miércoles, 18 de septiembre de 2013

Benvidos ao novo curso!!

O verán xa da os seus derradeiros pasiños e no Couceiro comezamos coa actividade.
E tamén na nosa BiblioCouceiro.

A partires desta semana abre a súas portas, en horario lectivo, para novas historias e aventuras poidan atrapar aos lectores e lectoras do noso cole.

E que mellor maneira de empezar o curso que atopar o noso "Xardín do Pasatempo" na revista das Festas das Peras de Pontedeume, cun amplo reportaxe de María Fidalgo Casares.
Esperamos que o desfrutedes tanto coma nós!!



Tal e como remata o artículo María Fidalgo, os nenos (e adultos) do Couceiro temos a sorte de contar con o mundo fantástico e imaxinativo que creou para nós Ito Mosquera, así que imos a disfrutalo un curso máis!! 

Moi bo curso, boas aventuras, boas historias... Boas lecturas!!!

2 comentarios:

Jacobo Muñiz dijo...

Pois engadir que o ilustrador do libro "Xardín do Pasatempo"de Ramiro Fonte,tamén é de Pontedeume e estudiou os seus primeiros doce anos no Couceiro.E chámase Jacobo Muñiz López.Saúdos.

Güino dijo...

Co teu comentario dicho queda! Moitas grazas pola aportación!!