lunes, 12 de abril de 2010

Encontro co escritor Xoán García


"Faragulliña" é un conto infantil escrito en verso, que narra unha doce historia na que a familia, a amizade e o amor, son o fío conductor. Nel tamén se fai un eloxio ao pan e aos seus derivados, alimentos procedentes de productos naturais aconsellables para unha alimentación equilibrada e san. O seu autor, XOAN GARCÍA natural de Barallobre, estivo o pasado 19 de marzo connosco, concretamente co alumnado do SEGUNDO CICLO de primaria do centro que previamente estivera traballando durante moitos días a súa obra, facendo murais sobre a súa biografía e sobre as aventuras de FARAGULLIÑA. Foi un encontro moi agradable no que o escritor respondeu a todas as curiosidades dos nenos e nenas.
FARAGULLIÑA trátase dun volume especialmente adicado aos nenos e nenas e protagonizado polo pan de Neda. Máis que un conto, é un canto á vida, ao amor á amizade. Pero tamén un chamamento aos pais para que recuperen para os seus fillos os productos naturais.A historia céntrase en Faragulliña, umha miga de pan doce e intelixente que convide ao pé da Fervenza do Belelle nun muíño restaurado. Boliña de Ovos e Molete de Pan son os seus dous compañeiros de aventuras. Viaxan xuntos polo mundo: á Praia de Cabanas, á Feira do Trrece,... Coñecen moita xente: á Bica de Ourense, á Proia de Pontedeume, ao Polbo de Mugardos, ao Requeixo de A Capela,...E na súa andadura chegan a París onde fan amizade coa parella Croissant e Baguette...
Pero non acabou todo aí. Xoán tróuxonos unha sorpresa... A FARAGULLIÑA EN PERSOA!!! Que ledicia o rato que pasamos. GRACIÑAS XOAN, E ATA CANDO QUEIRAS!!! CANDO VOLVAS TRAENOS UN MOLETE!!!
Se queredes ler FARAGULLIÑA, atoparédelo na nosa biblioteca no SEGUNDO CICLO - GALEGO.