jueves, 15 de junio de 2017

Para ler no verán.

Xa veñen as vacación  e, como sempre, Güino escolleu para nós libros para que nos acompañarán este verán. Pasade pola biblioteca para botarlles un ollo.

Hai libros de aventuras, con puzles, de realidade aumentada, ecoloxistas, de misterio ...Unha manchea de historias que farán do noso lecer un tempo cheo de imaxinación e mundos novos.







Collede un tríptico con todalas recomendacións. Tamén para pais e nais!

No noso moble de exposicións están tamén exemplares froito da produción propia do cole este curso. Están os "Contos en Familia" e  "Contadeiros", elaborados a proposta de Dinamización Lingüística en colaboración coas familias de Primaria; e o Xornal Escolar "Abrente" que este curso recolle parte dos traballos elaborados dentro do Proxecto D.I."As Fragas do Eume".






Esperamos que vos gusten!
Feliz verán!

miércoles, 7 de junio de 2017

Exposición materiais do Proxecto "As Fragas do Eume"

Xa estamos ben preto do fin de curso e a entrada do noso cole encheuse con gran parte dos materiais do proxecto que centrou este semestre.
Cada curso aportou os produtos táctiles da súa investigación e colgou no blog os materiais dixitais para que se podan ver tamén na pantalla da entrada.
Do 6 ao 23 de xuño a exposición está aberta a toda a comunidade. Hai xogos , maquetas, murais, libros , álbumes, mapas a escala con códigos QR,..
Agradecemos ás familias, coma sempre, o seu interese e a súa colaboración, aos traballadores do  Parque Natural pola súa acollida e acompañamento na investigación dos diferentes grupos, a Secundino, o mestre da Capela por amosarnos os Muíños do Sesín e o Museo Etnográfico e á Biblioteca Municipal que cedeu parte dos volumes incluídos na documentación inicial deste proxecto.






PDI 3º e 4º: ANIMAIS DAS FRAGAS DO EUME

Despois de todo o traballo feito para desenvolver o proxecto 
"PDI As Fragas do Eume" sobre a fauna nas fragas,  coa visita
ao parque,   recollida de información,  investigación
 bibliográfica e nas páxinas web e selección de materiais.. xa podemos
por fin  escomezar a albiscar  o resultado final do traballo.


viernes, 2 de junio de 2017

Álbum Bilingüe das Fragas do Eume

Dende o 27 de marzo o alumnado do noso centro estivo a participar nunha nova edición do álbum bilingüe que este ano ten como temática As Fragas do Eume, xa que no noso centro este curso estamos a desenvolver un proxecto sobre elas.
A elaboración do álbum ten como obxectivo fundamental fomentar o uso da lingua galega e inglesa no noso centro.


En Educación Infantil elabórase un único album xigante entre todo o alumnado da etapa coa axuda da mestra especialista en inglés mentres que en primaria cada clase se divide en varios equipos, cada un co seu álbum. Para poder completar o álbum van pegando os cromos que lles van dando os mestres e escreben a palabra que falta ben sexa en galego ou en inglés (para iso deben fixarse nas imaxes que están colgadas no corredor).


Esta actividade favorece o traballo en equipo. As vantaxes de traballar en equipo son moitas:

Favorece o traballo colaborativo.
Mellora a comunicación.
Axuda a motivarnos.
Complementa habilidades.
Ofrece oportunidades.
Xuntos somos máis creativos.

Hoxe, como remate da actividade, entregáronse os premios.





lunes, 29 de mayo de 2017

E. Infantil: "A LENDA DO RÍO EUME"

O alumnado de E. I., dentro do proxecto das fragas, presentou hoxe no pavillón "A lenda dos tres ríos": O Eume, o Sor e o Landro. Escenificaron en grupos cos seus corpos e a axuda de papeis azuis o percorrido dende a Serra do Xistral, onde nacen, ata o mar:

Para saber que lles pasa a estos ríos, que nacen tan  preto un doutro, podedes premer na imaxe e ler a lenda completa.



Canto aprendemos todos grazas a investigación dos máis pequerrechos!

Mirade que ben o fixeron!












Mais antes desta representación moito traballaron:

Falaron do que sabían, decidiron que querían saber; informáronse a través de libros, na rede; coa visita de Carlos, un biólogo que traballa nas fragas; visitando as fragas na primavera, etc.

Fixeron murais informativos, decorados, ata no Antroido foron de peixiños do Eume!!!

Premede nas imaxes e visitaredes os seus blogs! Que bo traballo, non é?









NORABOA!!!

miércoles, 24 de mayo de 2017

PDI. Presentando as nosas investigacións !

