Xa temos a videomontaxe da festa do Samaín no noso cole.
Parabéns pola vosa participación que axuda a manter as nosas tradicións.
Güino
Xa temos a videomontaxe da festa do Samaín no noso cole.
Parabéns pola vosa participación que axuda a manter as nosas tradicións.
Güino
Dende o Equipo de Dinamización da Língua Galega propuxéronnos facer un acróstico, unha composición poética ou normal na que as letras iniciais de cada verso ou oración, lidas en sentido vertical formarán o nome de cada neno ou nena, e en sentido horizontal falarán do outono.
Posteriormente queremos facer un libro de produción propia do que poderedes gozar na nosa biblioteca.
Un acróstico é unha composición poética na que a primeira letra de cada verso forma unha frase ou nome cando se agrupan en vertical. As palabras reveladas evocan a imaxe literaria, o concepto ou a dedicatoria do poema.
A expresión deriva das palabras gregas àkros, que quere dicir 'extremo' e stikhos, que quere dicir 'liña ou verso'. Aínda que o termo acróstico restrínxese a esta noción, existen variacións que se tamén popularizaron: o mesóstico, que leva as letras da palabra ou frase crave no medio, e o teléstico, que as leva ao final.
Tamén existe o acróstico alfabético que, como o seu nome indícao, forma cada verso para partir unha letra do abecedario, seguindo a orde convencional do mesmo.
Aparentemente, o acróstico puido ter a súa orixe na antiga Grecia, de onde tomaría o seu nome. Con todo, hai quen sosteña que se orixinou na literatura provenzal.
Os acrósticos fixéronse moi populares na lingua castelá a partir da publicación da traxicomedia A Celestina, atribuída a Fernando Vermellas e escrita cara a finais do século XV. Isto débese a que o autor incluíu un preámbulo escrito en acróstico.
Enhoraboa a todos e a todas polo resultado. O podedes ver no seguinte vídeo.
Güino
O vindeiro venres 29 de outubro celebraremos o Samaín no cole. Traede as vosas cabazas
Aquí vos deixo unhas suxestións para facer a vosa propia cabaza.
Halloween, Samaín ou Todos os Santos, as celebracións arredor do primeiro de novembro veñen de antigo e chegan ata nós máis ou menos transformadas. Na súa versión máis profana ou xa cristianizadas, todas teñen unha orixe común nas culturas indoeuropeas, que festexaban arredor desta data a fin do verán e, con iso, o comezo dun novo ciclo agrícola e tamén dun novo ano, que nacía coa estación escura. Neses días de transición, os espíritos dos mortos andarían entre os vivos, mellor ou peor recibidos. E desa crenza precisamente derivan moitos dos ritos que se manteñen aínda hoxe.
Despois de séculos de reciclaxe festeira os costumes iniciais indoeuropeos mesturáronse con outros achegados polos romanos e mesmo se lles superpuxo, co tempo, a celebración instaurada pola Igrexa para venerar todos os santos dunha vez. O resultado foi que o sentido da celebración orixinaria se perdeu en boa parte de Europa mais si que se mantivo no esencial no chamado espazo celta. Desde alí, da man dos emigrantes irlandeses, saltou no século XIX ata América, onde curiosamente estes ritos pagáns se popularizaron baixo unha denominación, Halloween, procedente da expresión escocesa All Hallows’ Eve (‘a véspera de Todos os Santos’), que botaba un pouco de verniz cristián para camuflar calquera alento druída.
E por fin, desde os Estados Unidos, e convertido xa máis ben nunha festa de disfraces, o Halloween espallouse a moitos outros países. Entre nós, percibíase certa resistencia a copiar esta moda en principio tan allea pero tamén xurdiu a reivindicación de que aquí, tempo atrás, ese día tamén se andaba metendo medo con cabazas arrepiantes ou con nabos, nos menos dos casos. E, xa que se trataba de volver ás orixes indoeuropeas, recuperouse tamén o nome que se lle daba a este rito na cultura celta: samaín, resultado de combinar no irlandés antigo sam ‘verán’ e fuin ‘fin’.
Do Halloween dos norteamericanos ou do Samaín céltico hai quen di que tan inventado, entre nós, é un coma outro, xa que non hai referencias históricas que aboen a súa autenticidade. Sexa como for, o que resulta innegable é o éxito da proposta, cando menos para as grandes superficies e centros de ocio infantil.
Información obtida do seguinte enlace https://portaldaspalabras.gal/lexico/mira-que-din/samain/
No seguinte vídeo tedes algunhas claves para distinguir o Samín do Hallowen.
Esta semana que empezamos centrará os actos do Samaín na nosa escola:
Os proxectos documentais integrados (PDI) son actividades nas que o alumnado, ademais de investigar sobre un tema ou problema concreto, familiarízase cos mecanismos de procura de información e traballo intelectual empregando para iso os recursos documentais da Biblioteca Escolar.
Son proxectos porque se desenvolven mediante unha metodoloxía activa e colaborativa para desenvolver competencias básicas. Son documentais porque a partir dos documentos que atesouran as nosas bibliotecas escolares axudan a que o noso alumnado constrúan o seu coñecemento, sexan creativos e capaces de comunicar o que entenden. Por fin, son integrados porque ademais permiten integrar aprendizaxes de diferentes disciplinas e serven para achegar o mundo escolar á vida corrente.
Dende a biblioteca ampliamos os nosos fondos bibliográficos buscando libros dos tres temas que os nenos e nenas votaron o 22 de outubro.
Aquí vos deixo un vídeo resulo.
Güino
O xoves 14 de outubro e o venres 15 repartíronse os maletíns viaxeiros deste curso 2021-22.
Non vos podedes imaxinar a alegría que sentín ao escoitar os vosos berros de ledicia cando entraba polas portas das vosas aulas!
Lembrade que os maletíns viaxeiros favorecen que a nosa biblioteca escolar entre en contacto coas familias nunha actividade que pretende a súa colaboración na vosa formación como lectores e lectoras máis novos.
Espero poder ver os vosos debuxos e suxestións nos cadernos que van dentro dos maletíns, que como poderedes comprobar teñen unha nova imaxe para que coloreedes as páxinas ao voso gusto.
Nesta entrada déixovos algunhas fotos desta actividade.
O voso amigo Güino.
Como cada ano iniciamos este
mes de setembro con moito traballo na nosa biblioteca.
Están feitos e repartidos os
carnés para alumnado e profesorado de nova incorporación.
Esperamos vervos moi pronto no noso "Xardín do pasatempo".
Para todos os que queirades
atopar ou buscar se temos no noso catálogo un libro, podedes clicar na pescuda que atoparedes no lateral esquerdo do noso blog. Ademais deixovos unha ligazón para que accedades desde a seguinte imaxe a un documento onde atoparedes un tutorial para manexarvos no uso do MEIGA.
Para todo iso tedes á vosa
disposición un correo electrónico, é o seguinte:
O voso amigo Güino.
Bicos.
Benqueridos nenos e nenas:
Quérovos dar a benvida a un novo curso. Temos moitas novidades que iredes coñecendo nas vindeiras semanas, por iso dígovos que esteades moi atentos.
Espérovos proximamente na biblioteca do cole!
O voso amigo Güino.