Os roteiros que realizan os coordinadores das BIBLIOTECAS DE FERROLTERRA chegaron ao Couceiro. O pasado 25 de abril celebramos a reunión mensual na nosa "biblio" e compartimos un rato moi agradable as mestras e mestres que traballamos nas distintas bibliotecas da nosa bisbarra. Repasamos a actividade das biblios, falamos da reunión do PLAMBE en Santiago e fixamos unha data para a entrega da segunda parte do traballo COÑECERNOS PARA QUERERNOS, que será o 30 de maio no CEIP DE ATIOS en VALDOVIÑO. Recibimos parabéns de tod@s pola nosa biblioteca e agasalláronnos cun fermoso álbum ilustrado, AVEZOO, que está exposto na nosa biblio para que o disfrutedes tod@s. Fixémoslles entrega, a cada un dos centros presentes na reunión, dun dos GÜINOS creados por vós nas aulas do noso colexio. Gustou moito a idea e déronnos moitos parabéns para todos vós polos traballos realizados.
Se pinchades sobre o GÜINO de arriba veredes unha fermosa presentación da visita que realizou a nosa compañeira LOLY LAGO, do IES DE FENE ,e publicada no blog da súa biblioteca O SEGREL DO PENEDO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario