Deixámosvos varias novas e un vídeo para que poidades coñecer a súa historia antes de recibilo no noso cole.
Premede nas imaxes!
JORGE PENA COMPLETOU A TALISKER WHISKY ATLANTIC CHALLENGE
Chegou o día, recibimos no colexio a Jorge Pena que nos visitou para contarnos a súa fazaña de atravesar o Océano Atlántico, dende a illa da Gomera, nas Canarias, até a illa Antiga, no Caribe. Un total de 5.550 km que percorreu en 58 días, sen axuda de ningunha vela ou motor, soamente impulsando o barco con remos e coa súa forza. Enfrontándose a «ondas como montañas» de máis de oito metros e ventos que alcanzaban os 120 km/h nalgúns días.
Só tiña un aliado, que eran os ventos alisios que sopran na época do ano en que fixo a viaxe e que o arrastraban na dirección correcta. Como fixeron con Colón cando descubriu América.
Narroonos a súa viaxe coas súas anécdotas incluídas, algunhas moi curiosas: como o visitaba un paxaro ao que chamou Mateo, as charlas que tiña co seu polbo, cando se atopou a un mercante no que a tripulación era de Ferrol e puido falar con eles por radio, as postas do sol e os amenceres, como se aseaba, que comía, os intres de soidade no medio do océano, como se moven os ventos no hemisferio Norte e Sur .... en fin unha charla que nos gusto moitísimo e na que aprendemos cousas moi interesantes.
1 comentario:
Grande Jorge!! Impresionante
Publicar un comentario