lunes, 22 de enero de 2024

30 DE XANEIRO: DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ.



O 30 de xaneiro conmemoramos o día da non violencia e da paz nos centros educativos. Este ano, queremos facer participes ás familias nesta conmemoración mediante varias propostas que Güino nos realiza a toda a comunidade educativa:



 

Como levamos facendo estes últimos anos, realizaremos unha RECOLLIDA DE ALIMENTOS NON PERECEDEIROS para o banco de alimentos Rías Altas. 

Queremos dar un paso máis, ademáis de achegar alimentos a aquelas persoas que o precisan, queremos tamén alimentar a cultura. Para iso propoñemos o seguinte reto:

  SACA UN LIBRO Á RÚA.  

Dende o equipo de biblioteca convidámosvos a que collades un libro e busquedes un lugar tranquilo da vosa zona (un lugar que vos transmita paz, tranquilidade,...) e nos enviedes unha foto na que aparezades lendo ese libro, cun pé de fotografía no que nos indiquedes porque escollíchedes ese lugar. 

Con todas as fotografía recibidas, pretendemos facer un "plano" de Pontedeume que nos permita coñecer un pouco máis a nosa vila, saltando de páxina en páxina grazas aos libros.

Con esta iniciativa pretendemos achegar aos máis pequenos ao hábito lector, tamén ás familias. Seguro que se vemos a alguén lendo un libro na rúa, pódenos axudar a ter un chisquiño máis de ganas por ler nós un libro tamén.


AGARDAMOS AS VOSAS ACHEGAS!!


Visitade tamén as recomendación de Güino deste mes de xaneiro, relacionadas con esta temática.

No hay comentarios: