miércoles, 14 de diciembre de 2016

XA CHEGA O NADAL

Cando os días son moi curtos e axiña chega a noite, cando o frío chega á nosa vila facendo que poñamos gorros, bufandas e luvas;chega o inverno e con el O TEMPO DE  NADAL.
Como cada ano Güino e os seus colaboradores traballaron arreo para ter o moble exposición cheo de novidades e recomendacións para pedir como regalo de Nadal o aos Reis.

Ollade canto traballaron!!!

RECOMENDACIÓNS NADAL - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Tamén elaboraron uns follectos que nos axudarán a pedirlle a PAPÁ NOEL ou  na CARTA dos REIS aqueles libros que máis nos gusten.








Non esquezades mirar todos os libros antes  nos andeis da entrada do noso Xardín de Pasatempos.
Este ano o noso gardán da biblioteca agasállanos con un conto para os máis pequenos e os máis grandes, xa que a todos ás veces se nos enguedellan as emocións.



DENDE A BIBLIOTECA DO COLE DESEXÁMOSVOS A TOD@S 
BO NADAL E FELIZ ANINOVO!!!

martes, 8 de noviembre de 2016

DÍA DO PEÓN E MAGOSTO

Este venres, festa do outono no Couceiro!!
 E é que, se o tempo o permite, celebramos o Magosto e o Día do Peón coas familias. Ímolo pasar en grande. Recordamos que a apertura de portas, pola avenida de Ferrol, será ás 12:15. Unha vez rematado o magosto baixaremos ao patio inferior para bailar os peóns. A festa rematará sobre as 13:30. Esperámosvos!

 Para preparar a festa, ollade o que  aquí nos deixa Güino.



Ollade que mural tan bonito e que textos tan traballados!



E por último os amigos de Brinquedia, mándanos este "Manifesto" para ler antes de lanzar os peóns a bailar o Día de San Martiño. Premede na imaxe para desfrutar das palabras de Xabier DoCampo.


Se chove, que chova! Nós non íamos quedar sen festa. Mágoa que o mal tempo non nos deixara estar nas pistas para facer a festa coas familias!





viernes, 28 de octubre de 2016

O SAMAÍN NA ESCOLA

Hoxe na nosa escola houbo unha gran excitación. Foi o cumio de todas as actividades do Samaín:






Expuxemos as caveiras; na "Hora de Ler", á luz das lanternas, limos contos de medo; o alumnado de 5º, na biblioteca, amosoulle as súas terroríficas narracións aos compañeiros, os corredores quedaron cheos de feitizos, ilustracións e pequenos textos elaborados nas aulas.Que ben o pasamos este Samaín!!!
Aquí vós queda unha mostra dos contos que encheron as nosas aulas. Son os "Contos de Medoooo!" de 5º de Primaria.
(Podedes arrastrar ou ampliar para lelos mellor)




















lunes, 24 de octubre de 2016

24 de outubro DÍA DA BIBLIOTECA

"Alguén me contou que o 24 de outubro é o Día da Biblioteca. Sería xenial organizar unha festa con confeti e pompas de xabón. Celebrala ao grande. Encantaríame vestirme para tal ocasión como o personaxe dalgún libro, sentarme na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo e esperar a que fosen visitarme. Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda, Atreyu, Drácula ou mesmo Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poñerte botas de pelo, plumas, zancos e chapeus. Chapeus! Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min discretamente, atraída polas cores e formas do meu chapeu:
-- Sombreireira tola, que festa máis marabillosa! Sería tan amable de servirme unha cunca de té?" 

Este fermosísimo texto é de Ledicia Costas, Premio de Clubs de Lectura 2016 .
Nós, hoxe, para festexar esta data, agasallamos a todas as aulas coas xa famosas "MALETAS DE GÜINO".
O alumnado colaborador do "Xardín do Pasatempo" achegou ás aulas estas caixas cheas de  contos, poesías, revistas , libros informativos...
Estas maletas pasarán a formar parte das "Bibliotecas Aula"e poderán intercambiarse entre os niveis.
Feliz día e esperamos que vós, grazas aos libros, tamén podades ser moitas personaxes e visitar moitos mundos.














miércoles, 19 de octubre de 2016

TEMPO DE SAMAÍN

Os días son curtos, as noites son loooongas. Chega o tempo de buscar a túa cabaza e convertela nunha caveira horrorosa, que meta moito medo; mais non esquenzas poñerlle dentro unha luz, pois mira o que nos propón Güino para este Samaín: 

Le o verás  o que debes traer o próximo venres, día 28 de outubro, para a "HORA DE LER"





jueves, 6 de octubre de 2016

MOCHILAS VIAXEIRAS

Mirade que ledos coas novas mochilas. Tocoulles a primeira semana, mais axiña chegarán a todas as casas.
Durante unha semana poderemos ler os contos, recitar as poesías ata cantar cos libros conCD. Coa axuda da familia encheremos de debuxos e cometarios o caderrno que nos manda Güino para saber a nosa opinión e a dos papás e mamás.
Que ben que as mochilas están a viaxar de novo, non?







jueves, 22 de septiembre de 2016

Xa estamos de volta!!

Xa estamos de volta!!
 Viaxan as mochilas, ollamos as novidades: Libros novos, realidade aumentada e libros dixitais nas tabletas, CD´S de contos e música... Ata imos ter rótulos novos e un lugar moi especial para as mamás e os papás.
Esperámosvos como sempre no "Xardín do Pasatempo!!!

miércoles, 14 de septiembre de 2016

BENVIDA



Benvid@s couceiristas!!!
Este curso Güino convídanos a  achegarnos aos produtos artísticos, a música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, aos videoxogos, cómisc, fotos…
Vai ser un ano con moita arte. Ollade que cartaz tan chulo!!!


martes, 28 de junio de 2016

Abrente 2016

E xa para pechar as entradas deste curso 2015/16 deixámovos coa publicación do noso Xornal Abrente, xa na súa 36ª edición.

Grazas polo voso esforzo para que este traballo conxunto poda ver a luz un ano máis.

Esperamos que o disfrutedes moito!!




Vémonos en Setembro coas enerxías ben cargadas!!! 

Bo verán!!

jueves, 9 de junio de 2016

Verán, praia, vacacións e ... recomendacións!!

Achégase o verán e con el o bo tempo, o merecido descanso, o tempo de lecer... e como cada ano, as recomendacións de lecturas de Güino!


Podedes pasar pola nosa biblio para botarlles un ollo a todas estas recomendacións que están expostas no andel de novidades.

Esperamos que vos gusten moito e o pasedes moi ben durante o verán. 

Vémonos ata Setembro!!!

 BO VERÁN!!