martes, 3 de mayo de 2022

MAIO 2022

Vimos de festexar os Maios no noso cole.

As orixes da festa:A Festa dos Maios, naceu na prehistoria cando os primeiros homes se preguntaban sobre esa forza renovadora que cada ano , tras a época das chuvias e o frío facía abrota-la semente e revestía os campos de variadas cores. Nunha sociedade neolítica a dependencia do ciclo regular das estacións, da forza da natureza provocan o nacemento do culto   a "deidades" do mundo vexetal coma ás árbores. Debíalles sorprender a aqueles homes a coincidencia da estación primaveral coa fecundidade animal que non tardaron en relacionar, tamén, coa fertilidade da especie humana; de aí nacerá o culto á fecundidade e ós amuletos máxicos.

Evolucionou ao longo da historia esta tradición mais no s.XIX tan solo se manterán naqueles núcleos de poboación onde ainda haia un continxente de mozos dispostos a conserva-lo costume. Tamén nas vilas prodúcese o fenómeno de quedar reducido a festas de rapaces , cecáis polo carácter petitorio que proporcionaba a mocedade alguis cartos cousa nada desdeñable , e, como non , pola dimensión lúdica e de sátira social na que se foran especializando estes maios vilegos (Pontevedra, por exemplo).

No s. XX veremos nacer concursos que premian as coplas máis audaces e graciosas. Pero tamén por iso son reprimidas novamente en tempos das dictaduras , como a de Franco , nos que non se toleran críticas polo que van esmoecendo obxecto da censura e da prohibición. Chegan ,pois, tremendamente esgotadas estas tradicións ós nosos días producto dunha nova sociedade que ten mecanismos moi potentes de uniformización da cultura, causando o desarraigo das expresións culturais seculares propias, específicas de cada pobo.

Mais recentemente vívese un espertar esperanzador destes festexos, adaptados ás novas realidades. Colectivos , concellos, escolas... conscentes da necesidade de pasar o relevo deste legado cultural as xeneracións que veñen detrás , seguros de que a variedade cultural é un signo distintivo da humanidade.

Este curso tampouco faltaron os maios, unha tradición que perdura nos tempos en Pontedeume e na que participa sempre o noso colexio.

O tema que elixiron os nenos e nenas de 1º para cantar ao seu maio foi a "Danza do Biouteiro" co seu "Seresín, Seresán" que tanto lles gusta. 

O esforzo de todos e todas foi recompensado polo Concello co Primeiro Premio na categoría de MELLOR COPLA e o Primeiro Premio na categoría de MAIOS GRANDES.

Bo traballo e parabéns!!!!


































No hay comentarios: