martes, 12 de diciembre de 2017

PDI "Os terceiros investigan"

O pasado martes 28 de novembro, o alumnado de 3º de Primaria realizou unha saída didáctica a Ferrol, para continuar co traballo realizado no PDI “Alén do mar”.
Os lugares visitados foron o Museo de Historia Natural e o Museo Naval.
No Museo de Historia Natural, baixo un xigantesco esqueleto de balea, entre fósiles de cetáceos, maquetas de arroaces, de peixes lúa, quenllas fociñudas, e outras moitas especies,  aprendemos un montón de cousas sobre as distintas especies mariñas que podemos atopar nas nosas exploracións polas costas galegas en busca de novos territorios. Por suposto... tamén atopamos un “Kraken”!!!



Por outra banda, no Museo Naval, e grazas a uns guías fantásticos, gozamos aprendendo moitas máis cousas sobre como navegar os mares. Contemplamos uns mascaróns de proa espectaculares, como o de Neptuno ou o León “en moto”. Vimos maquetas de Buques Escola, áncoras enormes, canóns, entramos nunha reprodución do interior dun navío e no camarote dun pequeno comandante, e por suposto contáronnos montóns de anécdotas e curiosidades sobre a vida no mar. E como no cole temos o noso propio Caderno de Bitácora no que apuntamos todo o que vamos aprendendo sobre o mar, tamén nos ensinaron que é unha Bitácora e para que se utiliza.


Foi unha gran mañá na que o pasamos xenial aprendendo un montón.
Ollade unhas imaxes deste día.




Á volta da Ponte da Constitución, Manuela achegou á escola un agasallo do Buque Escola onde traballa o seu pai, O Juan Sebastián de Elcano.
As familias, incorporadas e interesadas no noso proxecto contribúen a enriquecelo.
Nós dende a escola interesámonos polo mar, os peixes , os barcos... E o comandante do barco que é escola para os mariñeiros da Armada Española enterouse a través do pai de Manuela e adicounos un marabilloso libro sobre o seu barco que xa está no andel de novidades da nosa biblioteca.

Moitas grazas a todas as familias:
Ao pai de Manuela e ao Comandante do J. S. de Elcano, á tía de Manuel e á directora do Oceanográfico ...





A tía de Manuel traballa no Oceanográfico de Vigo. Ela e a Directora do Oceanográfico agasalláronnos con un libro dos Bolechas que nos aporta moitos datos interesante ao proxecto .
É dos Bolechas que tan boa acollida teñen na nosa biblioteca, ainda que estes días está nas aulas de 3º, pronto estará no Xardín do Pasatempo e viaxará polas aulas que o precisen.



Que ben relacionados están os nenos e as nenas de terceiro!

No hay comentarios: