Xa se achega o Día do Libro, como ben sabedes é o 23 de abril. Lembrades por qué xusto nesa data e non en calquera outra?
Aquí nolo contan.
Premede na imaxe! |
Que importantes son para Güino os libros! E para vós tamén, non si?
Ollade esta curtometraxe con imaxes de libros acompañadas de frases valorativas da importancia dun bo libro.
Este ano Güino trae unha proposta para tod@s nós, quere que escollamos un libro para compartir cos demais.
Do que gardamos mellor recordo, o que lemos máis a miudo, o noso favorito. Logo de telo escollido, ao longo desta semana realizaremos esta tarefa:
- Nun folio dobrado ilustraremos a portada, o lombo e a contraportada. Farémoslle un debullo na portada, rotularemos o título e o autor, poñéndolle tamén o lombo semellante ao do noso libro e na contraportada poremos o argumento ou un fagmento do texto que nos guste mooito.
- A continuación faremos o noso retrato, só a cara , colo e ombreiros coma unha foto de carné, ben guapos e grandes, tamaño folio.
- Uniremos o libro á nosa imaxe con dúas máns recortadas e marcada sen cartolina a tamaño real.
- O alumnado de Infantil porá a mascota da aula lendo o libro favorito da clase
- Como remate o DÍA DO LIBRO, o luns 23, exporemos nun gran mural onde estaremos todos nós lendo os nosos libros favoritos.
Ollade nesta montaxe o resumo as actividades principais desta data
Premede na imaxe para chegar ao blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e veredes máis detalles da celebración do 23 de Abril.
Por último, o alumnado de 6º A volta á sección de RECOMENDACIÓNS LECTORAS a convidarnos a ler libros da nosa biblioteca. Están feitos uns "youtubers"!!!
Moitas grazas a tod@s pola vosa entusiasta participación!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario