O día 21 de marzo celebramos no noso centro o DÍA MUNDIAL DA POESÍA. Participaron todos os alumn@s do colexio e cada aula escolleu unha poesía para recitar, para representar, para cantar, para danzar,... . Polo escenario desfilaron as voces das nenas e nenos poñéndolle son e musicalidade a moitos versos e rendíndolle unha homenaxe aos poetas, ao mellor da literatura infantil e xuvenil galega. Foi un acto moi entrañable que quedou recollido no lema que presidiu o acto... "OLA POESÍA. BENVIDA PRIMAVERA"
1 comentario:
FANTÁSTICO!!! Moitos parabéns por esta actividade tan fermosa!
Bicos ratunos
Publicar un comentario