Dentro do Proxecto Documental Integrado que se está a desenvolver en todo o centro durante este curso, o alumnado de francés tivo como eixo da súa actividade dous aspectos significativos: os contidos propios do Parque Natural das Fragas do Eume e a técnica de Realidade Aumentada.
O proceso desenvolveuse en tres fases.
O primeiro contacto cunha actividade de realidade aumentada estivo relacionado coa festividade de "Pâques". Sorprendidos quedaron cando viron que os debuxos que colorearan, e que serviran como base para a creación de textos en francés, tomaban vida cando os miraban coas tablets. Para esta fase utilizamos a aplicación Quiver.
Unha segunda fase consistíu en facer actividades con vocabulario das Fragas. O alumnado de 5º e 6º creou códigos QR que iban asociados a descripcións ou sinxelos textos informativos en francés que eles redactaran previamente. O alumnado de francés de 6º buscou información sobre as Fragas do Eume. Con eses textos fixemos un vídeo. A información deste vídeo complementada con outros aspectos, tales como os sons de varios animais (ou dun río) que eles escolleran e a información do parque en varios idiomas, valeu para que, mediante os códigos QR que eles crearon co programa QR Code Generator, puidesen enriquecer con realidade aumentada un enorme mapa-mural que fixeran cos seus compañeiros e compañeiras de clase.
Finalmente fixemos unha comprobación para saber si todo funcionaba correctamente. O resultado foi extraordinario e divertido.
O alumnado de Relixión Católica do noso cole dentro do Proxecto das Fragas do Eume investigou sobre San Rosendo e a súa relación co Mosteiro de Caaveiro.
Os de 6º A elaboraron unha presentación sobre a lenda que este Santo protagoniza. Presentárona para toda a Comunidade Educativa no Festival das Letras Galegas.
Aquí tamén podemos ver todos o Power Point con que acompañaron a súa presentación.
O alumnado de 5º de Primaria dentro do PDI que estamos a realizar no cole xa fora á Capela, a ver o Mosteiro,(5ªB) e de sendeirismo para ver as corripas , as pegadas dos carboeiros no solo da fraga(5ºA) Mais desta volta, visitaron o museo para coñecer máis a fondo como vivían as nosas xentes: explotando de xeito tradicional o medio que nos rodea, a fraga, o río, os cultivos, o gando,...
Un percorrido pola Casa do Pazo, onde está o museo, permitiulles achegarse ás formas de vida e traballo das xentes da zona. Viron utensilios dos carboeiros, carpinteiros, tecelás, zoqueiros,etc Ao tempo que os ían relacionando coa explotación tradicional da fraga.
Foi unha rica experiencia guiada por Abel e Secundino.
Moitas grazas a eles e a todo@s os que fan posible a existencia deste museo que nos permite achegarnos á cultura popular tradicional da nosa zona.
Ademais fomos recibidos no CEIP "Mosteiro de Caaveiro" onde tivemos unha agradable xornada de convivencia cos nenos da mesma idade que amosaron aos nosos alumnos e alumnas xogos populares.
Ben sabedes tod@s que este ano o Día das Letras Galegas se lle adica a Carlos Casares.
No Día do Teatro asistimos á representación dunha das súas obras máis coñecidas "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas"
Lembrades?
No noso corredor da planta baixa no Taboleiro da Lingüa xa podedes visitar a exposición de carteis sobre a súa vida e obra.
E na biblioteca, na Exposicion das Letras Galegas, podedes ler ou ben levar emprestadas calquera das obras de que dispoñemos, dalgunhas temos varios exemplares.
Tamén están libros que Casares non escribiu pero traduciu ao galego como" O Principiño" que tamén podedes ver na súa exposición.
O alumnado de 1º, 3º e 4º asiste en Ferrol ao Correlingua.
O Correlingua é unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.
Este curso a Marcha pola Lingua no exterior non puido ser por mor da climatoloxía, mais tod@s pasárono xenial, no Auditorio de Caranza, escoitando as cantigas de Pablo Díaz e apoiando o Manifesto pola Lingua lido por nenos e neas do CEIP "Centieiras"
Graza tanto aos organizadores do acto como ao Concello que facilitou o desprazamento.
Fantástica organización!
Premendo na imaxe visitaredes, o Blog de Normalización Lingüística do cole "A Casqueira",. Alí acadaredes a información que seleccionaron para vós sobre o Día das Letras Galegas.
Aquí vos deixamos ademais unhas actividades, recompiladas polo CEIP "Mestre Valverde Mayo" de Pontevedra, sobre Casares.
Hai información para ler, outra para ver, gravada polos nenos do cole; e tamén actividades interactivas para xogar despois de informarvos con todo o anterior.
Para rematar Güino convídanos ao Festival das Letras Galegas o vindeiro venres 19 de maio:
1ª Parte:
Presentación de Carlos Casares. (Alumnado de 6º de Primaria)
IX Certame de Poesía "Couceiro Freijomil" Lectura de poesías finalistas e entrega de premios.
Muiñeira de Cardelle ( Cantiga adaptada e interpretada por un grupo de nenas de 6º de Primaria)
2ª Parte:
Exposición de traballos realizados dentro do Proxecto "As Fragas do Eume"
Audiovisual do alumnado de Relixión Católica sobre a "Lenda do Anel de San Rosendo"
5ºB representa "O anel de San Rosendo".
"A fraga das árbores das palabras", pequena peza teatral preparada por 4ºB.
Xa pasou o gran DÍA!!!
Que ben saíu todo! Lembrades que poesías tan fermosas, a Lenda do anel de San Rosendo, as obras de teatro de 4º e 5º B e o traballo dos nenos e nenas de sexto. Eles foron os condutores do festival. fixeron a presentación da vida e obra de Casares e, amenizaron o festival as tres cantareiras, tamén de sexto.
Aquí vos deixamos unha montaxe coas fotos do festival:
Aquí vos deixamos unha montaxe coas fotos do festival:
No Certame de Poesía entre todas as presentadas, houbo que decidir cales ían ser as premiadas . O Equipo da Biblioteca tívoo ben dificil. Foron as seguintes.
Dentro do proxecto que estamos a desenvolver no centro, da colaboración entre a Aula de Audición e Lingüaxe (AL) e a Aula de Música naceu esta actividade interactiva: Sons das fragas. A fraga está moi preto nosa, mais cando non poidamos achegarnos ata alí, esta actividade transportaranos a ela. Todo o alumnado traballa os sons coa profe Lara, na Aula de Músia, ou ben con Sonia na clase de A L. Agora tamén dende as nosas casas poderemos gozar dos chíos dos paxaros, das voces dos mamíferos e dos sonidos da choiva, río, tormenta, etc. Premede na imaxe e escoitade!!!
NON PODÍAMOS COMEZAR MELLOR A SEMANA, NON SÓ CO DÍA DE BREAMO, SENÓN QUE ADEMAIS TIVEMOS A SORTE DE TER EN PRIMICIA AO GRUPO "TREBELLOS" QUE COA SÚA MÚSICA E DIVERSIÓN QUIXERON PASAR UN TEMPO COAS XOANIÑAS E OS CICLISTAS, E MENUDA ACTIVIDADE MÁIS DIVERTIDA!!! UN GRUPO FORMADO POR PAIS E NAIS DAS DÚAS AULAS DE INFANTIL DE 5 ANOS ACHEGÁRONSE Á ESCOLA. SABEDORES DE QUE ESTAMOS A TRABALLAR NO PROXECTO DAS FRAGAS DO EUME PREPARARON POESÍAS SOBRE AS FRAGAS E A NOSA CONTORNA, MUSICÁRONAS E PRESENTARONAS CON UNHA COREOGRAFÍA MÁXICA. AQUÍ NOS DEIXAN "OS CICLISTAS" E "AS XOANIÑAS" AS SÚAS VIVENCIAS COS "TREBELLOS". OLLADE PREMENDO NAS IMAXES O BEN QUE O PASARON.
ATA TROUXERON TRÍPTICOS PARA TODA A CONCURRENCIA COAS SÚAS POESÍAS.QUE CHULOS!
MOITAS GRAZAS A "OS TREBELLOS"
E A TODAS AS FAMILIAS QUE COA SÚA COLABORACIÓN MELLORAN A NOSA ESCOLA.
Tivemos unha Semana do Libro ben completa.
Ademais da presentación de novidades e da Realidade Aumentada utilizando as tabletas dixitais da biblioteca que tanto gusta a pequenos e grandes tivemos actos puntuais como:
Iago López presentoulles o seu libro " O cociñeiro Martiño" a 1º e 2º de Primaria
E algúns nenos e nenas traballaron, seguindo as suxestións de Güino, na data da Festa do Libro. Ademais de investigar elaboraron "Minilibros" con aventuras do Quixote. Mirade que chulos!
Un ano máis o noso cole encheuse co arrecendo a fiúncho, bieiteiro e flores. Nos corredores, nas aulas e patio, nenas e nenas clasificaba, nomeaban, cheiraban,... Coñecían as plantas propias da nosa contorna nesta época. Facían grilandas con ovos e laranxas, tecían o seu Maio, enfiaban flores para cubrir o verde, etc.
Coa axuda da profe Lara este curso cada Maio levou unha cantiga popular, que interpretou logo do Desfile, arredor do seu Maio. Grazas á colaboración das familias e mestres, toda a rapazada do cole aprendeu a facer o Maio.
Aquí podedes ver as imaxes da festa coa que toda a Comunidade Educaiva festexou a volta da luz, da cor e da vida na primavera.
O alumnado de 1º e 2º están a preparar a súa visita á Fraga do Eume.
O grupo de 1ºB investigou, coa axuda das familias, durante as pasadas vacacións. Aportaron diversas informacións e materiais sobre o Parque Natural. Aquí os tedes presentando as súas aportacións á clase.
Os maiores do cole xa foron ás fragas.Agora están a realizar un mapa do Parque Natural, para o que tiveron que aprender moito de escalas, curvas de nivel, nomenclatura da zona,etc.
Aquí nos deixaron unhas imaxes dos primeiros pasos do seu "macro plano" das fragas.
O alumnado de 5º A, que xa visitou as fragas no inverno, achegouse na Semana Santa a coller follas para o seu herbario. En grupos, estudaron oito árbores distintas e hoxe expuxeron os seus traballos, na clase e no corredor de primaria.
A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes(o 23 de abril de 1616) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare.Ese mesmo día tamén se conmemora a morte do primeiro escritor mestizo, Inca Garcilaso de la Vega.
Este ano o Día do Libro cae en domingo polo que o festexaredes coas vosas familias asistindo ás actividades que organiza o Concello e a Biblioteca Municipal. Sempre hai música, contacontos, postos das librarías,... Seguro que aproveitades para que vos merquen algún libro como agasallo.
GÜINOtamén ten agasallos para todos nós na vindeira semana:
Asnovas adquisicións están todas xuntas para que volas presenten os profes. Ollade cantos libros mercou Güino para vós!!
Ademais xa temos novos libros de realidade aumentada (R A): Logo de lélos pedirlle as tabletas ao profe e a experimentar con unha nova lectura.
Mirade o video antes de coller calquera dos libros de R A . É sorprendente,non?
Omartes vén Iago López , o contacontos. Esta vez vailles presentar aos nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria un libro que tamén escribiu el "O cociñeiro Martiño".
Omércores para os Clubes de Lectura que están a ler "O Castañeiro de Abril" achégase ao noso cole Antonio Fraga, o seu autor, para contarlles como escribiu a súa obra, en que se inspirou, como escolleu ao protagonista,...E contestarlle a todas as preguntas que lle teñen preparadas.
Ademais Güino deíxavos un enlace para que os máis grandes investiguedes sobre o 23 de Abril, Día do Libro.