O alumnado de 6º estivo a investigar sobre a arte do século XX. A información estudada recolléronna nuns libros de lapelas.
Para recoller información utilizaron a información que aprenderan na saída a A Coruña, no tema correspondente do seu libro de texto, documentáronse na biblioteca, na rede de internet ou neste blog.
A estrutura do traballo foi a seguinte:
Na portada:
Título ( Buscade o voso título e rotuládeo dun xeito vistoso).
Índice
Fontes de información.
Autores e data
No interior:
Información xeral S. XX.
España no S. XX.
Arquitectura S. XX.
Antonio Tenreiro, a súa obra.
Escultura S. XX.
As esculturas do Xardín de Méndez Núñez.
Pintura no século XX.
Téxtiles artísticos.
Os produtos finais desta actividade verémola na nosa exposición.
No hay comentarios:
Publicar un comentario