domingo, 16 de enero de 2022

PREPARÁNDONOS PARA O DÍA DA PAZ

O "Día Escolar da Non-violencia e a Paz" ( DENIP), fundado en 1964 e coñecido tamén como o  Día Mundial ou Internacional da Non-violencia e a Paz.  Celébrase o 30 de xaneiro e é unha iniciativa pioneira, non estatal, non gobernamental, non oficial, independente, libre e voluntaria de Educación Non violenta e  Pacificadora, practicada xa en escolas de todo o mundo e á que están convidados a participar os centros educativos de todos os países. Celébrase con motivo do aniversario da morte de de  Mahatma  Gandhi, o home da “alma grande”, que coa súa loita pacífica e as súas accións de non violencia, conseguiu que a independencia da India, o seu país natal, fixésese realidade. 





Gandhi naceu en Porbandar, India, en 1869, e tras graduarse en dereito en Inglaterra, instalouse en África do sur e loitou alí contra a discriminación de que eran obxecto os indios. Ao volver á India organizou a resistencia non violenta contra o colonialismo e a non cooperación coa administración inglesa. Tratou de frear os choques entre hindús e musulmáns. Encarcerado en numerosas ocasións, era en 1937 o líder dun movemento independentista capaz de mobilizar ou deter a millóns de indios.

Por outra banda, tamén celebramos nesta xornada o Día Escolar da Non-Violencia e da Paz. Este foi fundado en 1964 polo Inspector de Ensino Lorenzo Vidal. É definida como unha xornada educativa de pacificación, co fin de levar aos educandos polo medio da reflexión persoal ao descubrimento da mensaxe fundamental de que "o amor é mellor que o odio, a Non-violencia mellor que a violencia e a paz mellor que a guerra" (Vidal, 1972).


VÍDEOS PARA ESTE DÍA.
















Podedes descargar estes contos  premendo  nas  imaxes: 
Irene continúa a súa viaxe polo mundo recompilando contos populares de distintas culturas. Nesta ocasión, visita ao seu amigo saharauí  Gali, que vive nun dos campamentos nos que se refuxiou o seu pobo tras a cesión do  Sahara Occidental a Marrocos hai 30 anos. Coa visión dunha nena de 9 anos, Irene explícanos os costumes saharauís e introdúcenos nas súas lendas, coas que a avoa de  Gali ameniza as tardes no deserto. Para  nenos e neas de  6 a 10 anos.






A NOSA EXPOSICIÓN














sábado, 25 de diciembre de 2021

BIBLIOTECA INCLUSIVA

Rematamos esta primeira avaliación aumentando os fondos bibliográficos da nosa biblioteca inclusiva. No seguinte PDF atoparedes información sobre a mesma.

Bo Nadal!

jueves, 16 de diciembre de 2021

LEANDRO LAMAS NO NOSO PDI+ARTE

O alumnado de primeiro e segundo queren traballar cadros do artista galego Leando Lamas.

Desde 1998 dedicado ao mundo da pintura, realizou exposicións principalmente en Galicia, aínda que tamén participou en exposicións en España e Portugal.

Algúns dos lugares nos que expuxo a súa obra son Galerías Sargadelos de Ferrol e Lugo, Galería  Visol en Ourense, Auditorio  Ceutí en Murcia…

Ademais da realización de cadros, o seu traballo esténdese a outras obras como murais, ilustración, etc.

Os nenos e nenas de 1ºB traballaron catro cadros do pintor galego Leandro Lamas, seguindo a parte de ARTE do noso PDI, e a gañadora foi Olivia Ruíz Pérez, de 6 anos de idade, que traballou esta muller embarazada, seguindo o orixinal, cun grande acerto e un enfoque artístico marabilloso. 



Nos andeis da nosa biblioteca atoparedes libros ilustrados por Leandro, seguro que vos soan xa que este autor ten unha forma moi orixinal de debuxar e as súas ilustracións están cheas de cor.
Espero vervos pronto na nosa biblioteca!





martes, 14 de diciembre de 2021

PDI + ARTE NO PRIMEIRO TRIMESTRE

Ao longo deste primeiro trimestre os nenos e nenas de 6º de primaria e a través de  3 pintores impresionistas: Pissarro, Monet, e Sargent, e do modernista Klimt estamos elaboraron catro  cadernos en cada clase. Cada grupo (4, 5 ou 6 compoñentes) analiza o artista, a súa obra e época, o uso da cor e tamén a partir da observación do cadro escollido. O seu obxectivo ñe  crear na segunda avaliación pequenas obras literarias traballando tanto o xénero dramático como a prosa  e a lírica. E achegarse a eses dous movementos artísticos noutras artes:

Ao remate desta tarefa terán en cada aula catro albumes sobre os autores e a súa obra, que pasará a formar parte das nosas producións propias  logo de presentala ao resto da escola.

Se queredes saber máis podedes visitar o blog de sexto. Deixo o enlace ao mesmo.

BLOG SEXTO








jueves, 2 de diciembre de 2021

RECOMENDACIÓNS NADAL

 

Un ano máis chega o Nadal, unha época de ledicia, de festas, lecer... e desexos!

Sabemos que estaredes escribindo as cartas aos Reis Magos, a Papá Noel ou ao Apalpador, e para que poidades incluir nelas algúns libros e contos, o equipo de "BiblioCouceiro" preparamos unhas recomendacións que cremos que vos gustarán moito!

Podedes coller un tríptico aos pés de Güino!







Durante estes días estarán expostas estas recomendacións na biblioteca para que poidades botarlles unha ollada.






Neste trítico atoparedes as recomendacións para este Nadal.









domingo, 28 de noviembre de 2021

25- N: A ÁRBORE DO RESPECTO DO CEIP COUCEIRO FREIJOMIL, DEIXANDO AS NOSOA PEGADA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Fixemos unha sinxela actividade que nos permitiu usar unha vez máis as fantásticas instalacións da nosa escola, conretamente a nosa biblioteca escolar que se encheu de pegadas contra a violencia de xénero. O resultado final quedou moi bonito e agora está colocado na entrada da nosa escola, para que toda a  comunidade educativa vexa o noso traballo contra a violencia todos e cada un dos días que veñan ao cole.





















Na clase das vaquiñas ademais estiveron a facer diferentes actividades. Traballaron co conto palabras con corazón. No seguinte vídeo podedes escoitar este conto tan bonito.

Se premedes nos seguintes enlaces atoparedes un resumo fotográfico dalgunhas actividades que estiveron a desenvolver nas aulas.

BLOG DE PRIMEIRO

Enhoraboa a todos e a todos polo traballo.


domingo, 21 de noviembre de 2021

25N A ÁRBORE DO RESPECTO, DEIXANDO A NOSA PEGADA CONTRA A VIOLENCIA

O vindeiro xoves 25 de novembro celebraremos o Día contra a violencia de xénero.

Reivindicaremos a loita contra esta violencia construíndo entre todos e todas unha simbólica árbore empoderando o respecto e os valores cívicos.
Tentaremos achegar o noso granito de area á loita contra a violencia e a nosa defensa do empoderamento do respecto pola igualdade de xénero. Para elo, construiremos entre tos e todas unha bonita árbore formada polas pegadas dos nenos, nenas e mestres e mestras do CEIP Couceiro Freijomil.
Para poder traballar ao longo desta semana atoparedes moitísima información na rede e nos andeis da nosa biblioteca ademais  achégovos algunhas suxestións por se fora do voso interese.
Bicos de Güino. 









SuperLola A superheroína que máis mola.


Contos para tratar a violencia de xénero cos vosos alumnos e alumnas.











miércoles, 17 de noviembre de 2021

MANIFESTO DO PEÓN E MAGOSTO

Estes días tivemos na biblioteca unha exposición que acompañaba ao Manifesto do Peón. Nela atopáchedes unha recopilación de traballos de elaboración propia que fixeron alumnado do cole. Recollín en  imaxes o resultado.










A continuación  vos deixo un vídeo que fixeron os mestres e mestras que pertencen ao Equipo de dinamización das TICs do noso cole, nel recollen as diferentes actividades que desenvolvimos ao longo destes días. Espero que vos guste.  
O voso amigo Güino.







lunes, 8 de noviembre de 2021

TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN 5º E 6º: OUTONO

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º levaban un tempo traballando sobre distintos temas relacionados co outono: Samaín, Peón,  Outono ou  Cogumelos. Tamén fixeron nas áreas de inglés e francés diferentes investigacións sobre Hallowen.

Xa podedes gozar da exposición que atoparedes no segundo andar do cole. Os vosos compañeiros e compañeiras esperan que aprendades moitas cousas a través dos seus traballos.

O voso amigo  Güino.








jueves, 4 de noviembre de 2021

CARTEL PDI 2021-22

Como sabedes o venres 22 de outubro participastes nunha votación na que decidiades o tema sobre o que traballaredes os próximos meses. E o tema gañador foi ARTE.
Despois duns días de reflexión aquí déixovos o cartel do noso PDI.
Espero que vos guste.
Güino