domingo, 14 de mayo de 2017

Visita ao Museo Etnográfico da Capela

O alumnado de 5º de Primaria dentro do PDI que estamos a realizar no cole xa fora á Capela, a ver o Mosteiro,(5ªB) e de sendeirismo para ver as corripas , as pegadas dos carboeiros no solo da fraga(5ºA) Mais desta volta, visitaron o museo para coñecer máis a fondo como vivían as nosas xentes: explotando de xeito tradicional o medio que nos rodea, a fraga, o río, os cultivos, o gando,...


Un percorrido pola Casa do Pazo, onde está o museo, permitiulles achegarse ás formas de vida e traballo das xentes da zona. Viron utensilios dos carboeiros, carpinteiros, tecelás, zoqueiros,etc Ao tempo que os ían relacionando coa explotación tradicional da fraga.
Foi unha rica experiencia guiada por Abel e Secundino.


Moitas grazas a eles e a todo@s os que fan posible a existencia deste museo que nos permite achegarnos á cultura popular tradicional da nosa zona.




Oficios tradicionais na Comarca do Eume - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Ademais fomos recibidos  no CEIP "Mosteiro de Caaveiro" onde tivemos unha agradable xornada de convivencia cos nenos da mesma idade que amosaron aos nosos alumnos e alumnas xogos populares.




No hay comentarios: