Xa estamos de volta!!
Viaxan as mochilas, ollamos as novidades: Libros novos, realidade aumentada e libros dixitais nas tabletas, CD´S de contos e música... Ata imos ter rótulos novos e un lugar moi especial para as mamás e os papás.
Esperámosvos como sempre no "Xardín do Pasatempo!!!
jueves, 22 de septiembre de 2016
miércoles, 14 de septiembre de 2016
BENVIDA
Benvid@s couceiristas!!!
Este curso Güino convídanos a achegarnos aos produtos
artísticos, a música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a
literatura, a escultura, aos videoxogos, cómisc, fotos…
Vai ser un ano con moita arte. Ollade que cartaz tan chulo!!!
Etiquetas:
formación usuarios,
recursos,
xestión técnica
martes, 28 de junio de 2016
Abrente 2016
E xa para pechar as entradas deste curso 2015/16 deixámovos coa publicación do noso Xornal Abrente, xa na súa 36ª edición.
Grazas polo voso esforzo para que este traballo conxunto poda ver a luz un ano máis.
Esperamos que o disfrutedes moito!!
Vémonos en Setembro coas enerxías ben cargadas!!!
Grazas polo voso esforzo para que este traballo conxunto poda ver a luz un ano máis.
Esperamos que o disfrutedes moito!!
Vémonos en Setembro coas enerxías ben cargadas!!!
Bo verán!!
jueves, 9 de junio de 2016
Verán, praia, vacacións e ... recomendacións!!
Achégase o verán e con el o bo tempo, o merecido descanso, o tempo de lecer... e como cada ano, as recomendacións de lecturas de Güino!
Podedes pasar pola nosa biblio para botarlles un ollo a todas estas recomendacións que están expostas no andel de novidades.
Esperamos que vos gusten moito e o pasedes moi ben durante o verán.
Vémonos ata Setembro!!!

BO VERÁN!!
jueves, 26 de mayo de 2016
Caramuxo Teatro presenta... Pavillón Lino
Onte o noso pavillón transformouse noutro moi especial, o "Pavillón Lino".
"Pavillón Lino" é a nova proposta escénica de Caramuxo Teatro para toda a familia.
Tres actores,Juan Rodríguez, Laura Sarasola e Xosé Vilarelle, foron os encargados de darlles vida a un sinfín de personaxes que desfilaron polo escenario caracterizados con unas máscaras moi especiais.

Este espectáculo nace para homenaxear o “Pavillón Lino” da Coruña, un dos primeiros espazos culturais da cidade, de estética modernista e adicado a todo tipo de actividades artísticas: teatro, cine, baile, monicreques, cómicos, autómatas... que tivo un tráxico e repentino final xa que desapareceu por mor dun incendio en 1919.
Foi unha trepidante comedia de variedades cunha coidada posta en escena,na que desfilaron unha morea de pintorescos personaxes, e que puideron gozar os nosos alumnos e alumnas de Primaria.

martes, 24 de mayo de 2016
VIII Certame de Poesía Couceiro Freijomil
O pasado venres no colexio celebramos a final do VIII Concurso de Poesía Couceiro Freijomil.
Foron uns días con moita arte, nos que nas distintas aulas fixéronnose creacións moi bonitas, orixinais, simpáticas, amorosas...
Tras unha dificil decisión do xurado, durante a celebración desveláronse os finalistas de cada ciclo, que leron para todos as súas creacións.
Todas foron moi aplaudidas , pero os gañadores foron...
Dende logo é moi necesario aplaudir a implicación e traballo de todo alumnado do colexio, xa que cada ano é máis complicado para o xurado tomar un decisión.
Noraboa a todos os participantes, e a seguir creando!!!

- Premio especial: Nenos e nenas de EI por "Galicia"
- Gañador do 1º ciclo: Andrés Tenreiro Garabana de 2º A por "Eu son Andrés"
- Finalista do 1º ciclo: Iago Medel Cendán de 1º A por "Un día vin..."
- Finalista do 1º ciclo: Paulo Díaz Rodríguez de 1º A por "Eu traio"
- Gañadora do 2º ciclo: Manuela López Lesta de 4º B por "Un bonito paseo"
- Finalista do 2º ciclo: Lidia Chapel Fernández de 3º A por "A tenda de todo"
- Finalista do 2º ciclo: Pelayo Medina Marinas de 4º A por "A primavera"
- Gañadora do 3º ciclo: Sara Ríos Criado de 6º B por "A política"
- Finalista do 3º ciclo: Ariadna Pico Prieto de 5º A por "O alegre coelliño"
- Finalista do 3º ciclo: Álvaro Crespo Fernández de 6ºA por "O namorado"
Dende logo é moi necesario aplaudir a implicación e traballo de todo alumnado do colexio, xa que cada ano é máis complicado para o xurado tomar un decisión.
Noraboa a todos os participantes, e a seguir creando!!!
Letras Galegas 2016
Este ano o día das Letras Galegas está adicado ao poeta outeirés Manuel María.
No noso centro xa levamos un tempo facendo a nosa pequena homenaxe ao autor, xa que moitas das actividades que temos realizadas xiran en torno a el.
Co comezo do ano, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fíxose un pequeno concurso entre o alumnado de 5º e 6º de primaria que presentou debuxos baseados nas obras de Manuel María. Todos os traballos presentados foron estupendos, pero escolléronse tres cos que ilustrar os calendarios do ano 2016.

