Desde a biblioteca, GÜINO e toda a comunidade educativa, queren felicitar a Candela Bedoya Piñeiro de 3º B, gañadora do concurso de RELATOS DE VERÁN que organiza o xornal LA VOZ DE GALICIA na modalidade de menores de quince anos.
SALVAVIDAS, título do relato de CANDELA, narra a historia dun can que non para de ladrar á xente que está á sombra dunhas árbores na praia. O can, Salvavidas, consegue sacar ás persoas xusto antes de que as árbores caian e.....
Pinchando nas fotos, accederedes a información e fotos publicadas en LA VOZ DE GALICIA e ao relato premiado. Desexamos que este premio anime a todo o alumnado a ler, a escribir,...a soñar,...
O verán xa da os seus derradeiros pasiños e no Couceiro comezamos coa actividade.
E tamén na nosa BiblioCouceiro.
A partires desta semana abre a súas portas, en horario lectivo, para novas historias e aventuras poidan atrapar aos lectores e lectoras do noso cole.
E que mellor maneira de empezar o curso que atopar o noso "Xardín do Pasatempo" na revista das Festas das Peras de Pontedeume, cun amplo reportaxe de María Fidalgo Casares.
Esperamos que o desfrutedes tanto coma nós!!
Tal e como remata o artículo María Fidalgo, os nenos (e adultos) do Couceiro temos a sorte de contar con o mundo fantástico e imaxinativo que creou para nós Ito Mosquera, así que imos a disfrutalo un curso máis!!
Moi bo curso, boas aventuras, boas historias... Boas lecturas!!!
Güino e os seus colaboradores desexamos que pasades un verán estupendo, con tempo para xogar, descansar, ir a praia... e tamén para pasar un bo rato desfrutando dunha gran aventura a través dos libros.
Así que, como cada ano por estas datas, preparamos para vós con moito cariño está selección de libros e contos que recomendámos dende Xardín do Pasatempo:
Esperamos que as desfrutedes moito e que nos contedes as vosas impresións ou opinións.
Gozade moito e vémonos en Setembro!!!
O pasado 23 de maio asistimos, na BIBLIOTECAMUNICIPAL de PONTEDEUME, á presentación do libro de ANTÓN CORTIZAS "TASTARABÁS", froito de dez anos de traballo deste escritor da nosa bisbarra e que tivemos a honra de ter varias veces no noso centro. TASTARABÁS é unha enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza. Nesta obra, ANTÓN, ofrece a través de máis de mil páxinas e duas mil cincocentas fotografías, un extenso catálogo dos brinquedos e enredos diversos que forman parte da nosa tradicional cultura lúdica. Estamos seguros que esta fermosa obra contribuirá decididamente á recuperación do xogo tradicional. Grazas e parabéns, ANTÓN!!!
O pasado día 13 de xuño tivemos o privilexio de asistir a un ENCONTRO CON XOSÉ NEIRA VILAS con motivo da exposición QUERIDO BALBINO: 1961-2011 CINCUENTA ANOS DE MEMORIAS DUN NENO LABREGOque tivo lugar na CASA DA CULTURA de PONTEDEUME e que reuniu ao alumnado de SEXTO DE PRIMARIA e PRIMEIRO CICLO DA ESO de todos os centros do concello. Foi un encontro entrañable cun dos GRANDES das nosas Letras, afortunadamente vivo, e que explicou ao alumnado todo o mundo de BALBINO, da sociedade galega da época, dos seus anos lonxe de GALICIA (Arxentina, Cuba,...) e das circunstancias desta exposición (artistas galegos actuais como Xaquín Marín, Siro López,...) que conmemora os cincuenta anos dunha obra imprescindible na cultura galega. Finalmente as preguntas dos nen@s, que foron moitas e moi atinadas, encheron de vivencias e emocións o acto. Sempre connosco, D. XOSÉ!!!
O DÍA DAS LETRAS GALEGAS naceu no ano 1963,
hai xa cincuenta anos, co gallo da celebración do centenario da
publicación da primeira obra maestra coa que contou a
literatura galega contemporánea, CANTARES GALEGOS de
ROSALÍA DE CASTRO e que neste
mesmo curso celebramos o 150 aniversario.
Rosalía, Castelao, Curros
Enriquez,….Lois pereiro, Paz Andrade e
este ano ROBERTO VIDAL BOLAÑO.
O alumnado de sexto, como todos os anos, preparou a presentación do dramaturgo, actor,
director, …pioneiro do teatro profesional galego ROBERTO VIDAL BOLAÑO. A presentación consistiu nunha dramatización, moi orixinal e moi adecuada, na que se fixo un repaso á vida, actividades e obra da figura homenaxeada este ano para coñecela un pouquiño mellor.
Posteriormente deu comezo a fase final do V CERTAME DE POESÍA "COUCEIRO FREIJOMIL" e a entrega de premios. Hai que dar os parabéns a tod@s polo esforzo e calidade dos traballos presentados. Grazas tamén ao bo facer do gaiteiro, das pandereteiras e do bombo que amenizaron os intermedios do certame coas súas interpretacións.
PREMIOS: PRIMEIRO CICLO: Victoria Rodríguez 2º A (1º premio) Sabela Dopico 1º A Carlota Veiga 2ºB (finalistas)
SEGUNDO CICLO: Héctor Arias 1º B (1º premio) Álvaro Crespo 3º A Álvaro Allegue 4º (finalistas) TERCEIRO CICLO: Sara Piñeiro 6º A (1º premio) Daniel Arias 5º B Sara Allegue 6º B (finalistas)
Por último foi interpretado o HIMNO GALEGO polo grupo de frautas do centro e rematou o acto con todos os asistentes cantando e bailando coa cantiga de Paco Nogueiras O MEU MUNDO É!!!
O alumnado do PRIMEIRO CICLO de primaria tivo a oportunidade de compartir un tempo de CONTACONTOS con IAGO que acudiu á nosa biblioteca a contarlles o conto titulado LINDA Á ESPREITA. Linda é unha vaca diferente ás demais. Cada mañá, mentres a muxían, a vaca Linda fitaba nerviosa e impaciente cara ao exterior da granxa. Porque había algo que a Linda lle gustaba máis ca nada no mundo. O seu maior pracer consistía en meterlle un susto ao carteiro e escorrentalo da granxa. Cada día, Linda agachábase nun sitio distinto e sempre conseguía o seu obxectivo, ata que o pobre carteiro remataba desquiciado e incapaz de seguir co seu traballo...
O alumnado disfrutou e participou coas aventuras deLINDA e pasou un rato estupendo na nosa biblioteca... Grazas,IAGO!!!
Este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS está adicado a ROBERTO VIDAL BOLAÑO, dramaturgo, actor, director,...pioneiro do teatro profesional galego. Hoxe traemos ao noso blog, como prólogo das vindeiras xornadas, esta presentación realizada por XOAQUÍN FREIXEIRO do Ceip Conde de Fenosa e, como todos os anos, os recursos do SEMINARIO GALÁN (premendo na imaxe) para coñecer o mundo de ROBERTO VIDAL BOLAÑO e acercarnos ao teatro galego. Ofrecémosvos tamén dúas cantigas de PACO NOGUEIRAS NODAR, a primeira leva por títuloESPÍRITO VIDAL BOLAÑO adicada ao persoeiro homenaxeado este ano, e a segundo titulada MEU O MUNDO É!!! que nos invita a comunicarnos e a utilizar a nosa lingua. SEMPRE EN GALEGO!!! O noso agradecemento por compartir estes estupendos recursos.
Un ano máis, coincidindo co comezo do mes de maio, ten lugar no noso centro a celebración dunha das festas con máis arraigamento do ano, a celebración dos MAIOS. A celebración desta festa comeza coa aportación das familias dos elementos ornamentais (verde, flores, laranxas,...) que van formar parte do maio. Posteriormenmte na realización (véspera do primeiro de maio) participan o alumnado, os pais/nais, o profesorado... Catro son os maios elaborados, un por ciclo. Nos días previos os traballos nas diferentes aulas céntranse na elaboración das cantigas que acompañarán aos maios. Cantigas de maio que teñen unha letra orixinal (traballo do alumnado neste mes adicado á poesía) e a música pode ser orixinal ou adaptada de composicións populares. Cando xa está todo rematado, celébrase un desfile no colexio coa interpretación das cantigas e que este ano tivo como colofón a posta en escea dun baile tradicional na nosa vila, a DANZA DO BIOUTEIRO, grazas aos ensaios da mestra xubilada Cristina Sarmiento. A festa continúa coa participación, o 1 de maio, na vila xunto cou outras asociación e agrupacións na festa organizada polo concello, de gran tradición, na que este ano o noso centro acadou dous premios, un ao maio e outro á cantiga do TERCEIRO CICLO. Parabéns a tod@s!!!
... MUSICREQUES... Dentro das actividades do Día do libro, presentámoslle ao noso alumnado de E. Infantil e Primaria (1º e 2º ciclos) o espectáculo AS AVENTURAS DE QUEBRANOCES, representación con monicreques dunha adaptación do conto de HOFFMANN "QUEBRANOCES E O REI DOS RATOS" con música en directo da suite O QUEBRANOCES de TCHAIKOVSKY.
Loreto e Alma, compoñentes da recén creada ASOCIACIÓN MUSICAL "MUSICREQUES" presentaron un espectáculo completísimo combinando o teatro de monicreques, o audiovisual e a música en directo, pois ambalasdúas son prefesoras de piano no COSERVATORIO DE MÚSICA DE FERROL.
Aínda que o seu obxectivo fundamentar é o da promoción da música, debido á faceta profesional das compoñentes da ASOCIACIÓN, prantexan outros relacionados co fomento da lectura, da narración e da participación do alumnado que é moi activa ao longo da representación. Parabéns aMUSICREQUES polo traballo ben feito e moitos éxitos no futuro a esta nova ASOCIACIÓN MUSICAL... En definitiva, un gran día de música e contos...
(Premede co rato na seguinte imaxe para ver un video)
...JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO...
Un dos actos da celebración doDÍA DO LIBRO 2013 foi a visita ao CLUB DE LECTURA de JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO. Máis deCEN alumn@s do SEGUNDO e TERCEIRO CICLO de primaria participan este ano no CLUB, como sempre, de xeito totalmente voluntario.
Hoxe, chegou o momento tan agardado por tod@s, chegou o momento de preguntar, de compartir de aprender un pouco máis deste escritor/ilustrador. Chegou o momento de coñecer algo máis destas historias que limos, que comentamos, que descubrimos ao longo do segundo trimestre do curso e que nos axudaron a compartir, a rirnos, a emocionarnos xuntos...Foi unha xornada moi ben aproveitada, a presenza de JACOBO non defraudou a ninguén e tivemos respostas a uncha chea de preguntas, de curiosidades, de novos coñecementos sobre os libros, sobre as personaxes e sobre o traballo diario dun escritor-ilustrador e o tempo pasou axiña... que mágoa!!! ... pero no noso corazón queda a lembranza da súa presenza, de LINA, POUCO, HEDIÓN, PROPICIO, o gato KANDÁS,... as FORMIGAS, a XIRAFA, asSETE PRINCESAS... e das súas palabras cheas de motivación para a animación á lectura...dende agora poderemos proclamar aos catro ventos que ... MIL COUSAS PODEN PASAR... SE LES!!! Grazas, JACOBO e... ata a próxima!!!
...TEATRO...
Como o 27 de marzo, DÍA MUNDIAL DO TEATRO, coincidiu este ano en plenas vacación de Semana Santa, e no noso centro as representacións teatrais teñen longa tradición dende hai moitos anos, decidimos programar as representacións deste ano coincidindo co DÍA DO LI BRO. En definitiva libro/tatro, teatro/libro foron, van e irán sempre da man. Tres foron as obras representadas (preme nas fotos para ver os videos):
O alumnado de 4º: "A VERDADEIRA HISTORIA DE CARAPUCHIÑA VERMELLA"
O alumnado de 5ºB: "O ESPANTALLO QUE NON QUERÍA SER ESPANTALLO"
O alumnado de 6ºA: "FARSA E XUSTIZA DO COMENDADOR"
Parabéns a todas e a todos polo esforzo realizado, interpretacións, decorados, vestiario...TODO XENIAL!!!