jueves, 15 de junio de 2017

Para ler no verán.

Xa veñen as vacación  e, como sempre, Güino escolleu para nós libros para que nos acompañarán este verán. Pasade pola biblioteca para botarlles un ollo.

Hai libros de aventuras, con puzles, de realidade aumentada, ecoloxistas, de misterio ...Unha manchea de historias que farán do noso lecer un tempo cheo de imaxinación e mundos novos.





Collede un tríptico con todas as recomendacións. Tamén para pais e nais!

No noso moble de exposicións están tamén exemplares froito da produción propia do cole este curso. Podedes ver os "Contos en Familia" e  "Contadeiros", elaborados a proposta de Normalización Lingüística en colaboración coas familias de Primaria; e o Xornal Escolar "Abrente" que este curso recolle parte dos traballos elaborados dentro do Proxecto D.I."As Fragas do Eume".





Esperamos que vos gusten!
Feliz verán!

No hay comentarios: