Outro curso máis chegamos ao remate. Cambiamos de escenario. Chega o tempo de vacacións, de praia, de montaña,... Ata a nosa biblioteca pecha e,... GÜINO vaise de vacacións cara o norte buscando un aire máis fresco. As que non pechan nunca son as nosas gañas de ler na busca de novas aventuras, novos coñecementos, novos relatos,... que nos encherán este tempo de lecer...Aquí van algunhas recomendacións. Esperamos que vos gusten e...QUE VIVA O VERÁN!!!
martes, 2 de junio de 2015
Recomendacións lectoras para o verán
Outro curso máis chegamos ao remate. Cambiamos de escenario. Chega o tempo de vacacións, de praia, de montaña,... Ata a nosa biblioteca pecha e,... GÜINO vaise de vacacións cara o norte buscando un aire máis fresco. As que non pechan nunca son as nosas gañas de ler na busca de novas aventuras, novos coñecementos, novos relatos,... que nos encherán este tempo de lecer...Aquí van algunhas recomendacións. Esperamos que vos gusten e...QUE VIVA O VERÁN!!!
Álbum bilingüe 2015
Neste último trimestre enchéronse, por cuarto ano consecutivo, os corredores de nenos e nenas do centro á procura de cromos e vocabulario.
Trátase do ÁLBUM BILINGÜE que neste curso 2014- 2015 tivo como temática "OS DEPORTES".
O noso alumnado, dividido en grupos, ten que completar o álbum o antes posible, pegando os cromos e escribindo o nome dos diferentes deportes en galego ou inglés segundo corresponda.
Sempre resulta un éxito de participación e cooperación entre os diferentes equipos e diferentes niveis de idades pois teñen que intercambiar cromos entre todos eles para completar o álbum.
Esta actividade, na que participou todo o alumnado do centro, estivo organizada pola biblioteca e coordinada polo Departamento de Inglés e polo EDNL do colexio.
viernes, 29 de mayo de 2015
Lecturas compartidas
O alumnado do TERCEIRO CICLO de primaria acode ás
aulas de infantil e primeiro nivel do PRIMEIRO CICLO a ler, contar, dramatizar
un conto. Participa nesta actividade todo o alumnado do TERCEIRO CICLO mediante
quendas organizadas en colaboración co EDNL do centro e lévase a cabo ao longo
de todo o curso. Cada xoves, no tempo da HORA DE LER, oito alumn@s deixan por
un día as súas actividades propias de lectura e acoden as aulas do alumnado
antes mencionado e son os protagonistas dese tempo lendo, contando,
dramatizando un conto que eles mesmos escolleron na biblioteca. Cada alumn@ ten liberdade para preparar o seu conto
aportando voces, xestos, vestiario, música, debuxos, ... para complementar o
argumento do conto. Conforme van participando e collendo seguridade van achegando
máis elementos. Un dos obxectivos é buscar a participación, a complicidade dos
máis pequenos, que non sexan só meros espectadores, senón que se sintan involucrados na trama do conto, repetindo frases sinxelas,
onomatopeias, cantigas,...e todos pásono en grande!!!
jueves, 28 de mayo de 2015
Presentación-exposición de novidades. A banda deseñada.
Desde a biblioteca realizamos unha exposición-presentación de novidades incorporadas á sección de BANDA DESEÑADA. Un dos obxectivos para este curso era iniciar unha renovación/actualización dos fondos desta sección que que conta con moitos seguidores entre o alumnado do centro pero que estaba un pouquiño anticuada e algúns dos fondos deteriorados polo uso e movemento de continuos empréstitos. Incorporamos novos títulos que esperamos que fagan deste rincón un lugar máis atractivo, dinámico e ilusionante. De momento a exposición está aberta no corredor do centro para que o alumnado, ben a título individual ou ben acompañado polo profesorado dos diferentes niveis acuda a familiarizarse cos novos títulos. A resposta está a ser fantástica!!!
sábado, 23 de mayo de 2015
Letras Galegas 2015
Un dos actos centrais orgnanizados desde a biblioteca ao longo do curso, e neste tema coa colaboración do EDNL do centro, é a celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Este ano contamos, para darlle máis pulo a esta xornada, coa presenza do escritor de FERROLTERRA ANTÓN CORTIZAS do que xa nas datas previas realizamos unha exposición dos fondos da nosa biblioteca entre os que destacamos os dous libros relacionados co xogo poular elaborados por este autor galego, CHIRLOSMIRLOS e TASTARABÁS.A primeira parte da celebración estivo adicada en primeiro lugar a resaltar e dar a coñecer un pouquiño máis a XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE figura das nosas letras homenaxeada este ano 2015. O alumnado de SEXTO encargouse de realizar unha presentación da vida e obra deste escritor galego intercalada con anacos da súa obra tanto en prosa coma en verso.
A continuación realizouse a presentación do libro XOGOS TRADICIONAIS DE PONTEDEUME que é unha recompilación de xogos populares realizada polo centro dende hai varios cursos coa colaboración de toda a comunidade educativa e coordinada polo
jueves, 21 de mayo de 2015
Exposición sobre Antón Cortizas


Con motivo da celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, vainos visitar o escritor ANTÓN CORTIZAS. A biblioteca do centro realizou unha exposición dos libros que a propia biblioteca ten como fondos nos seus andeeis e que abranguen un amplo abano da literatura infantil e xuvenil así coma dous libros esenciais deste escritor de FERROLTERRA relacionados co XOGO POULAR. Por un lando CHIRLOSMIRLOS, xa publicado hai uns anos, e polo outro TASTARABÁS de recente publicación Ambolosdous recompilán un gran número de xogos produto dun gran traballo de investigación deste escritor referente na recuperación do xogo popular. A exposición está a disposición do alumnado que pode acudir á mesma nos tempos de lecer ou ben organizados nas diferentes titorías do centro. Que a disfrutedes!!!
Etiquetas:
celebracións,
escritores,
letras galegas,
visitas
lunes, 4 de mayo de 2015
Os Maios
martes, 28 de abril de 2015
Día do libro e San Xurxo
domingo, 12 de abril de 2015
Augusta e os seus medos
Na biblioteca do centro tivo lugar a presentación do libro AUGUSTA E OS SEUS MEDOS a cargo do CONTACONTOS IAGO e dirixida ao alumnado do PRIMEIRO CICLO DE PRIMARIA.Augusta é unha nena que está chea de soños, pero é tan medrosa que non consegue que ningún se lle cumpra. Ten medo a voar, medo a que se rían dela, medo a probar cousas novas...Un día, cansa de sentirse así, pídelles axuda aos seus pais. A partir dese momento, terá que pasar diferentes probas para decatarse de que a única forma de superar os medos é enfrontándose a eles...
O alumnado pasou un rato moi divertido e moi participativo e disfrutou cos relatos de IAGO.
jueves, 9 de abril de 2015
Teatro e poesía
Suscribirse a:
Entradas (Atom)