jueves, 10 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO 2025

Achégase o 23 de Abril e como cada ano Güino ten preparadas actividades.

Xa saberedes doutros anos, mais nunca está mal lembrar, a razón da  celebración nesta data e non doutra calquera, xa que calquera día e bo para festexar a lectura.

A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare. Ese mesmo día tamén se conmemora a morte do primeiro escritor mestizo,  Garcilaso de la Vega.




Vos deixo unha ficha para completar a información sobre Miguel de Cervantes.


Güino.

martes, 8 de abril de 2025

CLUB DE LECTURA 4º EP. 8 DE ABRIL

 O alumnado de 4º estiveron lendo o libro "A MIÑA AVOA, A MIÑA HEROÍNA". Este martes 8 de abril, na Biblioteca recibimos a súa autora Sabela Fernández Trelles. Con ela falaron de diferentes temas que se trataban no libro. Foi moi interesante poder coñecela.

Güino.

lunes, 7 de abril de 2025

REMATE DO TRIMESTRE CON POESÍA E TEATRO

 Como remate do segundo trimestre decidiuse interpretar o LITERARIOFEST para a comunidade educativa do centro.


Deixo aquí o programa de man para o vindeiro xoves 10 de abril. Así podedes vir e participar como oíntes no Literariofest.
Güino.




jueves, 3 de abril de 2025

OBRADOIRO DE NARRACIÓN ORAL. 3 DE ABRIL

 A tarde do 3 de abril, o "Xardín do Pensamento", converteuse nun lugar de conto onde a gran narradora Vero Rilo impartiu un obradoiro moi interesante no que participaron nais e mestras do Couceiro. Foron 90 minutos moi divertidos, onde aprendimos a contar e contamos historias que non deben quedar no olvido.

Moitas gracias a Vero por acompañarnos neste día.

Güino.

miércoles, 2 de abril de 2025

2 DE ABRIL. DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Cada 2 de abril desde o ano 1967 celébrase como homenaje ao escritor danés HANS CHRISTIAN ANDERSEN, polo aniversario do seu nacimiento, o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.
Cada ano o IBBY (Intenational Board on Books for Young People) selecciona un escritor  e un ilustrador para crear o cartel representativo desta data. Este ano foron encargadas: a escritora e poeta Rian Visser e a ilustradora Janneke Ipenburg. No "Xardín do Pensamento" podedes ver o cartel creado xunto coa poesía que nos regala Visser.

¿Puedes dibujar algo
para las palabras,
para las cosas que digo?

Dibújale entonces
un agujero al día
dibuja un frío,
un viento,
un nudo en la garganta
o la mala suerte,

dibuja un carraspeo,
un suspiro,
el aroma a pan recién horneado,
el tiempo,
el instante,
el principio o el final
de un plan,

dibuja ese lugar en que algún día,
ese lugar en que nunca,
ese lugar que luego
ocurrirá algo,

dibuja la punzada de un empujón,
el sabor del mar.

Hay tantas cosas
que quisiera ver,
 el amor,
por ejemplo,
luego,
algún día y quizás.

Haz dibujos 
para mi poema,
pen siéntete libre:
son tuyas
estas palabras
que han salido de mi boca.

 Güino