Ademáis, como xa sabedes, tamén adicamos o Día da Poesía as obras do autor indo a recitalas polas rúas da vila.
Os actos da conmemoración do Día das Letras Galegas comezaron o mércores 18. Durante esta semana entramos na escola escoitando os poemas musicados de Manuel María e o recitado de poemas dos que se encargaron os membros do equipo directivo.
O venres, no acto principal, o alumnado de 6º de primaria encargouse de presentarnos a vida e obra do autor a través duns traballos plásticos que realizaron na aula.

Despois deste acto, e descansar un poco no patio, saímos a entrada do cole para rematar a actividade proposta polo Equipo de Dinamización, "Conserva a túa palabra". Trátase de facer unha cápsula do tempo na que soterramos un libro feito coas palabras galegas favoritas de cada quen. Quizais os vosos netos descobran dentro de moitos anos que ao seu avó gustáballe a palabra "vagalume" ou a súa bisavoa "grazas".
Na biblio temos unha copia deste traballo conxunto para que poidades buscar a vosa palabras descobrir cal é a palabra favorita dos compañeiros.
No noso centro xa levamos un tempo facendo a nosa pequena homenaxe ao autor, xa que moitas das actividades que temos realizadas xiran en torno a el.
Co comezo do ano, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, fíxose un pequeno concurso entre o alumnado de 5º e 6º de primaria que presentou debuxos baseados nas obras de Manuel María. Todos os traballos presentados foron estupendos, pero escolléronse tres cos que ilustrar os calendarios do ano 2016.
Ademáis, como xa sabedes, tamén adicamos o Día da Poesía as obras do autor indo a recitalas polas rúas da vila.
Os actos da conmemoración do Día das Letras Galegas comezaron o mércores 18. Durante esta semana entramos na escola escoitando os poemas musicados de Manuel María e o recitado de poemas dos que se encargaron os membros do equipo directivo.O venres, no acto principal, o alumnado de 6º de primaria encargouse de presentarnos a vida e obra do autor a través duns traballos plásticos que realizaron na aula.

Despois deste acto, e descansar un poco no patio, saímos a entrada do cole para rematar a actividade proposta polo Equipo de Dinamización, "Conserva a túa palabra". Trátase de facer unha cápsula do tempo na que soterramos un libro feito coas palabras galegas favoritas de cada quen. Quizais os vosos netos descobran dentro de moitos anos que ao seu avó gustáballe a palabra "vagalume" ou a súa bisavoa "grazas".
Na biblio temos unha copia deste traballo conxunto para que poidades buscar a vosa palabras descobrir cal é a palabra favorita dos compañeiros.
jueves, 19 de mayo de 2016
Encontro con Érica Esmorís
Onte, a nosa biblioteca encheuse de novo de vida, de historias e de auga salgada para recibir a Érica Esmorís, autora de Nena e o mar, obra á que o alumnado de 6º de primaria adicou este ano o seu clube de lectura.
Moitas grazas Érica por adicarnos este ratiño!
Foi unha visita moi esperada, na que a autora comentou como foi o proceso de creación da obra, dende o inicio da idea ata o remate final coas ilustracións de Dani Padrón.
Tamén comentou que trátase dun libro musicado, de feito a súa parella, coa que comparte predilección pola persoaxe do fareiro, compuxo unha canción para o seu traballo.
Por suposto, tivemos tempo para facerlle moitas preguntas e para que nos adicase os nosos exemplares da obra.
Moitas grazas Érica por adicarnos este ratiño!
Etiquetas:
animación,
club de lectura,
escritores,
visitas
miércoles, 11 de mayo de 2016
Contos e música
Onte a nosa biblio recibiu a Patri e Alex, os contacontos da editorial Kalandraka que, como cada ano achegan aos peques do cole as súas fantásticas historias.
Comezamos coñecendo a un pequeno raposo en "Despois da chuvia", un conto estupendo que ademáis conseguiu o ano pasado o premio ao mellor albúm ilustrado. Unha delicia para todos os sentidos!
E logo continuamos cun clásico que nunca defrauda, "A que sabe a lúa?", e máis tan ben acompañado pola música de Alex!
Este conto sempre é un triunfo, ademais lévanos a unha importante reflexión: con esforzo e axuda dos amigos todo é posible!!
Moitas grazas Patri e Alex por achegarnos estas fantásticas historias dunha maneira tan musical!!
Ata a próxima visita!!

martes, 10 de mayo de 2016
Encontro con María Canosa
Hoxe visitou a nosa biblioteca María Canosa, autora do libro "Druídas" que está a ler o alumnado de 5º no clube de lectura.
Os rapaces non só falaron deste libro, sino que comentaron con María outros das súas obras, como as coleccións de poemas "Acuario", e "Acuario 2".
Foi un encontro cheo de preguntas, curiosidades, inquetudes... cunha gran participación por parte do alumnado e unha estupenda invitada, coa que puideron falar de maneira moi cercana sobre o seu traballo.
E tamén hubo tempo para, como non, adicar uns cantos exemplares!!
Moitas grazas María por compartir connosco estes ratiños!!
Etiquetas:
animación,
club de lectura,
escritores,
visitas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)