O pasado 8 de marzo estivo connosco GONZALO MOURE, escritor de literatura infantil e xuvenil con residencia en Asturias pero cidadán do mundo. Pasa longas temporadas no Sahara, nos campamentos de refuxiados, colaborando no proxecto BUBISHER e en temas relacionadas co fomento da lectura traballando con nen@s e xóvenes aos que lles inculca o amor e respecto hacia os libros.
Como escritor é autor de numerosísimas obras como PALABRAS DE CARAMELO, CAMA E CONTO, MAÍTO PANDURO, NACHO CHICHONES, LOS GIGANTES DE LA LUNA...
É o promotor do proxecto COÑECERNOS PARA QUERERNOS que as BIBLIOTECAS ESCOLARES DE FERROLTERRA realizan ao longo deste curso no entorno das comunidades educativas dos seus centros, realizando un intercambio de materias e que ten ao BUBISHER como referencia e motivación.
No noso centro realizouse un encontro, primeiro co alumnado do CLUB DE LECTURA que leran o libro PALABRAS DE CARAMELO. Foi un encontro cheo de emocións e sensacións inesquecibles. Posteriormente reuníuse co alumnado do SEGUNDO CICLO de primaria para falar do libro CAMA E CONTO que traballaron nas aulas respectivas durante a HORA DE LER. En ambalasdúas reunións a comunicación, as reflexións e o achegamento ao pobo saharaui foron as notas predominantes.
Grazas GONZALO!!!


No hay comentarios:
Publicar un comentario