Este curso o Carnaval do cole centrouse nas Fragas do Eume pois o PDI dabanos moito xogo tamén para esta festa.
A flora, a fauna, as xentes da fraga, todos estiveron representados no noso Antroido, invadiron as rúas da vila e encheron o Pavillón Municipal coas súas cantigas e a súa alegría.
Os peixiños de Infantil cantáronlle ao Eume, o alumnado de Primaria aos animais, aos fentos,aos carballos, ao aire puro,ao turismo sostible do Parque Natural,...
Ollade que cantigas tan elaboradas e mirade nos videos opasarrúas, as actuacións das comparsas e ata a Queima do Antroido como Fin de Festa.
O 8 de Marzo festéxase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.
Neste día, como en todos os días da nosa escola, educamos e medramos construíndo en igualdade
Güino déixanos este videoconto para visualizar na biblioteca, nas aulas e nas casas ;logo reflexionaremos e meditaremos sobre a súa mensaxe e a actualidade, ou non, da mesma.
Tamén recoméndanos este libro, MARUXA, que ademais podedes coller prestado da exposición do Día da Muller da nosa biblioteca
Este ano ao coincidir o Día de Rosalía co Antroido o alumnado de 5º e 6º decidiu adicarlle o Día Da Muller Traballadora a Rosalía de Castro e nas súas aulas falaron de Rosalía de Castro e do feminismo pois ela foi unha feroz defensora das mulleres oprimidas socialmente e combateu contra a discriminación e maltrato de xénero.
Analizaron, fixeron debuxos, recitaron..., principalmente dúas poesías: Xan e A xustiza pola man. GÜINO achegoulles estes dous videos para motivar as súas actividades: Güino
E eles, os nenos e nenas máis vellos da escola, recitarán para todos nós o vindeiro mércores Día Internacional da Muller.
Ademais en todas as aulas recibiremos un conto da
Exposición Monográfica do Día da Muller.
Cada grupo achegarase para recoller o libro que centrará o Hora de Ler desa data.
Libros que contribuirán a traballar nas aulas a convivencia, a igualdade, a identidade de xénero,etc.
O proxecto deste curso segue desenvolvéndose en todas as aulas do cole.
Unha vez visitada a escolma bibliográfica da nosa biblioteca, andamos a investigar: Lendas, flora, fauna,arte...
Xa víchedes que kamishibai tan chulo fixeron os primeiros e segundos para o Día da Paz,non?
(Preme na imaxe para lembrar a actividade desa data)
Ollade agora canto aprenderon os nenos e nenas de 5ºB sobre a Arte na Fraga do Eume na súa visita ao Mosteiro de Caaveiro.
Os libros que chegaron hoxe á nosa biblioteca forman parte dunha colección de seis contos nos que os Bolechas describen como actuar ante aquelas situacións que os máis pequenos adoitan atopar con maior frecuencia: insolacións e queimaduras polo sol, hemorraxias polo nariz, picaduras de abellas, trabadas de animais, feridas con obxectos cortantes e queimaduras.
A maiores esta serie conta cun caderno de actividades que está nas aulas de 1º , 2º de primaria e 6º de infantil para que os nenos e nenas podan repasar o aprendido nos contos.
GÜINO anímavos a buscalos nos andeis de infantil e primeiros lectores e logo na aula poder lelos,e ademais de aprender como actuar ante calquer pequeno accidente que nos poda ocurrir , realizar os xogos que veñen no libro de actividades.
E aquí GÜINO nos deixa un xogo da CRUZ VERMELLA que tamén nos axuda a aprender como actuar ante accidentes domésticos.
Gúino enterouse de que o luns imos festexar a PAZ, e como xa é costume, imos soltar pombas mensaxeiras para que espallen os nosos desexos de Paz polo mundo.
Parece que sentiu ciumes das súas parentas as pombas e mándanos estes agasallos adiantados:
Unha cantiga que lle pediu a Paco Nogueiras. Como estivo onte na nosa biblioteca deixóunola de regalo.
Escoitade que axeitada para estas datas!!!
E unha peli tan curta como bonita,A que si!!!
NON ESQUEZADES POÑER A VOSA FOLLA NA ÁRBORE DA PAZ QUE MEDROU NA ENTRADA DO NOSO COLE.
Ademais de encher de follas o noso Carballoda Paz, fomos tod@s convidados a escoitar o conto realizado por 1º e 2º de Primaria:
"A PAZ CHEGOU ÁS FRAGAS DO EUME"
A narración levárona a cabo alumnos e alumnas de sexto. MOITAS GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN!!!
Todos os cursos do cole visitamos a biblio na hora de ler para presenciar a narración co "kamishibai".
O LUNS, DÍA 30, COMO VÉN SENDO TRADICIÓN, TODOS XUNTOS NO PATIO DE PRIMARIA, FIXEMOS A SOLTA DE POMBAS MENSAXEIRAS MENTRES O ALUMNADO DE SEXTO INTERPRETABA COAS FRAUTAS "Viva la vida" de Voldplay.
DÍA DA PAZ 2016-17 on PhotoPeach
Veu á nosa biblioteca Paco Nogueiras. Güino convidouno e el contou e cantou tres libros de Kalandraka.
Estes libros están nos andeis de infantil para todos os nenos e nenas do cole. Animádevos e levalos a casa para contarllos e cantarllos aos papás e mamás.
Lembrade que boa mañá pasamos en compaña dos libros de Kalandraka e de Paco.
Aquí estades toda e xente miúda do cole, pasando un bo rato con Paco Nogueiras.
Que boa idea tiveron Güino e Kalandraka, non é?
GÜINO buscou, para que comecemos a investigar,a bibliografía que tedes na exposición da entrada da biblioteca.
Tamén pescudando na rede seleccionou esta documentación. Premede nos enderezos para acceder ás diferentes informacións. RELACIÓN DE ENLACES WEB SOBRE OS DIFERENTES CONTIDOS DO P.D.I.: QUE É UN PARQUE NATURAL?
Comezamos un novo ano dando os primeiros paso dentro dun proxecto onde traballaremos todas as aulas do noso cole. A temática do proxecto permitiranos coñecer o patrimonio material, inmaterial e ambiental do parque natural "As Fragas do Eume", próximo ao noso colexio. Ánimo"Couceiristas", temos un semestre por diante, así que a traballar como acostumamos:"Sen présa, pero sen pausa" Para abrir boca,ollade que video tan chulo!!!
As fragas están esperándonos, seguro que xa fúchedes algunha vez pero agora imos visitalas para observar, coller información, explorar, investigar e entre todos realizar un traballo por proxectos para chegar a fin de curso sendo uns profundos coñecedores dos tesouros que agochan As Fragas do Eume.
Aquí tedes a montaxe co Festival de Nadal. Ollade os bailes, as panxoliñas, o teatro e as mensaxes de Nadal tan fermosas que elaboramos coa participación de todo o cole.
Ata o ano que vén!
Grazas ao traballo conxunto do Concello de
Pontedeume, o ilustrador Pepe Carreiro e Ediciones Bolanda, e coincidindo coas
pasadas Festas das Peras de Pontedeume, edítouse o libro infantil «Os bolechas
veñen ás Festas das Peras de Pontedeume».
Esta edición infantil ten coma obxectivo,
ademais de fomentar a lectura, mellorar o coñecemento que os peques teñen do
patrimonio da vila, xa que a família dos Bolechas aproveita a aventura para
coñecer os principais reclamos turísticos do municipio.
Comezamos o trimestre coa publicación do
libro. Premede na imaxe e veredes como coñeceron o libro os maiores de infantil xusto ao comezar o cruso.
Rematámolo coa visita do seu autor que asinou este e outros
exemplares dos Bolechas.
Pepe Carreiro ten ademais moitas outras obras. Algunhas delas, para os máis grandes do cole,podédelas atopar nos andeis de banda deseñada ca nosa biblioteca. Premede nas imaxes se queredes informarvos sobre estes comics.