viernes, 29 de mayo de 2009

Ramiro Fonte

Hoxe, 29 de maio, tivo lugar nos XARDÍNS DE LOMBARDERO un acto promovido polo concello e organizado pola BIBLIOTECA MUNICIPAL para recordar a RAMIRO FONTE , poeta e escritor EUMÉS falecido hai poucos meses. Ao acto asistiron escolares dos distintos centros educativos de primaria da Vila e, representando ao noso colexio, asistiu o alumnado de 5ºB que recitaron tres poesías do libro XARDÍN DO PASATEMPO. O acto foi moi emotivo e, ao rematar. ALEXANDRE CAÍNZOS expresou o desexo de que se lle dedique un DÍA DAS LETRAS GALEGAS nos vindeiros anos, desexo ao que nos sumamos dende o noso centro.



Letras Galegas 2009

O pasado 18 de maio, celebramos no colexio o tradicional DÍA DAS LETRAS GALEGAS que este ano estivo dedicado oa escritor RAMÓN PIÑEIRO. Foi un acto moi emotivo no que participou unha ampla representación do alumnado do centro. O acto comezou coa lectura da biografía do escritor homenaxeado, continuou co recitado das poesías que chegaron á final do I CERTAME DE POESIA "COUCEIRO FREIJOMIL". As poesías tiveron unha grande calidadade e foron moi aplaudidas polos seus compañeiros. Elexiuse a mellor en cada un dos ciclos e entregáronse os premios correspondentes, tanto a gañadores como finalistas. Seguidamente tivo lugar a entrega dos premios da portada do xornal convocados polo EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA. Finalmente BREOGÁN, profe do colexio, sacou a gaita e interpretou varias pezas populares moi aplaudidas. Rematou o acto cantando todos xuntos o HIMNO GALEGO. Noraboa a tod@s e graciñas por participar.


domingo, 17 de mayo de 2009

Día das Letras Galegas 2009

Este ano a Real Academia Galega rinde homenaxe a RAMÓN PIÑEIRO
(Láncara-Lugo, 1915 - Santiago de Compostela, 1990). Intelectual e político que desenvolveu a súa actividade en Galicia. Trátase dunha das figuras históricas do galeguismo durante o século XX. Como intelectual, foi un dos fundadores e primeiros directores da editorial GALAXIA e da revista GRIAL.

Os Maios

Coma todos os anos, celebrouse no noso centro a tradicional festa dos maios. Este ano foi o día 30 de abril, data na que coa colaboración de toda a comunidade educativa, realizáronse catro maios, un por cada ciclo. As familias aportaron verde (fiuncho, hedra, xestas e mirto entre outras) e flores de todo tipo. A actividade nos días 29 e 30 de abril foi frenética en todo a centro co fin de ter a punto os maios para o desfile. O resultado foron catro preciosos maios adornados coas laranxas bravas correspondentes. Chegadas as 12 horas comezou un vistoso desfile acompañado de cantigas dos maios polo amplo corredor do colexio (lástima do tempo que nos impediu sair ao exterior).

O día 1 , un amplo grupo de alumnos e varios profesores, quedamos ás catro e media no centro para retocar os maios e participar no certame convocado polo concello. O resultado foi espectacular, pois o segundo ciclo acadou o primeiro premio e o terceiro ciclo o terceiro . Na consecución destes premios tivo moito que ver a interpretación das cantigas, fermosas poesías dedicadas aos maios de Pontedeume realizadas polo alumnado nas súas clases. A festa rematou cunha tremenda merenda no colexio con todos os participantes . Pasámolo xenial. Noraboa a todos.










lunes, 11 de mayo de 2009

Son coma nenos...


O pasado día 21 de abril visitounos XABIER LÓPEZ GARCÍA, mestre do CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO de A Capela que veunos ensinar a xogar. Si, a xogar; non a Play nin aos modernos cacharros electrónicos, non; ensinounos a alma dos xogos tradicionais, os de sempre, aos que xogaban os nosos avós, os nosos pais,... os nosos maiores para que llos sigamos transmitindo ás vindeiras xeracións. En definitiva a recuperar un tempo que, grazas a Xabier e a máis xentes coma el que traballan por e para que este tempo non sexa perdido. Pero Xabier non veu ensinarlles aos nenos, veu a amosarnos aos mestres, aos pais e maiores como podemos disfrutar e facer disfrutar aos demais. Graciñas polo rato pasado, XABI!!!



jueves, 23 de abril de 2009

Día Internacional do Libro


Hoxe, 23 de abril, celebramos no noso colexio o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR. 


A casualidade fixo que un 23 de abril de 1616 falecesen dous dos máis grandes xenios da literatura universal, Miguel de Cervantes e William Shakespeare
Dende o ano 1995, tras a aprobación da UNESCO, celébrase esta data adicada ao libro e, dende entón, máis de cen paises de todo o mundo sumáronse á iniciativa. 


Nós, celebrámolo lendo o comezo do capítulo I de DON QUIXOTE DA MANCHA antes de iniciar hoxe as clases, estando presente todo o alumnado do centro xunto co profesorado no corredor do colexio. 


Posteriormente, na HORA DE LER, un grupo de alumn@s do terceiro ciclo de primaria leu un conto aos seus compañeiros en cada unha das aulas de infantil e do primeiro e segundo ciclos de primaria.





lunes, 13 de abril de 2009

O agasallo de Sara



Sara mándanos un agasallo, pero non é un agasallo calquera... Este agasallo chámase "OLHA QUE BLOG MANEIRO" que en galego quere dicir algo así como "Que blog máis bonito, creativo..." GÜINO está contentísimo pois non só é o primeiro agasallo que recibe, está moi contento porque ven de SARA, unha alumna do colexio e que é a autora dun blog ¡¡¡SENSACIONAAAALLL...!!!! E GÜINO invitavos a que o coñezades... Podedes entrar nel pinchando na seguinte dirección:

http://saravb.blogspot.com/


Moitos bicos, Sara...!!!!

As normas son as seguintes:
- Exhibir a imaxe do premio "Olha que blog Maneiro".
- Poñer o nome do blog que cho deu.
- Indicar os teus 10 blogs.
- Publicar as reglas.
- Comprobar que os blogs indicados sigan as reglas.
GÜINO mándalle este agasallo aos seguintes blogs:

SUPERQUINTOB
LAURA
CEIP FERMIN BOUZA BREY - PONTEAREAS
CEIP MONTE DE CONXO
CEIP PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA - SADA
CEIP ROGELIO GARCÍA YAÑEZ DE RAMIRÁS
CEIP BELESAR - BAIONA
CPI COVA TERREÑA - BAIONA
CEIP SAN FRANCISCO XABIER - A CORUÑA
CPI SAN VICENTE DE A BAÑA - A CORUÑA

viernes, 13 de marzo de 2009

Outro de Aniversario... Pinocho


Setenta anos, setenta, cumpre este personaxe de Disney (creado por Claudio Collodi en 1883) . Un boneco de madeira feito por Gepetto ao que, unha noite, unha fada madriña deulle vida...Un neno traveso, desobediente, pero tenro.

lunes, 9 de marzo de 2009

Marzo, mes da poesía

O día 21 de marzo celébrase o DÍA MUNDIAL DA POESÍA e GÜINO convócavos á participación no I CERTAME DE POESÍA. Anímate e participa.

A nosa mascota deixounos estes versos:


Se no certame
queres participar,
un poema,

na biblioteca,
deberás deixar.

Novidades na nosa biblioteca


Hoxe presentámosvos unha colección de libros que narran as aventuras, historias e misterios dun ratón chamado Xerónimo Stilton que traballa como escritor e director dun periódico titulado "O Eco do Roedor". Xerónimo vive nunha illa ficticia chamada Illa dos Ratos, con capital en Ratonia, onde naceu e vive. A Xerónimo gústanlle os libros , a música clásica e a tranquilidade, anque as súas aventuras son sempre axitadas. Stilton ten unha gran familia e algúns dos seus parentes son:Trampita, o seu curmán; Tea, a súa irmá; e o seu sobriño Benxamín.
Descubre as aventuras de Xerónimo e familia na nosa biblioteca na sección do SEGUNDO CICLO (CASTELÁN)
Coñéceos mellor e xoga nas seguintes páxinas web:
http://www.geronimostilton.com/