lunes, 15 de septiembre de 2025

CARTAS DE GÜINO

 Hoxe Güino deixou unhas cartas nas diferentes aulas para informarvos do PDI deste curso e da distribución dos bloques que imos traballar por ciclos.

Como podedes ler, Güino pasa o seu legado ao seu fillo maior que tamén leva por nome Güino.


Aquí deixo unha foto do novo Güino, pero xa o coñeredes na vosa primeira visita ao "Xardín do Pasatempo". Espéravos por alí!!!

GÜINO.

domingo, 14 de septiembre de 2025

INICIO DO PDI DO CURSO 25/26

 Algo pasa polo "Xardín do Pasatempo".  Imos dar inicio a un novo curso e a un novo Proxecto Documental Integrado. Xa está o título na entrada do centro, no corredor e na biblioteca.


COUCEIRO CALIDADE. ARTESANÍA E TRADICIÓN GALEGA.



Pero é esta semana cando imos recibir unhas cartas en todas as clases que contarán algo moi especial. Estade moi atentos!!!

As cartas xa están preparadas.


GÜINO.