domingo, 27 de octubre de 2019

Samaín

HISTORIA DO SAMAÍN:

Na noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta, marcando a transición do verán ao inverno. Durante esta noite os druídas (a caste sacerdotal dos celtas) recollían as bagas de acivro cunha fouce de ouro. Acto seguido depositaban esas bagas nun caldeiro ou as tiraban a un manto branco que sostiña outro druída no chan. Despois, esas bagas tan especiais, terían indubidables poderes curativos para o poboado, e para as súas elaboracións "máxicas".


Religiones Tribales - GIFMANIA
Esa noite está relacionada moi directamente co mundo dos mortos. Pois ben, esta crenza estaba moi arraigada no pobo celta. Eles crían que esa noite, unha "porta" abríase, e o mundo dos vivos quedaba en comunicación co dos mortos, polo menos por unhas horas. Durante este período non se podía saír do pobo, pois nesta noite, as ánimas dos finados volven visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para quentárense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles tiñan preparados os parentes. Durante esas horas, podíase tocar, palpar e ata se podía traspasar ao mundo dos mortos. Por iso en todo o pobo había fogueiras. Estas, non se acendían coa intención de espantar aos malos espíritos, nin nada diso, senón que se acendían para poder guiar aos mortos na escuridade da noite, para que atopase aos seus parentes e fogares, e puidésense quentar coa calor do lume do fogar.

Como apunte final a esta festa celta, hai que mencionar unha curiosa tradición: os celtas, esas noites, amontoaban as caveiras dos seus mortos (e tamén dos seus inimigos) e pintábanas. Esta tradición tivo repercusións na nosa cultura.

Calabazas de Halloween Divertidas - GIFMANIA


Esta semana que empezamos centrará os actos do Samaín na nosa escola:
  • Na Hora de ler de cada día leremos libros da selección de contos realizada polo equipo da biblioteca escolar.




  • O luns 28 o alumnado de sexto vai facer a dramatización do conto "A figueira de Pelostortos" a E. Infantil. Un conto da editorial OQO que tendes á vosa desposición na biblioteca.






  







  • O martes achegaremos á escola as cabazas xa talladas coa axuda das familias.



Calabazas de Halloween Divertidas - GIFMANIA                 Calabazas de Halloween Divertidas - GIFMANIA                      Calabazas de Halloween Divertidas - GIFMANIA


  • Ademais o martes realizaremos a fase final dun proceso de identificación, aceptación e superación dos nosos medos. Un proceso individual baseado na reflexión e verbalización realizadas os días anteriores nas aulas. Un proceso de convivencia cos nosos medos.  As representacións escritas e plásticas dos medos de todo o colexio queimarémolas nun ritual onde   usaremos música ambiental relacionada coa  temática do Samaín  e durante a queima as nenas e nenos de 5º e 6º recitarán o conxuro adaptado para  esta data.
Imos queimar os medos.






5º e 6º len o conxuro dos medos.



  • O mércores 30, é o gran día para o Samaín no noso colexio, exporemos as cabazas nos corredores e deixarémolas expostas na entrada da escola; mais, antes na Hora de Ler, á luz das cabazas acesas ou das lanternas teremos contos de medo como nos convida Güino.

Busca a túa cabaza!!!



Para ver as imaxes das lecturas ás escuras e moitas máis ...

 Preme na imaxe!
Preme na imaxe!


Feliz tempo de Samaín!!!

No hay comentarios: