Día do Libro 2022: viaxe ás cidades máis literarias.
O 23 de abril é o Día do Libro, unha conmemoración a nivel mundial que busca fomentar a lectura e que se celebra nesa data precisa xa que ese día, en 1616 e supostamente, faleceron dúas figuras da literatura mundial: Miguel de Cervantes e William Shakespeare. Xa no século XXI, varias asociacións como a UNESCO, a Unión Internacional de Editores, a Federación Internacional de Libreiros e a Federación Internacional de Asociacións e institucións Bibliotecarias elixen cada ano unha capital mundial do libro.
Esta cidade dos libros organiza durante o seu mandato –que empeza o 23 de abril, o Día do libro 2022– unha infinidade de actividades que teñen que ver cos libros e cuxo obxectivo é facelos accesibles e atractivos para toda a poboación. A Capital Mundial do Libro 2022 é Guadalaxara, en México.
No hay comentarios:
Publicar un comentario