lunes, 25 de febrero de 2013

Día de Rosalía

O día 24 de febreiro conmemoramos o nacemento , no ano 1837, de ROSALÍA DE CASTRO, unha das poetisas máis importantes da nosa literatura. Este ano, ademais, celénbranse os 150 anos da  publicación de CANTARES GALLEGOS, o libro que inaugura o REXURDIMENTO.

A ASOCIACIÓN DE ESCRITORAS E ESCRITORES EN LINGUA GALEGA está a promover a difusión desta data e este ano quixeron traballar na lectura colectiva de  "CANTARES GALLEGOS". Nós desde o noso centro, realizamos a gravación do recitado do seu poema universal CAMPANAS DE BASTABALES que foi remitido á citada asociación para formar parte, xunto con moitos outros centros de galicia deste traballo colaborativo de lectura colectiva.
Para saber máis sobre ROSALÍA (Premede nas imaxes da escritora), podemos traballar na unidade didáctica elaborada por Cristina Corral e compartida no blog "OS POEMAS DO RÍO",  e a presentación realizada por RAIOTECA do CEIP  de ANDRADE. Grazas polo traballo colaborativo de tan estupendos traballos.




miércoles, 20 de febrero de 2013

Emilio Pascual Martín no Couceiro

O vindiro xoves 21 de febreiro teremos no Couceiro  ao editor, poeta, narrador, traductor e crítico EMILIO PASCUAL MARTÍN autor de libros como DÍAS DE REYES MAGOS, premio LAZARILLO de literatura xuvenil (1998)  e PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL (2000).
Acudirá ao noso centro non para estar con todos vós, como é o habitual  cando nos visitan os diferentes escritores e ilustradores que pasan polo colexio, senón para impartir unha conferencia a un amplo grupo de mestres da zona de FERROLTERRA. O título da conferencia  será "BIBLIOTECAS. RESERVAS PARA EL INVIERNO DEL ESPÍRITU"  e forma parte das XORNADAS DE LECTURA LITERARIA. BIBLIOTECAS ESCOLARES PARA LECTORES DO SÉCULO XXI organizadas polo CFR (Centro de Formación e Recursos) de FERROL. Esperemos que algún día poida estar con todos vós. Publicamos tamén o traballo realizado pola biblioteca FESQUÍO con motivo da visita realizada por EMILIO PASCUAL o pasado ano ao IES FERNANDO ESQUÍO DE NEDA.

lunes, 18 de febrero de 2013

Exposición "O humor e os dereitos da infancia"

Hai unhas semanas estivo aberta a toda a comunidade educativa do centro a exposición itinerante que leva por título O HUMOR E OS DEREITOS DA INFANCIA facilitada polo MUSEO DO HUMOR DE FENE. É unha exposición de humor gráfico na que se inclúe unha selección de debuxos de diferentes ilustradores/as de todo o mundo. Entre os artistas que expoñen salientan nomes como Salas, Pinto&Chinto, Quico, Tonisavski, Martirena,  malagón, Harca, Ermengol, Elena ospina ou Ronaldo. o obxectivo da mostra é facer reflexionar á sociedade sobre un tema tan importante como son os dereitos dos nenos/as pero en clave de humor. O alumnado visitouna  acompañado dos seus titores  realizando traballos de investigación que anotaron nun caderno que se lles facilitou  elaborado polo EQUIPO DE BIBLIOTECA coa colaboración de O RECANTO DE MIK do IES DE FENE. A exposición tivo moito éxito, non só entre o alumnado, senón tamén entre as familias e outros visitantes da vila pois foi anunciada en diferentes  lugares públicos como a BIBLIOTECA MUNICIPAL.

martes, 22 de enero de 2013

Club de Lectura

Comezamos  coas adividades do CLUB DE LECTURA con dous libros do escritor e ilustrador   JACOBO  FERNÁNDEZ SERRANO. "MIL COUSAS PODEN PASAR"  e  "A PEDRA E AS FORMIGAS", coa gran novidade para este curso como é a incorporación do alumnado do SEGUNDO CICLO. Podedes seguir as actividades do noso CLUB pinchando á esquerda onde atoparedes o CLUB DE LECTURA. Aquí queda o saúdo de JACOBO e a súa dedicatoria para todos vós.

miércoles, 19 de diciembre de 2012

Güino recomenda este Nadal...

Como cada ano, Güino e todos os seus colaboradores temos preparada unha selección das mellores lecturas coas que podedes pasar un bo rato en familia, amigos ou de manera individual.



Esperamos que vos gusten moito!!!
(Podedes ver a presentación a pantalla completa premendo no icono de abaixo á dereita)

Aproveitamos para desexarvos un bo Nadal e unha moi boa entrada no novo ano 2013!!

FELICES FESTAS!!

viernes, 14 de diciembre de 2012

12 do 12 do 2012...ás 12...

O 12 do 12 do 2012...ás 12  todo o alumnado e profesorado do centro reuniuse para lembrar, o mesmo que fixeron moitos outros centros de toda Galicia,  a un dos grandes das letras galegas, CELSO EMILIO FERREIRO
O obxectivo era recitar a poesía "DEITADO FRENTE AO MAR" no centenario do nacemento do escritor,  e nós fíxémolo a ritmo de rap. 
Gustou moito tanto aos máis pequenos coma aos maiores. 

Por e para sempre,...CELSO EMILIO.

lunes, 3 de diciembre de 2012

Ler para ver...

Os pasados 9 e 10 de novembro tiveron  lugar no PAZO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS  de Santiago de Compostela  as IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA baixo o lema LER PARA VER

Asistiron a estas xornadas máis de 1.100 mestras e mestres de toda Galicia, moitos deles integrantes dos diversos equipos das bibliotecas escolares. Participaron diversos ponentes como Fabio Tropea  (Ler entre liñas. Estratexias de lectura crítica), Miguel Vázquez Freire (Linguaxe audiovisual e biblioteca escolar), Tiscar Lara Padilla (Medios de comunicación, aprendizaxes dixitais e bibliotecas escolares), Luís González Martín (Lectura no século XXI e biblioteca escolar)... e tiveron lugar varias MESAS SIMULTÁNEAS  coa participación de responsables das bibliotecas de diferentes centros de Galicia. 
O noso centro foi convidado pola ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES  a participar na mesa sobre a UTILIZACIÓN DA PRENSA NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES xunto co ponente Jesús Garrido de PRENSA ESCUELA  de LA VOZ DE GALICIA e o IES GREGORIO FERNÁNDEZ  de Sarria (Lugo). 
A nosa participación consistiu en expoñer aos asistentes as liñas de traballo coa prensa na aula que realizamos ao longo de todo o  curso no terceiro ciclo de primaria dentro do programa PRENSA ESCUELA,  liñas que naceron dentro do tempo HORA DE LER e que progresivamente van incidindo en contidos curriculares.

domingo, 25 de noviembre de 2012

Día da Biblioteca...como non!!

O 24 de outubro foi o DÍA DA BIBLIOTECA. 

Nós, como non poidemos celebralo nesas datas por mor das obras de pintura realizadas na biblioteca, non queríamos deixar pasar esa data así,sen máis. 

Decidimos que tan pronto como rematasen as obras,  e a biblioteca estivese de novo aberta,dedicaríamos uns días para a celebración, e vaia se o celebramos....Realizáronse varias sesións de contacontos na HORA DE LER  ás que asistiu  todo o alumnado do centro... Pasámolo xenial!!!











jueves, 22 de noviembre de 2012

Que fermosa!!!

Sí, que fermosa quedou a nosa BIBLIO grazas ao traballo de ITO, un artistas de CENTROÑA que traballou arreo e ben para que a biblioteca estivese o menor tempo pechada e,  en poucos días,  cambioulle a cara  e encheu as súas paredes de maxia e ledicia permitindo que a nosa biblio se convertise nun verdadeiro XARDÍN DO PASATEMPO

Benvid@s de novo a tod@s á biblio  e a seguir disfrutándoa.  Despois deste alto que nos tivo  uns días "parados" continuamos con máis ánimo e enerxia que nunca para ofrecervos actividades  de dinamización desde O NOSO XARDÍN....

domingo, 14 de octubre de 2012

Biblioteca escolar, acelerador de innovación.


Con este lema, Biblioteca escolar, acelerador de innovación, preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de outubro) e que xa chegou á nosa biblioteca permanecendo exposto na entrada da mesma. 

Nesta ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide,  que vén de  sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado neste tema co  obxectivo de difundir as posibilidades da biblioteca.