martes, 13 de abril de 2010

Día Mundial do Teatro


Cada 27 de marzo, desde 1961, celébrase en máis de 100 países o DÍA MUNDIAL DO TEATRO. Esta data foi elexida pola ITI (Instituto Internacional do Teatro asociado á UNESCO) para lembrar ás xentes da arte escénica.
O ENL do noso centro preparou unha serie de actividades para conmemorar esta data. O día 24 todo o colexio asistiu a dúas representacións do alumnado de terceiro. Os de 3ºA respresentaron O RATO QUE COMÍA GATOS e os de 3ºB A AULA DE TÓCAME-ROQUE. Parabéns polos momentos tan agradables e divertidos que nos fixéchedes pasar. O día 25 a compañía TRES GLOBLOS repesentou, para o alumnado de Infantil, a obra con monicreque PEDRO E O LOBO, vai rato pasaron os máis pequenos! Había que ver aquelas caras cheas de ilusión e ledicia!
Finalmente, o venres 26, a compañía CASA HAMLET representou, para o alumnado de primaria, RATIÑA LINDA DE COMPOSTELA. Os "maiores" do colexio disfrutaron coma ananos coas picardías da ratiña...
En fin, unhas xornadas moi emotivas co teatro como eixo central.