jueves, 15 de diciembre de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2022

Un ano máis chega o tempo de inverno e con el o tempo de estar na casa ao abrigo.
O Nadal é unha época de ledicia, de festas, lecer... e desexos!
Sabemos que estaredes escribindo as cartas aos Reis Magos, a Papá Noel ou ao Apalpador, e para que poidades incluir nelas algúns libros e contos, o equipo de "BiblioCouceiro" preparamos unhas recomendacións que cremos que vos gustarán moito! libros de misterio, de aventuras, de fantasía...; en galego, castelán, inglés e francés; libros para  os máis pequenos e para os maiores. 
Libros para toda a familia, que xa enchen os corredores da nosa escola  para que lles poidades botar un ollo antes de pedilos como agasallo nestas festas.
Podedes coller un tríptico aos pés de Güino! E se o preferides imprimir na casa volo deixamos nesta entrada.
Bo Nadal a todos e todas!
















O alumnado e profesorado do centro tivo a oportunidade de visitar esta exposición que remata un longo trimestre cheo de actividades. Vos deixo algunhas imaxes.











1 comentario:

macaspi dijo...

Canto traballo e que boas recomendacións! Xenial como sempre!!!