3º ciclo:
- Cástro Regueira Dosil- 5ºB - (1º Premio)
- Daniel Arias Fachal - 6ºB - (finalista)
- Yashmina Díaz Martínez - 6ºB- (finalista)
lunes, 5 de mayo de 2014
Chegan os Maios 2014!!
Coma todos os anos, celebrouse no noso centro a tradicional festa dos Maios.
Este ano foi o día 30 de abril, data na que coa colaboración de toda a comunidade educativa, realizáronse catro maios, un por cada ciclo.
As familias aportaron verde (fiuncho, hedra, xestas e mirto entre outras) e flores de todo tipo; e ademáis en Infantil e 1º ciclo de primaria contamos coa magnífica colaboración de nais, pais e ata algún avó, que non dubidaron en poñerse mans a obra para que os Maios quedaron así de bonitiños!!!
A actividade nos días 29 e 30 de abril foi frenética en todo a centro co fin de ter a punto os maios para o desfile.
O resultado foron catro preciosos maios que podedes ver nestes videos.
O tempo impediu que o traballo lucirase no patio exterior, pero o desfile polo corredor principal do centro tamén é magnífico, non sí?
O día 1 un equipo de mestres, alumnos e familiares pasearon os Maios e as cantigas eleboradas conxuntamente pola vila e acudiron ao concurso organizado polo Concello.
Foi unha mágoa que esté ano non levaramos ningún premio porque un traballo como o realizado pola nosa Comunidade Educativa é sempre de admirar e gabar.
Por todo isto, NORABOA A TODOS, E MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR CON TANTA ILUSIÓN!!!

martes, 29 de abril de 2014
Xildas
.jpg)
Recibimos de novo a visita de ANTONIO M. FRAGA, para compartir co CLUB DE LECTURA unha xornada en torno aos trasnos. O autor de XILDAS, o primeiro libro publicado deste autor eumés e exalumno do centro compartiu co alumnado do CLUB as aventuras deste trasno que vive nas fragas.
Antonio inspirouse nas súas vivencias de cativo en Pontedeume e os seus paseos polas FRAGAS DO EUME para escribir esta historia chea de tenrura e solidaridade que entusiasmou aos seus lectores.
Foi unha xornada moi grata, chea de sentimentos e lembranzas dos anos de mocidade do escritor. O alumnado prantexoulle moitísimas preguntas e consideracións sobre os protagonistas e situacións desta historia.
Grazas Antonio e ata sempre nesta a túa casa!!!
antonio manuel fraga2 - Movie Maker
Etiquetas:
animación,
club de lectura,
escritores,
visitas
Álbum bilingüe
Nas tres últimas semanas do trimestre
pasado encheronse, por cuarto ano consecutivo, os corredores de nenos e nenas
do centro á procura de cromos e vocabulario.
Trátase do ÁLBUM BILINGÜE que neste curso 2013- 2014 tivo como temática "OS BICHOS".
O noso alumnado, dividido en grupos, ten que completar o álbum o antes posible, pegando os cromos e escribindo o nome dos animais en galego ou inglés segundo corresponda.
Sempre resulta un éxito de participación e cooperación entre os diferentes equipos e diferentes niveis de idades pois teñen que intercambiar cromos entre todos eles para completar o álbum.
Esta actividade, na que participou todo o alumnado do centro, estivo coordinada polo Departamento de Inglés e polo EDNL do colexio.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)

.jpg)