O pasado venres 18 de maio celebramos no noso colexio o festival das Letras Galegas, e unha parte moi importante desta celebración reservouse para a gran final do IV Concurso de Poesía Couceiro Freijomil.
Moitos rapaces e rapazas do centro presentaron as súas creacións, todas xeniais, e o xurado escolleu as que ao seu parecer eran as tres mellores de cada ciclo.
Isto non resultou nada, nada sinxelo porque no Couceiro temos verdaderos artístas!! Así que antes de nada máis todo o equipo da biblioteca, en representación de todo o profesorado, queremos felicitaros a todos e animarvos a seguir participando.
No acto os finalistas de cada ciclo leron as súas poesías, e con moita tensión e animos do publico proclamáronse os gañadores que son:
- Premio colectivo ao alumnado de Infantil por "Pontedeume". Visitade os blogs para ver a actuación.
- 1º premio do 1º ciclo: Miguel de 2ºB por "Non podo vivir"
- 2º premio do 1º ciclo: Carlota de 1ºB por "As Fragas do Eume"
- 3º premio do 1º ciclo: Rosalía de 1ºA por "O meu avó"
- 1º premio do 2º ciclo: Noelia Negreira de 4ºA por "O mar e a estrela"
- 2º premio do 2º ciclo: Sara Rubido de 3º por "O demo"
- 3º premio do 2º ciclo: Antón Correa de 4ºB por "As estacións do ano"
- 1º premio do 3º ciclo: Paula Artabe de 6ºB por "No mundo..."
- 2º premio do 3º ciclo: Carlos Sueiras de 6ºA por "A noite de Nadal"
- 3º premio de 3º ciclo: Sara Allegue de 5ºB por "Muller"
(premede sobre a imaxe para desfrutar das poesías a pantalla completa)
Moitas grazas a todos por participar con tanta ilusión no noso xa famoso concurso!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario