viernes, 26 de abril de 2013

Día do Libro con...



...   MUSICREQUES...                                                                                                      Dentro das actividades do Día do libro, presentámoslle ao noso alumnado de E. Infantil e Primaria   (1º e 2º ciclos) o espectáculo AS AVENTURAS DE QUEBRANOCES, representación con monicreques dunha adaptación do conto de HOFFMANN "QUEBRANOCES E O REI DOS RATOS" con música en directo da suite O QUEBRANOCES de TCHAIKOVSKY.
Loreto e Alma, compoñentes da recén creada ASOCIACIÓN MUSICAL "MUSICREQUES" presentaron un espectáculo completísimo  combinando o teatro de monicreques, o audiovisual e a música en directo, pois ambalasdúas son prefesoras de piano no COSERVATORIO DE MÚSICA DE FERROL.
         Aínda que o seu obxectivo fundamentar é o da promoción da música, debido á faceta profesional das compoñentes da ASOCIACIÓN, prantexan outros relacionados  co fomento da lectura, da narración e da participación do alumnado que é moi activa ao longo da representación. Parabéns a MUSICREQUES polo traballo ben feito e moitos éxitos no futuro a esta nova ASOCIACIÓN MUSICAL... En definitiva,  un gran día de música e contos...
(Premede co rato na seguinte imaxe para ver un video)





...JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO...
Un dos actos da celebración do DÍA DO LIBRO 2013 foi  a visita ao CLUB DE LECTURA de JACOBO FERNÁNDEZ SERRANOMáis de CEN alumn@s do SEGUNDO e TERCEIRO CICLO de primaria  participan este ano no CLUB,   como sempre,  de xeito totalmente voluntario.

Hoxe,  chegou o momento tan agardado por tod@s,  chegou o momento de preguntar, de compartir de aprender un pouco máis deste escritor/ilustrador. Chegou o momento de coñecer algo máis destas historias que limos, que comentamos, que   descubrimos ao longo do segundo trimestre do curso e que  nos axudaron  a compartir,  a rirnos, a emocionarnos xuntos...Foi unha xornada moi ben aproveitada, a presenza de JACOBO non defraudou a ninguén e tivemos respostas  a uncha chea de preguntas, de curiosidades, de novos coñecementos sobre  os libros, sobre as personaxes e sobre o traballo diario dun escritor-ilustrador e o tempo pasou axiña... que mágoa!!! ... pero no noso corazón queda a lembranza  da súa presenza, de LINA, POUCO, HEDIÓN, PROPICIO, o gato KANDÁS,... as FORMIGAS,  a XIRAFA, as SETE PRINCESAS...  e das súas palabras cheas de motivación para a animación á lectura...dende agora poderemos proclamar aos catro ventos que ... MIL COUSAS PODEN PASAR... SE LES!!! Grazas, JACOBO e... ata a próxima!!!



 


...TEATRO...


Como o 27 de marzo, DÍA MUNDIAL DO TEATRO, coincidiu este ano en plenas vacación de Semana Santa,  e no noso centro as representacións teatrais teñen longa tradición dende hai moitos anos, decidimos programar as representacións deste ano coincidindo co DÍA DO LI BRO. En definitiva libro/tatro, teatro/libro foron, van e irán sempre da man.
Tres foron as obras representadas (preme nas fotos para ver os videos):

O alumnado de 4º:
"A VERDADEIRA HISTORIA DE CARAPUCHIÑA VERMELLA"






O alumnado de 5ºB:
"O ESPANTALLO QUE NON QUERÍA SER ESPANTALLO"





O alumnado de 6ºA: "FARSA E XUSTIZA DO COMENDADOR"


Parabéns a todas e a todos polo esforzo realizado, interpretacións, decorados, vestiario...TODO XENIAL!!!










lunes, 22 de abril de 2013

Día do Libro 2013...

Un ano máis celebramos, como se merece, esta data tan importante no calendario da nosa BIBLIOTECA.  

Contaremos con dúas actividades centrais. A primeira e a visita de JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO, escritor e ilustrador do que traballamos ao longo do segundo trimestre os libros MIL COUSAS PODEN PASAR e A PEDRA E AS FORMIGAS no CLUB DE LECTURA

A segunda actividade é a representación de varias obras de teatro a cargo do alumnado dos cursos 4º, 5º B e 6º A de PRIMARIA, xa que a data do DÍA MUNDIAL DO TEATRO coincidiu en plenas vacacións de Semana Santa...e o teatro sempre ocupou un lugar preferente nas actividades do centro e este ano non podía quedar en branco...faltaría máis...!!!

martes, 16 de abril de 2013

O "Silbo Gomero".... clase de Lingua!!!


Grazas á  ASOCIACIÓN CULTURAL LIBRE DE PADERNE "ROXÍN  ROXAL",  tivemos a posibilidade de ter no noso centro a  ROGELIO BOTANZ, mestre de música, cantautor e mestre de SILBO GOMERO

Foi unha auténtica clase de lingua onde o   alumnado do centro , dende infantil aos maiores de primaria,  poido comprobar todas as posibilidades inimaxinables  que ofrece esta linguaxe asubiada,  OBRA MAESTRA DO PATRIMONIO INMATERIAL DA HUMANIDADE - UNESCO 1999, participando activamente na sesión e,....nas horas e días seguintes. Foi todo un éxito...inesperado!!!. 

Grazas de novo a ROXÍN ROXAL,  a ROGELIO e aos nenos canarios que o acompañaron Carlos e Marcelo.

.


Máis vídeos en CELECOFRE   http://celecofre.blogspot.com.es/

lunes, 1 de abril de 2013

Con P de Poesía

O pasado 21  de marzo, como todos os anos e conincidindo co comezo da PRIMAVERA, celebramos o DÍA DA POESÍA.   
Eleximos como eixo central da xornada o libro de LEO LIONNI tiulado "FREDERICK", libro cheo de poesía desde o comezo ata o final. Este libro foi  utilizado por CARLOS NEGRO na súa conferenciaPRACERES INTENSOS, PRACERES ESCUROS:  POESÍA E CHOCHOLATE  dentro das XORNADAS DE LECTURAR LITERARIA organizadas polo CFR de FERROL  
CARLOS NEGRO utilizou distintos parágrafos deste conto para amosar aos asistentes ás XORNADAS  a alma da poesía e nós trasladámolo  ao noso alumnado facendo unha lectura dramatizada do mesmo que preparou un grupo de alumn@s de sexto e que lles presentaron ese día a todo o alumnado do colexio. 

Aproveitouse tamén o acto para presentar o   V CERTAME DE POESÍA "COUCEIRO FREIJOMIL"  ao que se lle dedicará todo o mes de abril traballando a poesía na BIBLIOTECA e nas  diferentes aulas e,  posteriormente o alumnado presentará as súas poesías ao certame. A    fase final do mesmo  terá lugar nos actos do 17 de maio DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
                             

martes, 12 de marzo de 2013

Día da Muller Traballadora

O pasado día 8 de marzo conmemoramos no noso centro o DÍA DA MULLER TRABALLADORA 2013
O alumnado do TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA  realizou un traballo de investigación recopilando datos sobre  catro bloques
fundamentais: MULLERES PIONEIRAS, MULLERES NA HISTORIA, MULLERES NA ACTUALIDADE  e por último sobre as MULLERES EUMESAS


O resultado foi a elaboración dun conxunto de elementos  expostos sobre siluetas femininas no corredor do colexio configurando un mural informativo que foi  visitado ao longo deste día polo alumnado do centro que acudiu á   exposición acompañado polos seus titores e que serviu de motivación e coñecemento para os traballos posteriores nas diferentes aulas.   
                                                                                                  

lunes, 4 de marzo de 2013

Patri e Alex

O pasado xoves os contacontos da editorial Kalandraka, Patri e Alex, visitaron o noso centro para compartir cos nenos e nenas de 4 e 5 anos algunhas das súas historias.

Empezaron coa historia "Os petos de Loreto", e con o seu orixinal abrigo como fío conductor contaron e cantaron "A galiña roxa" e "Gatiño e balón".

Todos, alumnos e mestres, desfrutamos moito da experiencia e esperamos con moitas ganas as novas historias do próximo curso!!




Moitas grazas Patri e Alex!

lunes, 25 de febrero de 2013

Día de Rosalía

O día 24 de febreiro conmemoramos o nacemento , no ano 1837, de ROSALÍA DE CASTRO, unha das poetisas máis importantes da nosa literatura. Este ano, ademais, celénbranse os 150 anos da  publicación de CANTARES GALLEGOS, o libro que inaugura o REXURDIMENTO.

A ASOCIACIÓN DE ESCRITORAS E ESCRITORES EN LINGUA GALEGA está a promover a difusión desta data e este ano quixeron traballar na lectura colectiva de  "CANTARES GALLEGOS". Nós desde o noso centro, realizamos a gravación do recitado do seu poema universal CAMPANAS DE BASTABALES que foi remitido á citada asociación para formar parte, xunto con moitos outros centros de galicia deste traballo colaborativo de lectura colectiva.
Para saber máis sobre ROSALÍA (Premede nas imaxes da escritora), podemos traballar na unidade didáctica elaborada por Cristina Corral e compartida no blog "OS POEMAS DO RÍO",  e a presentación realizada por RAIOTECA do CEIP  de ANDRADE. Grazas polo traballo colaborativo de tan estupendos traballos.




miércoles, 20 de febrero de 2013

Emilio Pascual Martín no Couceiro

O vindiro xoves 21 de febreiro teremos no Couceiro  ao editor, poeta, narrador, traductor e crítico EMILIO PASCUAL MARTÍN autor de libros como DÍAS DE REYES MAGOS, premio LAZARILLO de literatura xuvenil (1998)  e PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL (2000).
Acudirá ao noso centro non para estar con todos vós, como é o habitual  cando nos visitan os diferentes escritores e ilustradores que pasan polo colexio, senón para impartir unha conferencia a un amplo grupo de mestres da zona de FERROLTERRA. O título da conferencia  será "BIBLIOTECAS. RESERVAS PARA EL INVIERNO DEL ESPÍRITU"  e forma parte das XORNADAS DE LECTURA LITERARIA. BIBLIOTECAS ESCOLARES PARA LECTORES DO SÉCULO XXI organizadas polo CFR (Centro de Formación e Recursos) de FERROL. Esperemos que algún día poida estar con todos vós. Publicamos tamén o traballo realizado pola biblioteca FESQUÍO con motivo da visita realizada por EMILIO PASCUAL o pasado ano ao IES FERNANDO ESQUÍO DE NEDA.

lunes, 18 de febrero de 2013

Exposición "O humor e os dereitos da infancia"

Hai unhas semanas estivo aberta a toda a comunidade educativa do centro a exposición itinerante que leva por título O HUMOR E OS DEREITOS DA INFANCIA facilitada polo MUSEO DO HUMOR DE FENE. É unha exposición de humor gráfico na que se inclúe unha selección de debuxos de diferentes ilustradores/as de todo o mundo. Entre os artistas que expoñen salientan nomes como Salas, Pinto&Chinto, Quico, Tonisavski, Martirena,  malagón, Harca, Ermengol, Elena ospina ou Ronaldo. o obxectivo da mostra é facer reflexionar á sociedade sobre un tema tan importante como son os dereitos dos nenos/as pero en clave de humor. O alumnado visitouna  acompañado dos seus titores  realizando traballos de investigación que anotaron nun caderno que se lles facilitou  elaborado polo EQUIPO DE BIBLIOTECA coa colaboración de O RECANTO DE MIK do IES DE FENE. A exposición tivo moito éxito, non só entre o alumnado, senón tamén entre as familias e outros visitantes da vila pois foi anunciada en diferentes  lugares públicos como a BIBLIOTECA MUNICIPAL.

martes, 22 de enero de 2013

Club de Lectura

Comezamos  coas adividades do CLUB DE LECTURA con dous libros do escritor e ilustrador   JACOBO  FERNÁNDEZ SERRANO. "MIL COUSAS PODEN PASAR"  e  "A PEDRA E AS FORMIGAS", coa gran novidade para este curso como é a incorporación do alumnado do SEGUNDO CICLO. Podedes seguir as actividades do noso CLUB pinchando á esquerda onde atoparedes o CLUB DE LECTURA. Aquí queda o saúdo de JACOBO e a súa dedicatoria para todos vós.