O alumnado de 5º A realizou diversas actividades que permitiron a elaboración desta presentación que resume o investigado sobre o aproveitamento forestal das fragas antes de ser declaradas Parque Natural.
Xa expostas, as actividades anteriores dentro do proxecto no corredor de primaria, estos días están acompartir cos compañeiros e compañeiras o coñecemento acadado apoiándose nesta presentación que fixeron en pequenos grupos de xeito colaborativo.







E mirade tamén a presentación de 6ºB, con ela  resumen o percorrido feito da ma do PDI na súa aula. Eles tamén están a utilizar este audiovisual para transmitirlle os coñecementos acadados a toda a Comunidade Educativa.


PDI: Aproveitamento da forza das augas na fraga

A comezos do semestre o alumnado de sexto, acompañado polos seus mestres, visitou a fraga do Eume, centrando a súa atención no río. Observaron nos muiños do Sesín, afluente do Eume, o aproveitamento tradicional da forza das augas para mover as moas dos muiños e moer o cereal.

Co paso do tempo a forza do Eume pasou de utilizarse para facer fariña a producir electricidade: o encoro, a central, as turbinas...Todo lles interesou a esta rapazada de 6º B que levaron  a actividade á aula e ás casas.

Logo de estudar a electricidade  fixeron maquetas e xogos con circuitos elétricos que estos días están a amosar aos outros cursos.
Maquetas do encoro e da  da minicentral e  xogos de asociación con seres vivos da fraga enchen o corredor de primaria para que enreden e aprendan todos os que por alí pasan.
Noraboa, traballo ben feito!


PDI Parc Naturel Fragas do Eume

Dentro do Proxecto Documental Integrado que se está a desenvolver en todo o centro durante este curso, o alumnado de francés tivo como eixo da súa actividade dous aspectos significativos: os contidos propios do Parque Natural das Fragas do Eume e a técnica de Realidade Aumentada.

O proceso desenvolveuse en tres fases.

O primeiro contacto cunha actividade de realidade aumentada estivo relacionado coa festividade de "Pâques".  Sorprendidos quedaron cando viron que os debuxos que colorearan, e que serviran como base para a creación de textos en francés, tomaban vida cando os miraban coas tablets. Para esta fase utilizamos a aplicación Quiver.

Unha segunda fase consistíu en facer actividades con vocabulario das Fragas. O alumnado de 5º e 6º creou códigos QR que iban asociados a descripcións ou sinxelos  textos informativos en francés que eles redactaran previamente. O alumnado de  francés de 6º buscou información sobre as Fragas do Eume. Con eses textos fixemos un vídeo.
A información deste vídeo complementada con outros aspectos, tales como os sons de varios animais (ou dun río) que eles escolleran  e a información do parque en varios idiomas, valeu para que, mediante os códigos QR que eles crearon co programa QR Code Generator puidesen enriquecer con realidade aumentada un enorme  mapa-mural que fixeran cos seus compañeiros e compañeiras de clase.

Finalmente fixemos unha comprobación para saber si todo funcionaba correctamente. O resultado foi extraordinario e divertido.

Aquí podedes ver algo de cada fase...
















domingo, 21 de mayo de 2017

PDI: Lenda "O Anel de San Rosendo"

O alumnado de Relixión Católica do noso cole dentro do Proxecto das Fragas do Eume investigou sobre San Rosendo e a súa relación co Mosteiro de Caaveiro.
Os de 6º A elaboraron unha presentación sobre a lenda que este Santo protagoniza. Presentárona para toda a Comunidade Educativa no Festival das Letras Galegas.
Aquí tamén podemos ver todos o Power Point con que acompañaron a súa presentación.


domingo, 14 de mayo de 2017

Visita ao Museo Etnográfico da Capela

O alumnado de 5º de Primaria dentro do PDI que estamos a realizar no cole xa fora á Capela, a ver o Mosteiro,(5ªB) e de sendeirismo para ver as corripas , as pegadas dos carboeiros no solo da fraga(5ºA) Mais desta volta, visitaron o museo para coñecer máis a fondo como vivían as nosas xentes: explotando de xeito tradicional o medio que nos rodea, a fraga, o río, os cultivos, o gando,...


Un percorrido pola Casa do Pazo, onde está o museo, permitiulles achegarse ás formas de vida e traballo das xentes da zona. Viron utensilios dos carboeiros, carpinteiros, tecelás, zoqueiros,etc Ao tempo que os ían relacionando coa explotación tradicional da fraga.
Foi unha rica experiencia guiada por Abel e Secundino.


Moitas grazas a eles e a todo@s os que fan posible a existencia deste museo que nos permite achegarnos á cultura popular tradicional da nosa zona.




Oficios tradicionais na Comarca do Eume - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Ademais fomos recibidos  no CEIP "Mosteiro de Caaveiro" onde tivemos unha agradable xornada de convivencia cos nenos da mesma idade que amosaron aos nosos alumnos e alumnas xogos populares.